4/03/2007

Fodemillo(3): as crónicas do palheiro e quentidades industriais

E última entrega vai hoxe da man dos creadores das Crónicas do Palheiro e colector lixo (colixo) responsable de quentidades industriais:

Por qué adicas o teu tempo a facer isto?

Opalheiro1:
Pois sempre tés que topar algo no que botar o tempo, e a verdade é que o blog nom consume tanto tempo.

Opalheiro2: Tem razão 1, não gastamos muito tempo no blog, e o bom dum blogue colectivo.

colixo: Por xogo.

Por qué imaxes e non texto?

Opalheiro 1 e 2:
Nós metemos texto! Pero as imaxenes son mui importantes no noso blog.

colixo: Deixa máis liberdade á imaxinación.

De onde sacas as fotos?

Opalheiro2:
Fedelhar pola internete adiante, e mais duma vez modificar nós alguma para que quede melhor. Para ilustrar um post no palheiro sempre metemos en google "photo erotica" e a surfear um pouco. Também contamos coa indicação dos colaboradores

colixo: De webs especalizadas en fotografía erótica.

Fas estas cousas de verdade?

Opalheiro1:
Que se fodemos? Unhas mais que outras!

Opalheiro2: Se o blog não tem mais entradas é pela falta esporádica de sexo dos seus habituais. Temos o compromiso de não escrever se não fodemos.

colixo: Traballar, postear e foder? Claro!

A típica cuestión, como surxiu a idea e a temática do blogue e como foi a xestación?

Opalheiro1:
Pois os creadores do Palheiro non tíñamos blogue de seu, pero somos uns miróns do blogomillo, e un dia que estávamos a falar de temas varios coido que foi este daquí quen relacionou o noso voyeurismo con algún matiz sexual...

Opalheiro2: E o LK fizo o resto. Estivemos um mês a pensar em fazer o blogue, e uma manhã em arroutada registrei o nome (ideia da minha companheira) e mandei-lhe um correio. A verdade é que não foi uma cousa mui pensada.

colixo: Nunha mañá de resaca en boa compaña.



Lore di en madialeva "Igual eu tamén teño algo que decir". Sobre o sexo está todo dito ou aínda queda moito que contar?

Opalheiro1:
Para nada. Levamos fondendo dende antes de baixar das arvores e ainda hai xente que fai libros e blogs sobre sexo. Se todos repetiran o mesmo non teriamos mercado.

colixo: O sexo, como os clásicos, sempre ofrece novas interpretacións.

Outra frase, desta vez aparecida en laranxa, "O problema basco non é o terrorismo, se non o sexo" e a lei de Berto "A medida que unha discusión online en galego sobre calquera tema avanza, a probabilidade de que se mencione o reintegracionismo/isolacionismo achégase a 1", dame pé a preguntar se en Galiza temos o mesmo problema.

Opalheiro1: O sexo non soluciona todo, pero axuda. Unha sociedade "mais satisfeita" no eido sexual seguro que toma as couas con menos dramatismo. E no Palheiro nom admitimos leas, nen políticas nen ortográficas

Opalheiro2: Nós decidimos a normativa da página (dos menus e dos comunicados "oficiais) botando uma moeda... imaginade.

colixo: Onde está o problema de termos mais sexo que terrorismo?

A sociedade galega é pechada de mente en canto á sexualidade se refire ou todo o contrario?

Opalheiro1:
A sociedade galega é mais pechada de mente do que un poderia pensar. Algunha noite podes topar na cama con algún que ten ideas ou prexuizos sexuais que meten medo.

Opalheiro2: A minha experiência não é tam crítica como a minha companheira. Não sei se é cousa da nossa sociedade, pero os galegos adoitam estar mais "esfameados" e se nas conversas não adoitam sair temas sexuais depois na cama amanham essas faltas.

colixo: A sociedade galega ábrese mais de mente que de pernas.



Cando se fala moito dunha cousa é porque se carece dela. En relación ao sexo, no voso caso é igual?

Opalheiro1:
Nós temos a firme promesa de non escribir no Palheiro se esa semana não fodemos. Nada de historias vellas, Todo actualidad! Outra cousa son os nosos colaboradores

colixo: A linguaxe do sexo é a única que se pode falar coa boca chea.

Teriades reparo en amosar a vosa identidade real ou é preferible ser unha incógnita como coyoacan de vsqn?

Opalheiro1 e 2:
Nin de coña!

colixo: Para que? Axuda nalgo saber nome e apelidos en temas de sexo?

Unha personaxe galega que levariades a cama ou coa que fantaseedes?

Opalheiro1:
Xa sei que é un tópico... pero Manolo Rivas.

Opalheiro2: Eu não quero lios com famosas, que depois so dam problemas

Opalheiro1: Ei! Pero ti e mais eu temos um acordo...

Opalheiro2: Sim, bom. Não sei como se chama, pero a rapariga que da os esportos na TVG pela manhã. Se entra a tiro algum dia "A palheira" e mais eu queremos um trio. Pero essa não é famosa!

colixo: Moitas. Desde Teté Delgado a Toñito de Poi. E dos non famosos a lista ainda é máis longa.

O fodemillo integrado no blogomillo. Hai algún blogueiro que vos encha o ollo ou polo cal tedes curiosidade sexualmente falando?

Opalheiro1:
Non é peloteo, pero eu sigo Beliscos Pequenos! Pero nada sexual, non se enfade!.

Opalheiro2: Eu não estou tam metido no blogomilho como ter preferências :D

colixo: Pero os blogueiros teñen sexo?

Predominan as mulleres dentro desta temática, a que pensades que é debido?

Opalheiro1:
Non hai unha viñeta na que sae un home gordo e con barba chateando como se fose unha mulher loira e escultural? ;)

Opalheiro2: A verdade é que todas as colaboraçoes no Palheiros forom de mulheres. Não sei a razão, mais está bem!

colixo: Hai máis onanismo entre os homes e exhibicionismo entre as mulleres?



E falando de homes, as minhas mulleres ten imaxes case pornográficas en comparanza co resto dos blogues. Vense aí as diferencias entre o que poida excitar a un home e a unha muller?

Opalheiro1:
O "case" sobra, que a última que mirei sain conas e carallos en versión macro! Eu podo sentirme escitada por unha imaxen esplícita, pero moitas veces as imaxenes que crea a mente lendo os textos doutros blogs son mais efectivas.

Opalheiro2: Eu nunca precisei de imagenes esplícitas para os meus posts, incluso "difuminei" algunha... Que o nosso é um blogue com estilo! A verdade é que os homens psomos mais visuais e queiras ou não a pornografia, se está justificada, não tem porque devaluar o blog.

colixo: Non creo que a diferencia de estilo teña a ver co xénero.

E por último, todo o que contades no blogue é verdade ou hai moita fantasía posta nas vosas verbas?

Opalheiro1:
Agás cuando falemos de fantasias (e así se indique) todo o que poñamos no Palheiro é pura verdade!! (literalizada).

Opalheiro2: Amem. (Bom, também há sitio para fantasias e histórias inventadas no palheiro).

colixo: Non traballo en fábrica ningunha.

Sen máis moitas gracias e se tedes algo máis que engadir, xa podedes comezar.

Opalheiro2:
Pois aproveitar para fazer publicidade de autos Lobell... digo do nosso blogue e lembrar que cualquera que queira entrar nisto do fodemilho (anónimamente se calhar) pode emprega-lo :D


Pois ata aquí chegamos e hoxe os agradecementos a Snob Megalove e a Gustavo Harvey, e por suposto a tódolos integrantes do fodemillo. Moitas gracias.

4/02/2007

Fodemillo(2): Lore e gaudeatrix

Continuamos descubrindo aos que están detrás do fodemillo e hoxe acompáñannos Lore de madialeva e gaudeatrix. Aí vamos:

¿Por qué adicas o teu tempo a facer isto?

Lorena:
Por pasar algún tempo de lecer, simplemente as veces atoupo cousas que me chaman a atención na internet e apetecíame poñelas en algún lado. A parte erótica... bueno, outro pasatempo, as veces acontecenme cousas que poden dar certo xogo erótico e supoño que gostarán a alguén.

