1/04/2009

Eu quería falar de amor

Para o comezo do novo ano eu quería falar de amor, porque sempre fai falla, pero a inxustiza, as atrocidades e as masacres que continúan nos territorios ocupados de Gaza por parte dos sionistas convirten en absurda e artificial esa palabra. Sempre queda a posibilidade de reconvertila en solidariedade, posto que se anda a convocar unha manifestación a nivel nacional repudiando estas accións a través do grupo Galiza-Palestina no Facebook (grazas emereci pola corrección)

Eu quería falar de amor



3 comentários:

emereci disse...

Besbe, creo que esa convocatoria non é para a manifestación en si, se non para ila organizando... polo menos eso é o que di o correo que me chegou a min :)
bicolos e fala de amor, muller, que algo sempre queda.

besbe disse...

tes razón, que lin moi de présa e é o que pasa :) graciñas

Anónimo disse...

Besbe, para manifestacións e outros actos lúdicos non deixes de darme un toque ... que xa volvín ao redíl.
Bon ano número nove.