Todos temos a necesidade de que alguén nos faga caso
1/11/2009
Os Contacontos de Tala
Tala é un lugar en Manila, Filipinas, onde a Fundación Vedruna (chamada así por unha carmelita descalza que chegou a ser considerada santa) ten un taller onde emprega ata 200 mulleres excluidas socialmente para facer estes bonecos contacontos. Polo visto aproveitan os restos das industrias textiles da zona para facer os bonecos.Un deses contacontos regaláronnolo o ano pasado.
Amarante é unha Organización Galega de Cooperación para o Ecodesenvolvemento e vende tamén por internet estes bonecos aquí. Comercio Xusto-Os contacontos de Tala
O que non sabiades é que quen deseñou os bonecos foi unha vasca de apelido Arrechea, que deu clase e fisica nas Carmelitas de Ourense.
E que unhas monxiñas de Navia de Suarna mantiveron o contacto coa xente do Comercio Xusto de Lugo (entre elas a histórica tenda A Cova da Terra) para que chegaran por fin a Amarante-Pontevedra-Stgo-Ourense e outras tendas de Comercio Xusto Galegas. (no 2001 )
3 comentários:
Terei que acercarme ás Camelias un día. O Leo é un apaixonado dos contos.
O que non sabiades é que quen deseñou os bonecos foi unha vasca de apelido Arrechea, que deu clase e fisica nas Carmelitas de Ourense.
E que unhas monxiñas de Navia de Suarna mantiveron o contacto coa xente do Comercio Xusto de Lugo (entre elas a histórica tenda A Cova da Terra) para que chegaran por fin a Amarante-Pontevedra-Stgo-Ourense e outras tendas de Comercio Xusto Galegas. (no 2001 )
saúdos
Juanjo
www.blogoteca.com/3miniaturas
Pois non tiña coñecemento das intermediarias na cadea, gracias pola achega :)
Enviar um comentário