Gaudeatrix: É um jogo que comezou como uma aposta ou mais bem um desafio por parte de um amigo que de facto está a colaborar como crítico literário forzoso e sugeridor de conteúdos. Queria comprobar se era capaz de sugestionar aos meus interlocutores na escrita como o fago na realidade, uma espécie de coqueteo sem regras que se basea na imaginação do outro mais que no que se explicita.

¿Por qué imaxes e non texto?

L:
Creo que fixen alguna entrada sin imaxenes, non recordo, pero gostame poñelas. De feito o blog na sua maior parte son imaxes que chamaron ou chaman a miña atención, sen elas... non serviría o caderno. Podese describir unha cousa determinada, pero se falo dun producto de consumo cun deseño que me gusta o mellor e poñe-la imaxe.

G: No meu caso são os textos os que sugirem mais que as imagens, que atopo ao chou e dificultosamente -não sempre acho a imagem que procuro.

¿De onde sacas as fotos?

L:
Normalmente da rede, as veces vexo algo na prensa escrita e despois o busco na rede, pode que en algún momento puntual, se algo me gostase moito, pediría que mo escaneasen.

G: Exactamente o mesmo que di usuaria: Das webs que apuntan ao link. Horas navegando. Só hai que seguir os links.

¿Fas estas cousas de verdade?

L:
Todo o que digo no meu caderno e certo, se algo non me convén non o conto e fora. Se digo que me gusta tal ou cal cousa e verdade, se digo que tuven una relación ou teño sexual de tal ou cal maneira e certo. O único que podo tentar facer se cadra e darlle unha redacción agradable (eu penso que e agradable).

G: Sim, e com muito prazer! XD

¿A típica cuestión, como surxiu a idea e a temática do blogue e como foi a xestación?

L:
Se lees a resposta a primeira das preguntas sería a misma. A xestación foi un día que abrín unha paxina e vin que podía facer un caderno en blogaliza, pareceume que era boa idea facelo en galego nun sitio galego, nada que ver coa politica, simplemente cariño polo noso se queres.

G: Por uma aposta/desafio com um amigo que há tempo insiste em que escreva. Sou incapaz de me resistir a um reto. Assim que probei, o tempo dirá se fiz bem.

Los Planetas-Alegrías del Incendio


¿Sobre o sexo está todo dito ou aínda queda moito que contar?

L:
Posiblemente esté todo ou casi todo dito, ata hai enciclopedias que tratan de sexo, so que hai distintas formas de decilo, contalo, velo ou experimentalo.

G: Evidentemente ainda há muito que contar, em todos os aspectos: físico, práctico, emocional, lúdico, etc. E em galego quase não há nada, falta muito para a normalização! XD

Outra frase, desta vez aparecida en laranxa, "O problema basco non é o terrorismo, se non o sexo" e a lei de Berto "A medida que unha discusión online en galego sobre calquera tema avanza, a probabilidade de que se mencione o reintegracionismo/isolacionismo achégase a 1", dame pé a preguntar se en Galiza temos o mesmo problema.

L:
En Galiza ese problema teñeno algúns, so algúns, non mais que coma en todo-los lados, cando o demo non ten que facer co rabo espanta moscas, e cando unha persona non pensa de forma lúdica, alegre, divertida, pensa de forma política, o malo e que non pensa para el, pensa o que lle dictan outros e así failles o caldo gordo. Os que pensan viven de cine e os manexados comense a cachola con parvadas que a naide importan. Son minoria pero molestan dabondo, pintan paredes e obstaculizan as ruas cas suas algaradas. Danme pena.

G: Na foda não há nem normas nem normativas, mesmo não há idiomas. Da verbalização retem-se mais a intenção que a expressão formal. Só faltava!



¿A sociedade galega é pechada de mente en canto á sexualidade se refire ou todo o contrario?

L:
Pechada a cal e canto e con poucas posibilidades de que se abra.

G: A sociedade galega é bastante aberta em temas de sexualidade, tanto verbalmente como na práctica. Mesmo relativamente tolerante fronte a comportamentos sexuais que o catolicismo considera pecados ou aberrações. No fundo os galegos somos uns hedonistas.

¿Cando se fala moito dunha cousa é porque se carece dela. En relación ao sexo, no voso caso é igual?

L:
No meu caderno creo que minoritario o que falo de sexo, non estou mui segura pero creo que e así. Estou ben servida en canto a sexo.

G: Sim e não. Possívelmente fale ou escreva mais sobre sexo quando estou a passar uma fase de abstinência, ou simplesmentes sou mais consciente da carência nesses dias. Mas isto não se reflicte no blog, por quanto tenho uma série de histórias em reserva para quando o tempo ou a inspiração falham.


¿Teriades reparo en amosar a vosa identidade real ou é preferible ser unha incógnita como coyoacan de vsqn?

L:
Non vou a amosar a miña identidade a ninguén, non pretendo nada o escribir o blog así que non o vexo necesario, as miñas amizades e familia saben da existencia do caderno. Se alguen quere pagar unha morea de cartos por coñecerme pois nada, que diga cantos e o mellor fago unha presentación publica de miña persoa. Góstame provocar un pouco no blogue e penso que o non mostrar a miña identidade pode darlle unha pizca de morbo, non é máis ca iso.

G: Várias pessoas sabem quem sou. Mas não gostaria de que se divulgasse a minha identidade por quanto não quero que interfira na lectura do blog nem na minha vida cotiá.

¿Unha personaxe galega que levariades a cama ou coa que fantaseedes?

L:
As personaxes relevantes galegas son bastante cutres, non teño interese intelectual por ninguna, si podría gostarme ter un rollo con Marta Sanchez, por exemplo, pero amordazada.

G: Há muitas pessoas coas que fantaseo e/ou levaria à cama, mas nenhuma é uma personagem. Os seus nomens não vos diriam nada.

¿O fodemillo integrado no blogomillo. Hai algún blogueiro que vos encha o ollo ou polo cal tedes curiosidade sexualmente falando?

L:
Sexualmente falando... por ningún. Gostame o que escriben ou contan algunhes, pero nada mais. Penso que no blogomillo hai demasiada politica e casi nula sensualidade, non he o sitio mais axeitado para ter ensoñacións eróticas.

G: Sinceramente sou incapaz de imaginar aos blogueiros como entes carnais (agás de os conhecer em pessoa). Não me posso sentir atraida nem emocional nem sexualmente por reflexos virtuais. Mesmo nas escasas ocasões em que practiquei tele-sexo tratava-se mais bem de evocar lembranças de vivências próprias mais que de partilhar uma relação com outra pessoa a través da rede.

¿Predominan as mulleres dentro desta temática, a que pensades que é debido?

L:
E coma na realidade, os homes van a tasca e viño a viño tratan de salvar o país falando de política. Creo que no blogomillo sobra tanta política, da a sensación de que todos os "loitadores" de Galicia teñén internet e o resto de cidadans non.

G: Será que as mulheres trabalhamos mais os nossos estímulos, os homens vão mais à conclusão final? (Que reflexão machista; não sei...)



¿E falando de homes, as minhas mulleres ten imaxes case pornográficas en comparanza co resto dos blogues. Vense aí as diferencias entre o que poida excitar a un home e a unha muller?

L:
Claro que se ve, pero eso vese en toda a blogosfera.

G: Diria que os autores de fodeblogues buscamos a provocação, cada quem com médios diferentes. Fotos explícitas, palavras soezes, imagens sensuais, também cada um de nos reagimos de jeito distinto, e não sempre tem a ver com o nosso género.

¿E por último, todo o que contades no blogue é verdade ou hai moita fantasía posta nas vosas verbas?

L:
As verbas como xa dixen poden servirme para contar de xeito agradable o que penso, o que me acontece ou o que vexo, pero todo o que escribo e certo 100%.

G: Os relatos narram factos reais, simplesmentes mudo alguma circunstância susceptible de desvelar a identidade dos protagonistas. Tiveram lugar em localizações espaço-temporais muito variadas, mas tenho uma memória de elefante, especialmente para as emoções e sensações que as pessoas me fizeram sentir em certos intres...

Sen máis moitas gracias e se tedes algo máis que engadir, xa podedes comezar.

Lorena:
Bicos.

So falta a última entrega do fodemillo e hoxe agradézolle a colaboración a zerovacas, a ictioscopio e a Sak. Moitas gracias.

4/01/2007

Fodemillo(1): as minhas mulleres e laranxa

Se o blogomillo está imparable e medra cada día máis e máis, contribuíndo a unha normalización da linga e ao seu uso en tódolos ámbitos apareceu o que popularmente se coñece como fodemillo: unha serie de blogues en galego con temática erótica, sensual e sexual. Os blogue pioneiro nesta temática dentro do blogomillo foi vsqn, como ben di no seu último post:

na mañá daquel día de agosto de 2004 ía calor. lembro que me sentei diante do ordenador e escribín neste diario un "?" co que iniciei unha viaxe máis interior que exterior -pese ó que algúns de vós pensades- e comecei, sen sabelo, o primeiro blog erótico galego. ten gracia. erótico. dende entón lin mil comentarios sobre el, recibín correos de todo tipo -non podedes facervos unha idea- e seguín facendo na pantalla, que mancha, o que me pedía o corpo. agora, ese mesmo corpo pídeme que faga outras cousas. e que non as conte. así que, sen drama, deixo aquí un latexar silencioso, e xunto cos teus os meus beizos. amor.

E a partir de aí foron surxindo máis: usuaria, the real sex (agora parado), laranxa, madialeva, as minhas mulleres, o blogue colectivo As crónicas do palheiro, fodendo, gaudeatrix e quentidades industriais.

Un caso aparte, é as túas balas, onde Cesare, entre outras moitas cousas, nos relata as súas andanzas e novas conquistas, e din por aí que todo é verdade. Outros, como usuaria, xa respostan as posibles preguntas que se nos formulan sobre ela:

Por qué adicas o teu tempo a facer isto?
Son fetichista, e se hai algo que aos fetichistas nos gusta máis ca adorar o noso fetiche é compartir esa experiencia.

Por qué imaxes e non texto?
Eu non son autora, non teño intencion de crear, gústame máis a idea de compartir o que atopo, polo menos de momento. Pode que algún día escriba, pero se o fago non será tipo relato erótico. Eu non son unha pornoautora.

De onde sacas as fotos?
Das webs ás que apunta o link. Horas navegando. Só hai que seguir os links.

Fas estas cousas de verdade?
Se son practicante de BDSM?, si, son.


E outra non pornoautora é quen nos escribe en fodendo, que nos da o seu punto de vista con sentencias tan entrañables coma esta:
Comer pollas é unha expresión redonda, énchese a boca toda ao decilo. Mamar non me gusta, e carallo nunca me pareceu porca abondo; de membros, falos, palitroques, estacas e esas tonterías nin oir falar. E só aos médicos lles aturo pene.

Hoxe outros integrantes deste grupo tan suxerente respostan a unhas preguntas, comezamos o turno con as minhas mulleres e arrais de laranxa coas mesmas preguntas que se fai a si mesma usuaria:

Por que adicas o teu tempo a facer isto?


as minhas mulleres: O exhibicionista que levo dentro tomou o control, supoño.

arrais: Supoño que foi unha tentativa de encher un oco porque penso que no sexo xa está todo dito, so faltaba que se dixera en galego. Estaba o precedente de vsqn e ao meu ver facían falta máis blogues así.

Por qué imaxes e non texto?

amm:
Está claro que hai imaxes e texto, ainda que pode que o mais provocador sexan as imaxes, mais explicitas do habitual na rede galega.

a: Texto si que hai, ás veces mesmo de máis e as imaxes está claro, sempre gusta máis ver as cousas que que chas conten.

De onde sacas as fotos?

amm:
Mira que non hai páxinas con fotos porno...

a: Pois todo é poñerse a buscar e sempre se dan con fotos bonitas e máis ou menos explícitas. Hai sitios abondo.

Fas estas cousas de verdade?

amm:
Non penso que fale de cousas moi raras, son mais ben normaliñas. Con mulleres distintas pero cousas normaliñas, si que fago esas cousas e si que reflexa moitas das miñas preferenzas sexuais.

a: Foder fodemos todos, non é?

e seguimos

A típica cuestión, como surxiu a idea e a temática do blogue e como foi a xestación?

amm:
A idea apareceume despois dunha noite de moito foder e a xestación foi moito mais breve que nove meses.

a: Pois xa dixen, con idea de axudar a encher un oco e a xestación foi máis ben curta, so queda pensar un pouco no tema e xa se che ocorren ideas.

Lore di en madialeva "Igual eu tamén teño algo que decir". Sobre o sexo está todo dito ou aínda queda moito que contar?

amm:
Aínda o estou descubrindo. Igual cando o descubra paro.

a: Está todo máis ca dito. Penso que cada un expresa o seu punto de vista de como lle vai o sexo, de como o vive etc e visto así quedan sempre moitas experiencias que contar, pero do sexo en si e do pracer penso que xa está case todo dito e redito.


Foto de Pascal Abadie

Outra frase, desta vez aparecida en laranxa, "O problema basco non é o terrorismo, se non o sexo" e a lei de Berto "A medida que unha discusión online en galego sobre calquera tema avanza, a probabilidade de que se mencione o reintegracionismo/isolacionismo achégase a 1", dame pé a preguntar se en Galiza temos o mesmo problema.

amm:
Se o isolacionismo é onanismo e o reintegracionismo é orxía supoño que en Galiza temos bilingüismo harmónico. Que non quere dicir nada pero quedoume moi aparente. Nunca se me ocorrera esta cuestión, a verdade. Nunca fodín cunha basca e con galegas si.

a: Que complicado eh? Ao mellor todo remata nun problema endogámico onde isolinos follen con isolinos e reintegratas con reintegratas, ogallá que non cheguemos a eses extremos que sempre son malos.

A sociedade galega é pechada de mente en canto á sexualidade se refire ou todo o contrario?

amm:
A xente vella igual fodía mais que os seus fillos, e os seus netos están a recuperar o ritmo, pero na miña experiencia persoal hai de todo, non sabería dicir.Mente aberta e pernas pechadas, ou ó revés, ¡eu que sei!

a: Pois eu penso que é bastante aberta, xa dende as noites no muíño, a picardía da xente maior e a mocidade promíscua creo que o veñen a demostrar. E a día de hoxe é un tema que se tende a tratar con normalidade, non creo que sexa pechada. Non debería ser pechada.

Cando se fala moito dunha cousa é porque se carece dela. En relación ao sexo, no voso caso é igual?

amm:
Ha, ha, ha. Eu non falo de sexo, escribo.

a: Fíxome rir a pregunta. Máis ben non, ao contrario.

Teriades reparo en amosar a vosa identidade real ou é preferible ser unha incógnita como coyoacan de vsqn?

amm:
Podería amosar a miña identidade se facemos unha xuntanza do fodemillo, se non ¿para que?

a: Pois non creo que ninguén se interese polas identidades, o blogue non deixa de ser iso, un blogue que relata experiencias coma as que pode ter calquera.

Unha personaxe galega que levariades a cama ou coa que fantaseedes?

amm:
¿só unha? En realidade non fantaseo con mulleres ás que non coñezo. Os corpos espidos das fotografías que poño terían outras caras na miña fantasía. Por respostar á pregunta: a poetisa María Lado. Ti que a coñeces, ¿en persoa é coma nas fotos?

a: Buff, pois puxéchelo complicado. Deixa que pense. Nada claro, porque a típica resposta que Jesús Vázquez ou Paula Vázquez non me vale, penso que habería que mirar xa nas novas xeracións e agora mesmo non se me ocurre ninguén, pero seguro que hai alguén interesante.

O fodemillo integrado no blogomillo. Hai algún blogueiro que vos encha o ollo ou polo cal tedes curiosidade sexualmente falando?

amm:
Polo de agora só mulleres, nin sequera Cesare chega ó meu corazón ainda. E estou arrodeado de exemplos neste cuestionario, cando elas queiran, xa saben...

a: Pois coñecer non coñezo a ninguén, so polas voces ictioscopio ou Sak o rapaz de e-music e unha voz sempre deixa moito á imaxinación, despois que se corresponda coa realidade é outra cousa. No blogomillo seguro que hai moita xente interesante, mesmo Cesare ou Plattdorf, pero sería o mundo ao revés hahaha. Non sei, todo sería coñecer a alguén pero non é o caso.

Predominan as mulleres dentro desta temática, a que pensades que é debido?

amm:
Non o sei, pero gústame. Os blogues sexuais de homes non me poñen, ainda que as túas balas foi inspiración directa do meu blogue. Algún día cambiará esta proporción, por desgracia. Tentarei estar preparado XD

a: Aínda vai ser porque lle damos máis importancia ao sexo da que nos parece ou será cuestión de inquietude, ou de exhibicionismo ou vai ti a saber. Non sei.


Foto escollida por as minhas mulleres

E falando de homes, as minhas mulleres ten imaxes case pornográficas en comparanza co resto dos blogues. Vense aí as diferencias entre o que poida excitar a un home e a unha muller?

amm:
¿A estas alturas hai que se excite só vendo as fotos do meu blogue? Igual vistas co texto tamén si que exciten. Non é a miña intención excitar ós homes, só ás mulleres. Aínda que provocar a ambolos dous sexos, eso si quero.

a: Home, está claro que os homes excítanse máis co visual, o que non quere dicir que ás mulleres non lle guste, pero si, igual se nota máis que é un home, que é máis explícito no tema das fotografías. Despois no fondo creo que lle gusta o mesmo aos dous sexos porque espidos acabamos sempre e non pechamos os ollos cando o outro esta desnudo, máis ben miramos con gusto.

E por último, todo o que contades no blogue é verdade ou hai moita fantasía posta nas vosas verbas?

amm:
As minhas mulleres saben canto hai de certo, ¿e importa moito ós lectores?

a: Hai verdades fantaseadas, mentira ningunha.

Sen máis moitas gracias e se tedes algo máis que engadir, xa podedes comezar.

as minhas mulleres:
1.-Gracias á persoa que creou a verba fodemillo (xa sabe quen é) porque as verbas dan forma á realidade.
2.-Ogallá tiverá moitísimas mais historias que contar, supoño que ainda estamos a tempo.
3.-Agardo que unha foto pornográfica acompañe, como é costume, o que eu escribo.

e moitas gracias, besbellinha.

arrais: Pois creo que máis nada, un pracer e moitas gracias :)

Gracias a vos e mañá máis.

3/31/2007

Malas Pécoras, fenotipicamente falando

A min é que me gusta conducir e Compostela queda a poucos minutos musicais e despois de pensalo outra vez, dixen, teñen razón, teño que poñerme as pilas e alá fomos a cargalas ben cargadas.

A primeira parada foi nese grande evento que é a Xuventude Galiza Net, onde estaban Sak, Iarrowarro (a quen non vin) e Andrés Milleiro, un encanto de rapaz (dáme una U, dáme una P, dáme una...), a quen lle encargamos unha complicada misión: atopar entre todos eses millóns de ficheiros a primeira película porno galega, que non sabemos se é lenda urbana ou non. Mentres tanto, Sak facía das súas con idea de podcastear algo.

Quedei atontanda ante tamaña concentración de xente no lugar e a imaxe de tantas pantallas xuntas impactoume tremendamente porque o meu nivel de frikismo é algo escaso, de tódolos xeitos é para pensarse ir un ano destes a estas festas. Supoño que algo contarán tamén Modesto máis ghanito que hoxe ían andar por alí como mafiosos fedelladores que son.



E despois de estar alí un anaco baixamos a deixar a nosa pegada polas pedras desa cidade que tanto nos gusta coincidindo no camiño a Oko, tan simpática coma sempre pero que se lle vía nos olliños o cansancio. E ao final chegamos ao noso destino onde nos atopamos cos responsables de mmmmmúsicas!, ese meme glorioso que está unindo ao blogomillo mediante notas musicais, co equipo de sono-tone case ao completo, con gañadores de premios de narrativa e gañadoras de premios de ensaio, con poetas que ao final da noite se convirten en cantantes, co capitán dun navío oceánico, co amigo do capitán ao cal non vin na Playa onde debiamos coincidir, con un que quere ser enterrado na discoteca, cunha ausencia de vacas por mor de tanta pécora reunida, co dono dunha mítica camisola e arremecaghona!...houbo serendipias de novo.

Creo que non se me esquece ninguén e se así é, que me perdoen que desmemoriada son abondo e non sei que conxunción de planetas nin que designio do destino fixo que se xuntase tanto persoeiro no lugar, pero dou gracias á decisión arroutada de poñer o coche camiño da aldea máis grande do mundo porque de novo foi outra grande noite, dende o comezo ata o final. Bos momentos e mellores cancións, ou ao revés.

Pixies-Here comes your man


Coma sempre un tremendo abrazo, porque non hai cousa que mellor sente que compartir uns risos con todos vos. Grandes, que sodes grandes!

(nota: esto xa parece a revista de cotilleos, eventos y ociosidades varias do blogomillo)

3/28/2007

Eu tamén quero a Dylan

Bob Dylan-Blowin´In The Wind


Chiquito de la Highway 61 manda unha mensaxe nunha botella, que xa recolleu arume dos piñeiros. Fagamos que se expanda a mensaxe e a ver se logramos que traian a exposición Bob Dylan American´s Journey 1956-1966 ás nosas terras, ao MARCO de Vigo ou a calquera sitio da xeografía galega.

Vamos ho, que hai datas libres para poder traela (por non falar da proximidade das eleccións, que tamén interesa), a quen corresponda...que vaia tomando nota.

Avante blogomillor, a espallar esta boa iniciativa. Conseguirémolo? The answer my friend, is blowing in the wind...si es que Dylan, es mucho Dylan.

3/27/2007

mmmmmmúsicas!

Pois de parte de Gustavo Harvey recibo unha proposta: videoclips para foder, idea xestada nas súas conversas con maria de mallou. Despois de ver as súas escollas, case as copiaría unha por unha pero imos facer un esforzo.

Antes de nada, dicir que estaba tentando lembrar algún momento deses de facer o amor asociado a algunha música en concreto e éme imposible, debe ser pola concentración que non me acordo de melodía ningunha. Procedemos pois a xuntar momentos de ocio e diversión:

1. Marvin Gaye-Let´s get it on



Máis ca nada porque é unha proposta en toda regla e moi sincera. Ademais que che digan que te queren, anque sexa mentira, con esa tremenda voz e eses ritmos tan pausados e sensuais, esperta unhas bonitas cóxegas no baixo ventre, paso previo a todo o que pode vir despois.

2. Millie Small-My boy lollipop

E claro, unha vez que tes cóxegas e ganas de xogar...you´re sweet as candy. O tema de facer o amor tamén o hai que tomar con esa inocencia picarona, con ganas de pasalo ben e cun sorriso na cara.

3. Benny Benassi-Who´s your Daddy?

Unha que é algo macarra. Lémbrame noites tolas de cando tiña menos anos, e a algunhas igual de tolas xa máis medrada. As discotecas déixanche a pel empapada de suor, tes unha aliada na escuridade, o ritmo da música guía os teus movementos, embébeste da xente e xa todo che da igual...

4. Nine Inch Nails-Closer

Ás veces sáelle a unha a parte rallante e escura, esa parte que te mira fixamente aos ollos e que parece que se vai arrastrando cara ti coma a melodía da canción ata posuírte por enteiro. Creo que é delirio apaixoante e sinceridade o que expresa a canción.

5. Janis Joplin-Piece of my heart

Non por ser especialmente sexy esta canción, se non porque me pon eufórica esta muller, gústanme os berridos e o come on vai e vai e vai e sube e sube e...


Pois ata aquí a miña lista, que non será moi ERDF, pero é o que hai. A ver que se lles ocorre a...aí van os nominados:

-SugarKane por Vidas Verticais
-Ghanito por Apocalipse do Porco
-Zerovacas por Zerovacas
-Elianinha por Elianinha
-Oko por Dor na retina


Pensamento e posterior edición: foder con música, desacompasa.

3/25/2007

Un pouco de todo

Fun a Vilagarcía, deille recordos ás corredoiras, tiven de banda sonora a Remolca Madriña, a Niño y Pistola e a Colectivo Oruga.



Comín eu soa, un pouquiño menos gracias ao móbil que ás veces me fai sentir preto da xente que máis aprecio.



Vin monte queimado.



E ao chegar a casa vinme reflexada nun texto ao que lle quitaría un E do nome, mudaría o apelido, de boa gana diría con coñecemento de causa que me gusta Estocolmo, eliminaría a pornografía e ao mellor as vodas das cousas que me disgustan, diría que a sexualidade non se pode definir e que nos últimos cinco anos non lle levo dando voltas a Descartes, pero que si levo facendo a mesma cousa.



Teño que ler Herba Moura e, querido diario, a sorte do amor é sentilo.

Noite de agasallos

Pois que iamos facer o venres máis que ir dar unha volta por aí? Despois de atopar pola tarde a dúas deportistazas saíndo do ximnasio e ver que o cúmulo de casualidades nunca remata de esgotarse, perdín algo o tempo limpando a casa e cando me quixen dar conta xa era hora de ir baixando. Non querendo baixar o coche vou e collo un taxi, que cada día van máis caros, coa COPE de banda sonora. O taxista informoume que teriamos que ir polo Paseo Marítimo porque había dúas manifestacións: a dos traballadores de Atento e a dos funcionarios do Concello, ante o cal falamos tamén da prevista para o día seguinte, esa que reza...na túa puta vida.

O home deixoume preto do punto de encontro e cando me dispoñía a baixar despois de deixarlle un billete enteiriño a cambio do servicio prestado e dicirlle que quedase co cambio, vai e dime: "Oe, desexo que pases un moi bo fin de semana". Si señor, así si que da gusto.

Pois eso, que alí estiven un anaco agardando ao segundo mosqueteiro e pensando en que tal lles estaría parecendo o concerto do Matt Elliot a outras dúas almas perdidas. E unha vez listos, alá nos fomos a ver a Niño y Pistola, concerto xenial e público entregado. Vamos, que se todo ía ben ao final foi mellor ao rematar o concerto coa chegada do terceiro mosqueteiro.

Kaiser Chiefs-Ruby


Como xa é habitual, dirixímonos ao 14, agora con fotolog. O bo de andar con esta xente é que ao final conversas e música sempre están relacionadas, va que si? Pois eso, que eu de informática nin flowers, pero que me gusta escoitalos.



A próxima parada foi o Polvorín e, ao pouco, uns cantos xa se dirixían cara o Puticlú e outros decidiamos retirarnos ante o pesadelo de ter que erguerse ao día seguinte para cumprir cos compromisos e obrigas consabidas. Antes de despedirnos completei o meu trío de agasallos da noite, desexei que este quinteto da morte non se desfixese nunca e, ante a ausencia de bágoas de emoción, unha refrescante choiva primaveral veu a bendecir o desexo e fixo que a despedida fose máis curta pero non por iso menos sentida e que cada un collese camiño cara onde lle pedía o corpo.

O meu foi o da retirada a tempo e que lle volvese a tomar o gusto a Fanny e Alexander.

Fanny e Alexander-Lene

3/23/2007

E agora que me puxen boa...

...you´ll see me surfing on the crest of the wave...como ben din os meus remolcadores favoritos.

Handiwork Shelving-Remolca Madriña

Enfermidade e creatividade

Estes días estiven enferma. Lembro outras dúas veces nas que estiven así de mal: hai nove anos onde me coidaron moi ben as compañeiras de piso e hai vinte que me coidou moi ben miña nai. Desa vez foi por culpa do sarampelo e mentres estaba metida na cama enchín un caderno vermello de contos e historias e daría un mundo por atopalo, porque me resultaría interesante saber que é o que escribín.

Estes días non fixen nada máis que sonar o nariz, toser coma unha bronquítica e durmir, durmir e durmir. Nos momentos en que espertaba algo febril e a pesar de que poida sonar raro, gustábame a sensación de estar enferma (sabendo que non era cousa grave) porque me sentía recollida en min mesma. Na enfermidade notas coma nunca o teu corpo, sínteste protexida polos demais, desenvolves unha capacidade de agradecemento infinita e a cabeza non deixa de rebulir porque xa non se ten que ocupar da rutina pautada de cada día e so desexa que o corpo se poña ben para poder facer todo aquelo que se lle ocurre.

Vin por aí un libro, de Philip Sandblom: "Enfermedad y creación: Como influye la enfermedad en la literatura, la pintura y la música." onde fala de enfermidades, malformacións conxénitas, consumo de drogas, desequilibrios mentais e no que investiga a autores como Sylvia Plath, Munch, Klee, Chopin, Hölderlin, Chéjov etc por citar uns poucos. O libro tamén está ilustrado con pinturas e debuxos de Picasso, Goya, Van Gogh... en definitiva, que Sandblom argumenta que ás veces e en certas circunstancias a enfermidade pode convertirse en fonte de inspiración e a dor, en arte.



E dixen eu, que é a creatividade? como chegamos a ser creativos? A creatividade ven sendo crear algo da nada. Como chegamos a iso non o sei pero algo que inflúe no creativos que podemos chegar a ser é o pensamento diverxente, un pensamento que non está necesariamente baixo un control consciente nin se rixe polas leis da lóxica, anque nel predominen as conexións lóxicas. É un pensamento rico en metáforas, atemporal, simbólico e que funciona máis no ámbito da fantasía que na realidade concreta (según Antonijevic e Mena, 1989) Ese é o pensamento creativo e vendo o traballo e as ideas de moita xente que anda neste blogomillo, unha non pode facer máis que abraiarse e desfrutar desas creacións. Eu tamén quero ser creativa, e como hai autores que pensan que esa habilidade se pode traballar, comezamos hoxe a poñernos as pilas e a esquecernos da enfermidade como soporte artístico que xa vamos curando. E hai que saír, claro!

3/21/2007

Sobre as euforias nocturnas



Os cúmulos de casualidades e serendipias encántame e ás veces ata che dan ideas. Hoxe seguimos con Rilke e con algo de Quevedo á honra do señor da foto (agardo non enganarme, que se non menuda metida de pata). Máis ca nada porque me gusta a noite e porque non hai idades dentro dela.

A ti, oscuridad de la que vengo,
te amo más que a la llama
que limita el mundo
y brilla sólo
para algún círculo
fuera del cual ningún ser sabe de ella.

Pero la oscuridad lo retiene todo:
formas y llamas, animales y a mí,
tal como los atrapa,
personas y poderes...

Y puede que una gran fuerza
cerca de mí se agite.

Creo en las noches.


Rilke "El libro de las horas"



A LA EDAD DE LAS MUJERES

De quince a veinte es niña; buena moza
de veinte a veinticinco, y por la cuenta
gentil mujer de veinticinco a treinta.
¡Dichoso aquel que en tal edad la goza!

De treinta a treinta y cinco no alboroza;
mas puédese comer con sal pimienta;
pero de treinta y cinco hasta cuarenta
anda en vísperas ya de una coroza.

A los cuarenta y cinco es bachillera,
ganguea, pide y juega del vocablo;
cumplidos los cincuenta, da en santera,

y a los cincuenta y cinco echa el retablo.
Niña, moza, mujer, vieja, hechicera,
bruja y santera, se la lleva el diablo.

Francisco de Quevedo

Sobre a poesía

Non son moi dada a recomendar libros nin falar deles anque si a regalalos, o cal non é o mesmo que facer bookcrossing. Tódalas letras que escribimos teñen un significado que so nos sabemos e que todos poden interpretar, máis aínda no caso da poesía.
Hai anos regalei O principiño a unha persoa moi querida por min (daquela, agora e sempre), que me correspondeu cun libriño que hoxe vou citar: Cartas a un joven poeta. Son as cartas que Rainer Maria Rilke lle escribiu a Franz Xaver Kapuss e que este publicou 20 anos despois da morte de Rilke.



Hoxe, por ser o día que é, deixo aquí un anaco, algo longo, desas cartas:

"(...)Pregunta usted si sus versos son buenos. Me lo pregunta a mí. Antes ha preguntado a otros. Los envía usted a revistas. Los compara con otros poemas, y se intranquiliza cuando ciertas redacciones rechazan sus intentos. Ahora bien (puesto que usted me ha permitido aconsejarle), le ruego que abandone todo eso. Mire usted hacia fuera, y eso, sobre todo, no debería hacerlo ahora. Nadie puede aconsejarle ni ayudarle, nadie. Hay sólo un único medio. Entre en usted. Examine ese fundamento que usted llama escribir; ponga a prueba si extiende sus raíces hasta el lugar más profundo de su corazón; reconozca si se moriría usted si se le privara de escribir. Esto, sobre todo: pregúntese en la hora más silenciosa de su noche: ¿debo escribir? Excave en sí mismo, en busca de una respuesta rofunda. Y si ésta hubiera de ser de asentimiento, si hubiera usted de enfrentarse a esta grave pregunta con un enérgico y sencillo debo, entonces construya su vida según esa necesidad: su vida, entrando hasta su hora más indiferente y pequeña, debe ser un signo y un testimonio de es impulso. Entonces, aproxímese a la naturaleza. Enconces, intente, como el primer hombre, decir lo que ve y lo que experimenta y ama y pierde. No escriba poesías de amor; apártese ante todo de esas formas qaue son demasiado corrientes y habituales: son las más difíciles, porque hace falta una gran fuerza madura para dar algo propio donde se establecen en la multitud tradiciones buenas y, en parte, brillantes. Por eso, sálvese de los temas generales y vuélvase a los que le ofrece su propia vida cotidiaa: describa sus melancolías y deseos, los pensamientos fugaces y la fe en alguna bellea; descríbalo todo con sinceridad interior, tranquila, humilde, y use, para expresarlo, las cosas de su ambiente, las imágenes de sus sueños y los objetos de su recuerdo. Si su vida cotidiana le parece pobre, no se queje de ella; quéjese de usted mismo, dígase que no es bastante poeta como para conjurar sus riquezas: pues para los creadores no hay pobreza ni lugar pobre e indiferente.



Y aunque estuviera usted en una cárcel cuyas paredes no dejaran llegar a sus sentidos ninguno de los rumores del mundo, ¿no seguiría teniendo siempre su infancia, esa riqueza preciosa, regia, el tesoro de los recuerdos? Vuelva ahí su atención. Intente hacer emerger las sumergidas ensaciones de ese ancho pasado; su personalidad se consolidará, su soledad se ensanchará y se hará una estancia en penumbra, en que se oye pasar de largo, a lo lejos, el estrépito de los demás. Y si de ese giro hacia dentro, de esa sumersión en el mundo propio, brotan versos, no se le ocurrirá a usted preguntar a nadie si son buenos versos. Tampoco hará intentos de interesar a las revistas por esos trabajos, pues verá en ellos su amada propiedad natural, un trozo y una voz de su vida. Una obra de arte es buena cuando brota de la necesidad. En esa índole de su origen está su juicio: no hay otro. Por eso, mi distinguido amigo, no sabría darle más consejo que éste: entrar en sí mismo y examinar las profundidades de que brota su vida: en ese manantial encontrará usted la respuesta a la pregunta de si debe crear. Tómela como suene, sin interpretaciones. Quizá se haga evidente que usted está llamado a ser artista. Entonces, acepte sobre sí ese destino, y sopórtelo, con su carga y su grandeza, sin preguntar por la recompensa que pudiera venir de fuera. Pues el creador debe ser un mundo para sí mismo, y encontrarlo todo en sí y en la naturaleza a que se ha adherido.



Pero quizá, después de ese descenso en sí y en su soledad, deba renunciar a llegar a ser poeta (basta, como he dicho, sentir, que se podría vivir sin escribir para no deber hacerlo en absoluto). Sin embargo, tampoco entonces habrá sido en vano este viraje que le pido. En cualquier caso, a partir de ahí, su vida encontrará caminos propios, y le deseo que sean buenos, ricos y amplios, mucho más de lo que puedo decir.(...)"

Deixa que todo che aconteza: a beleza e o espanto. Rainer Maria Rilke

3/20/2007

Aviso

Isto é o que che pode pasar se andas a mocear coa rapaza doutro.



Aparte diso, penso que ninguén é propiedade de ninguén a menos que queira selo (o amor é entregarse ao outro, xa sabedes). E mañá éche o Día Mundial da Poesía...

3/19/2007

Billarda: outro deporte é posíbel!


E tanto que é un deporte con posibilidades esto da billarda, eu xa me enganchei. Aínda non recuperada da noite do venres pero facendo caso ao que as camisetas de e-music nos inculcan e con medo a ver que era eso da billarda, achegueime o domingo pola mañá, invitada por Sak, ao lado da CUAC.fm alá na "Pateira" bautizada así por un dos integrantes da Liga Nacional de Billarda.

Celebrábase o II All Stars da Billarda e resultou todo un éxito: o equipo do Leste conta o do Oeste, laranxas contra azuis, e fixémolos sufrir: Sak, David, Aitor, Toño, Leti, Anxo, Calve máis eu, integrantes do equipo azul do Oeste podemos estar orgullosos do traballo realizado, que non sei como demos para tanto sendo tan principiantes como eramos, non todos, pero si a maioría.

No encontro coñecín a David, rapaz a mar de feito onde os haxa, e semifinalista do concurso de mates (que non de triples) de billarda, a ilustres mandriles das ondas coma Zimmer 103 e durante a comida tivo lugar o encontro con ese gran home que fai posible A Randeeira, e cando digo gran home quédome curta. Canto da de si o blogomillo, eh?

Despois de encher ben os bandullos e tomarlle o obrigado licor café de sobremesa dirixímonos ao Patachim onde voltamos a lembrar a noite do venres no 14 con Rubén que nos agardaba detrás da barra.



Eu dende aquí non poido facer máis que darlle a miña noraboa e as gracias á xente do Varal por todo o que andan a facer con eses campionatos a través da LNB (Liga Nacional de Billarda), polo ben que se pasa con eles, pola boa xente que son e porque si, porque me da a gana e porque me meteron as ganas do corpo de xogar máis a billarda, onde tamén hai un equipo feminino, as Fanecas Bravas que animan calquera celebración en menos de nada.

E a prepararse todo o mundo que eu trouxen para casa con que entrenar, e a ver se imos pensando en montar un equipo aquí na Coruña porque hai canteira, e eso, que esto vai en serio, así que a prepararse que xa sabedes onde conseguir todo o que fai falla para xogar, so falta poñer as ganas e eu teño moitas.



O dito, todo un placer e unha marabilla de día :) e agardo que toda esa xente chegara ben a casa guiada polo conductor da guagua.



E a quen botamos de menos desta vez foi ao Gustavo Harvey, non sei que excusa tería, pero tamén lle perdoamos a ausencia.

3/17/2007

Crónica dunha festa anunciada

A festa anunciada e moi esperada por moitos (polo menos por min) foi a de e-music e botando man da sabiduría popular: pasou o día, pasou a romería. Pero que ben pasou.

Os meus momentos previos á festa paseinos traballando, co cal paso ampliamente de comentar a divertida xornada laboral ata altas horas da noite que me da que non procede. O que si procedía, unha vez ceada e lista para baixar, era chamar e localizar a xente. Ghanito, Modesto, aluguer, ictios e ascárida estaban ceando a típica comida galega que chamaremos kebab e Gustavo Harvey, Sak e os rapaces do Colectivo Oruga estaban na pizzería Roma preto do lugar do evento.



E cando cheguei ao 14 xa estaba Breogán pinchando e todos felicitando a os rapaces do proxecto-ds polo deseño dos flyers e das camisetas de e-music, a mar de chulas. E así en menos de nada o local foise ateigando de xente: os habitantes do kebab chegaron acompañados de Calidonia (vámonos de viaxe, rapaz!), chegaron tamén maria de mallou máis Lucía Aldao que andaban de celebración, Vincent Jalo e compañía, lourixe e amigos, maceirax, xente de arredemo, xente de Radio Fusión, os amigos ferroláns de Gustavo Harvey, xente que non coñecía de nada e coñecidos doutras noites coruñesas que si acudiron á chamada e foron recibidos con moita alegría.



Tocaron e sonaron xenial os rapaces de Colectivo Oruga ao tempo que se facían as proxeccións, despois Breogán seguiu pinchando, Vincent Jalo (máis majo) repartiu as chapas da sono-tone, ascárida e ghanito fixeron de fográfos oficiais coas cámaras de Modesto e de maria e foi todo un bailar, falar e non parar todos xuntos e revoltos dun lado para outro.



Ao final uns tiraron cara o Soho, outros cara o Patachim, outros cara o Puticlú, que ten uns baños vermellos e divinos a máis non poder, sendo o punto de encontro a altas horas da noite o Playa a onde chegamos poucos e por episodios, que cada un anda ao seu ritmo. Eu fun dos primeiros episodios en chegar e despois de botar un anaco perdida en compañía na pista do Playa sen localizar ao resto da xente (véxase maria, Lucía, Sak e Gustavo Harvey)e cantando eso de "Let´s make love and listen to death from above", ao final o grupo reuniuse para seguir baila que te baila. Pecháronnos o Playa, ante o cal Sak dixo a verdade da noite, que nos estaban a botar de tódolos garitos e decidimos ir a pechar outro local mítico, Soweto, que señores e señoras ten relación con Joaquín Sabina e esa canción mítica de "nos dieron las mil". E a partir de aí uns marcharon e o resto fomos a Casa Mallou a botar unhas risas.

Onte foi a ocasión que máis utilicei o móbil en toda a miña vida, se non fixen mil chamadas non fixen ningunha: ao Gustavo Harvey, a Ghanito, a mariside, a Gustavo Harvey outra vez, aos Colectivo Oruga, a Modesto, a Sak, a Sak outra vez porque non os atopaba na pista...e Calidonia quedou sen chamar porque non lle sabía o número.

É dicir, pasei toda a noite perdida entre unha morea de amigos, compañeiros e xente coñecida e fíxoseme todo tan, tan, tan corto que andaba FRUSTRADIRMA(como me acaban de dicir que confirman as fotos). Hoxe cando espertei (eu quero ser rica e non traballar) so tiña moi bos recordos da noite e unha alegría inmensa no corpo ao decatarme da boa xente que sodes e de que noites así ten que haber máis. E á xente do 14, eso, que nos vemos!



Ah, por certo: non botastes de menos a SugarKane?? Pois eso, que me dou saúdos para todos (e foron dados) por non poder asistir. Pobriño, pensaredes. De pobriño nada, que estaba disfrutando das noites de centroeuropa e por esta perdoámosche a ausencia, pero que non se volva repetir!

Estou desexando ver as fotos, porque as que quitei co móbil foron da decoración do Puticlú. Ale, ata outra.

3/16/2007

Os veciños na rede teñen moito que contar

Estaba lendo este post de Juan Freire no seu blogue Nómada no que comeza falando das redes hiperlocais e remata ligando o blogue do barrio dos Rosales aquí na Coruña e curiosamente hoxe tamén fun dar ao blogue doutro barrio, o dos Mallos.

Este tipo de iniciativas están moi ben, son un medio máis de por en contacto á xente co que acontece no seu lugar de residencia alonxado xa das novas dos xornais e tamén un medio máis para o debate e como non, para a denuncia.

Todo isto lévame a pensar no que están denominando xornalismo 3.0 e na nova páxina mandati.wordpress.com creada a iniciativa de Zerovacas. A rede non deixa de ser un espacio onde todos temos voz e podemos ser escoitados. Xa non haberá ninguén que nos faga calar o que pensamos, poñer trabas para denunciar as deficiencias que atopamos arredor, evitar que critiquemos o que está mal feito, que louvemos o que nos parece un bo traballo e que manifestemos as nosas opinións sobre calquera tema que nos interese.

Din que o que non está en internet non existe, agora con estes proxectos a realidade será cada vez máis real porque é a xente a que se move, a que insta aos gobernantes a abrir os ollos e darse conta de para que serve o cargo que ocupan e que están ao servicio daqueles que os escolleron, co cal deberían facer ben o seu traballo igual que os demais o facemos.

Ogallá que toda Galiza contase con conexión a internet, porque a proximidade das eleccións e surxemento destas redes hiperlocais igual poderían facer espabilar aos políticos e facer que se deran conta de que o seu traballo é avaliado polos veciños e que tivesen máis en conta as suxerencias que lles dan e a problemática de cada sitio en concreto, para non rematar dicindo esa bonita frase que é "yo no sabía nada, me enteré por la prensa".

Creo que a partir de agora non van ter excusa.



E aquí as páxinas dos barrios da Coruña. A min, persoalmente, gústame máis o formato blogue dos Rosales, dos Mallos e de Matogrande. Conta con foros o Mesoiro e Someso e son moito menos participativas a do Ventorrillo e a do Ensanche.

Barrio dos Rosales
Barrio dos Mallos
Barrio de Matogrande
Barrio do Ventorrillo
Barrio do Ensanche
Barrio de Mesoiro
Barrio de Someso

Eu o máis parecido que tiña sobre Oroso era o blogue de Miguel Edreira Castro: Por Sigüeiro pasa lixeiro! e un post de Manuel Gago sobre os castros e con denuncia incluida, que non me extraña, que o do patrimonio da pena. Polo de agora conformareime co Metropolitano a falta dalgo máis xornal 3.0.

Curioseando por aí atopo Oroso nas contas de A Madriña Asociados Ltd., blogue que seguro que hei visitar máis a miúdo e tamén á súa Accionista nº 69. Por certo, onde poido escoitar a Remolca Madriña?? Mentres tanto vou ver que tal o Doctor Harapos.

3/14/2007

Seica hai unha festa



A festa de e-music, este venres 16 no pub 14, na rúa San Vicente de Paul,nº 13 e comeza a eso das 12 da noite.

E digo eu que se tanta xente fala dela, será que vai ser boa cousa, non?
Eu non penso perdela, Colectivo Oruga, breogán de dj, främe coas súas video proxeccións e toda a xente que vai acudir fan prometer un venres de infarto.

Que ben.

3/12/2007

Vanitas vanitates et omnia vanitas

Aproveitando esto que dixo X, e referíndome ao que escribiu a rapaza do arco maila rainha vermella vou e repítome ata a saciedade caendo no pecado da vanidade aproveitando as utilidades dun blog.


E asino como besbellinha porque o ñ non existe no mundo anglófono e porque meu irmán cando me enfado con el sempre me di "non te enfurruxes, pequena besbella" (e nessuca quería comezar de novo).

Os meus "que pasaría se" materialízanse no desexo de querer vivir tódalas miñas vidas posibles anque signifique andar bailando dun lado para outro, deixar atrás moitas cousas rematadas ou sen rematar e ter a certeza de que poido voltar a elas porque eu así o quero. Pódese tomar como non-constancia, inmadurez ou vai ti a saber que, tanto me ten.

Beliscos pequenos son iso, pequenas pegadas, bocadiños ou petiscos que diría outro, calquera cousa que se me ocurra sen transcendencia ningunha. E como xa contei, a canción é o que di o primeiro no amor son os bicos/ o segundo os beliscos pequenos/ o terceiro ben achegadiños/ e ó remate sonche os nenos



A fotografía é un silencio, un non digas nada, un non querer que se saiba, un segredo anque sexa a voces ou unha complicidade buscada.

Vanidade,todo é vanidade á fin. E orgullo e inseguridade e falta de recoñecemento e necesidade de que nos fagan caso. Non hai máis.

Bueno si, hai unha revista.

Certezas

Tes a certeza de que calquera cousa que fagan certas persoas, van estar ben feitas. É o caso del e aproveitando un post de W. Sobchak deixo unha mostra aquí.

Erika Svensson

3/11/2007

De azuis, de lagoas, de cormoráns e doutras historias

Pois como hoxe o ceo andaba así de azul celestial, quixemos ir ás lagoas de Cospeito a facer avistamentos de aves, pero non demos coas lagoas que nos perdemos por aí. E antes das lagoas e falando de azuis e avistamentos, lembro a furgoneta azul cerúleo de Expediente X, non sei se vos tamén, pero é algo que se me quedou grabado.
Ao final resulta que o azul cerúleo ou celeste ou cian, obtense de mesturar estanato de cobalto e magnesio. Qué de colores e non hai máis que mirar aquí.

Ao que ía, que ao final demos cunhas lagoas en Rábade e o que vimos foron garzas reais e cormoráns.

A min sorprendeume o dos cormoráns, pero polo visto é unha ave que é habitual aquí en Galicia, polo que vin nestes tres sitios, e de feito os de aquí veñen de Gran Bretaña e son unha especie protexida.

Estes da foto de arriba habitan na ría do Burgo e a fotografía forma parte dunha serie que amosa a cópula entre eles, xa se sabe que a primavera...

Todo iso lembroume a un xeito de pescar que teñen en China con estes animais, atanos polo pescozo e cando os cormoráns se mergullan a pescar os peixes non lle poden pasar pola gorxa embaixo e quedan os pescadores co botín. Aproveitando os recursos naturais, vamos.

E así foi o día de hoxe, que me veu moi ben para airearme. Para outra vez a ver se damos coas lagoas de Cospeito e se non, tanto ten, que ben que me gusta conducir e perderme por aí.

Detalle musical do día: "música para o coche" facíame pensar en Brian Wilson , hai pouco algúen me fixo pensar en Mastretta
.

3/09/2007

Carlos Casares

Súmome ao convite de Marcos Valcárcel para facerlle a nósa pequena homenaxe a Carlos Casares. Lembro a súa columna, que lía tódolos días tal como hoxe leo os blogues de todos (ou case) vós. O seu pasamento, hai hoxe 5 anos, non me deixou indiferente anque non o coñecese máis que polas súas verbas, que non é pouco. Non sei por que un día( hai case 10 anos) recortei do xornal dous dos seus artigos que aínda gardo nun cartafol cheo de anacos de xornais, revistas etc e que mellor momento para deixalos hoxe aquí, facéndolle a miña pequena homenaxe ao Carlos.

-Á MARXE-
A morte dun golfo
CARLOS CASARES
Acaba de morrer en Inglaterra un dos golfos máis grandes de Europa, o periodista Jeffrey Bernard, un auténtico crápula. A pesar de ser diabético, bebeu o que quixo: non menos dunha botella de vodka diaria. Foi un dos últimos actos da súa vida. Pouco antes de morrer, na cama, sen a perna que lle amputaran había uns anos, pediu unha copa e un pito. Faltoulle o tereiro lado do triángulo, que non é difícil de supoñer. Por esa parte, casou catro veces, pero como dicían os seus amigos, tivo moitas mulleres, incluídas as propias.
A súa célebre columna do semanario The Spectator fíxose famosa, en primeiro lugar, polas súas moitas virtudes: era un gran periodista. Non era menos coñecida, sen embargo, pola nota de redacción que aparecía frecuentemente cando non se publicaba. Dicía "Jeffrey Bernard está indisposto". É dicir, que estaba borracho.
Hai uns días aínda, lin unha das súas columnas. Contaba a historia dun rapaz novo e inexperto, fillo dun editor londinense, que bebeu tanto nunha festa dada polo seu pai que fixo unha desgracia polos pantalóns abaixo. Con disimulo, saíu á rúa e dirixiuse a uns almacéns para mercar uns pantalóns novos. A continuación colleu o tren de cercanías, meteuse no lavabo, quitou a prenda destragada e tirouna pola ventá. O malo foi que cando abriu a bolsa do comercio para cambiarse, atopou un xersei. Mañá contarei o resto.


-Á MARXE-
Final dunha historia
CARLOS CASARES
No artículo de onte, dedicado a reseñar a morte do periodista inglés Jeffrey Bernard, comentaba eu aquí unha das últimas columnas que escribiu, na que narraba a historia dun rapaz borracho. Como se recordará, o mozo, descontrolado pola bebida, acabou tendo unha desgracia nos pantalóns, polo cal foi rapidamente a un comercio a mercar outra prenda coa intención de cambiarse canto antes. En vez de volver á festa, pois o seu corpo despedía un escándalo, meteuse no tren, foi ó lavabo e dispúxose a resolver o problema.
Tal como explicaba eu ó final do artículo, o rapazote, despois de adecentarse, tirou os pantalóns suxos pola ventá e abriu a bolsa coa intención de coller os limpos, recén mercados. A sorpresa e o susto deberon ser tremendos cando o pobre infeliz se decatou de que en vez de pantalóns lle deran, por confusión , un xersei.
Aí remata a historia, tal como lla contaron a Jeffrey Bernard. O que sucede é que un ser tan divertido e maligno como este célebre periodista non podía contentarse cun final tan incerto, cortado precisamente no momento máis atractivo do disparate. Por eso se puxo a especular. Imaxinou entón que o rapaz resolveu a papeleta metendo as pernas polas mangas do xersei, unha decisión bastante lóxica. Menos fácil de adiviñar, segundo conta Jeffrey Bernard, é saber se o mozo colocou o pico do suéter para adiante ou para atrás.


Merecemos ser recordados tal e como fomos en vida, e Carlos Casares para min era un home alegre, sinxelo, que non se daba máis importancia e imposible de separar do seu Samuel. Un saúdo e un sorriso e gracias Marcos por esta oportunidade de voltar a recordalo.

3/07/2007

Gracias, muller

Mañá celébrase o Día da Muller Traballadora e moitas gracias a tódalas mulleres que antes loitaron para que hoxe en día eu me atope así de ben (non me sinto marxinada, nin infravalorada, nin son executiva) e ás que siguen loitando para que outras XX coma min o consigan.

E como algún día a igualdade será plena, como ten que ser, prefiro pensar en todas esas mulleres traballadoras contentas co seu traballo, cos seus dereitos recoñecidos e tratadas de iguais en tódolos ámbitos, disfrutando do seu tempo de ocio merecido como é debido.

Adicado pois a tódalas mulleres (e homes) que son e serán ociosas/os despois da xornada laboral do seu traballo digno e cos seus dereitos recoñecidos.

3/06/2007

Liberdades e opinións de pensamentos, obras e omisións

"...¿qué me molesta de Stallman? En pocas palabras, su intolerancia con los que no piensan como él.""Sin querer entrar en una guerra de licencias (yo prefiero la BSD, una licencia generosa de verdad), lo verdaderamente perverso de la GPL es que niega el derecho de los programadores a decidir qué es lo que puede hacerse con su código (aunque sea el código derivado del trabajo de otro)..."

De aquí, vía chuza!

"...El fiscal jefe del TSXG advierte a los políticos que cuando esa investigación se haga pública, "quien denuncie tramas incendiarias, deberá hacerlo con pruebas"."

"P. Los investigadores de los incendios dicen que si hubiese tramas organizadas sería más fácil perseguir a los pirómanos.
R. Lo que nos transmiten los cuerpos de seguridad es que en el caso de que hubiese tramas organizadas, podrían desmontarse, porque en determinados momentos se harían visibles, a través de sus medios de actuación o de las comunicaciones entre sus miembros. La policía estaría en condiciones -como lo hace en otros delitos en los que sí operan mafias- de descubrirlas. Si existiesen, estaríamos en condiciones de descubrirlas."

De aquí, vía chuza!

"De todo lo que se ha dicho sobre la esperanza-decepción del plan Barrerras para devolverle la vida al astillero de Fene, me quedo con una desoladora imagen que circula en Internet y que puede que hayan visto: la desbandada de diputados en el Congreso cuando el representante del BNG se dirige al púlpito a hablar de la situación de Navantia y de la propuesta de privatización que ha sido respaldada por unanimidad en el Parlamento gallego. Cuando Francisco Rodríguez intenta hablar, no puede por el ruido que hacen sus señorías al levantarse de sus asientos, no por rabieta o protesta como otras veces, sino para pedir fuego, comentar el Betis-Sevilla o la última diatriba radiofónica sobre el 11-M. Pocos de ellos se quedan a demostrar algún interés por el futuro de la comarca de Ferrol, y entre los que se van podemos contar a varios diputados gallegos del PP y del PSOE."

De aquí, vía chuza!



So penso que cada un é moi libre para dicir e facer o que lle peta, pero non hai que ser intransixentes, nin botar a boca a pacer e ser consecuente co que se fai e co que se di. Máis nada, espero que sexa a primeira e última vez que me meto en asuntos destes dos que nada entendo.