8/02/2026

Saturei

Saturei, é dicir, dende que deixei s miña "última gran considerada parella". A única gran parella porque durou anos de máis e tan tóxico foi todo, antes e despois, que teño eses 13 anos de referente do que non se pode aturar.

Xa van perdóns diante. Polos anos de antes, durante e despois.

Realmente non ía diso todo este conto, non da pandemia tampouco  Todas podemos dar pena por cousas.

A verdade é que quero deixar de ser esta pena e ser a que era antes e non pode ser porque o tempo pasou e pisou.
Era e son. E vaime costar ser e está ben darse conta.

Retomar a maxia esa dos 18 agora con 46.

Estaría ben unha foto inocente da infancia para ilustrar e non vai ser porque os que o mereceron xa me coñeceron así. Anque despois o perdón 

3/13/2011

Xapón

O ser humano perfecto, Jorgen Leth.



Hoxe, tamén, experimentei algo que agardo comprender dentro duns días.


Con música, con outras preocupacións, todo cambia un mundo.




3/03/2011

A escena favorita de Collateral.



Horas despois da multa (da que case se desculpou o axente da Garda Civil) e cumprindo os límites de velocidade, un pastor alemán canela crúzase na estrada. Desorientado. E se o levo á casa. E se realmente non está abandoado. E que fago con el no piso no que sobro porque me botan as cousas. Desexo que viva e vivirá posto que non o vexo coas tripas ciscadas. Pero esa mirada.

Vincent algo pensaría. O taxista tamén. E aínda así seguimos adiante. Coma se non poidesemos facer outra cousa.

9/10/2010

Nunca te voy a pedir

O orixinal.



Unha etapa, un descanso e as cellas...

Tantas cousas.

Aprendendo non se sabe ben que

Unha das cousas que máis me chamou a atención do Nocilla Lab de Agustín Fernández Mallo foi un párrafo que, creo, rondará moito tempo na miña cachola (páxina 92, señoras e señores):

" Lo que une a las parejas no es el afecto mutuo que se den, ni los planes construidos a medias llevados a buen término, ni compartir una misma vivienda elegida y decorada a medias, ni parir hijos, ni nada de eso que sale en las novelas y películas. Lo que une a las parejas es el sentido del humor. Dos personas, por diferentes que sean, si tienen el mismo sentido del humor sobreviven como pareja."

Pensar.

Again and again

Non me gusta xa nada este blogue, pero é meu. Algún día pechará e comezará outra cousa. Mentres tanto seguimos e seguimos ata que remate por fartar.



"Hay que estar preparado, se aconsejó.

Había ocurrido otras veces; cierto que siempre lo fastidiaba, pero era uno de esos trucos típicos de la mente femenina: llegado un momento, siempre tenían que eludir la realidad y ponerse a arrojar culpa hacia todos lados, hacia cualquiera que estuviese a su alcance.

No le importaba mucho; nada iba a quitarle el recuerdo del momento feliz en que se había embarcado."

Tiempo de Marte, Philip K. Dick

5/03/2010

As cousas pequenas


A herba. O verde da herba. O cheiro da herba. Pisar a herba. Sentarse nela. Deitarse no verde. O que imaxinas cando a ves. Se nos poñermos, a herba seca tamén. A herba. Hai algo especial nela.

Mirar máis as cousas pequenas. Ser feliz.


4/08/2010

Razóns para volver


1. Decir "Si, quero" a un 17 de abril en Vigo
2. Poñerlle nome a uns números descoñecidos a través dunha mensaxe de texto coma esta:
"Pista de identidade 1: Deixamos sen rematar o que sería a maior obra da literatura galega"
3. Lembrar

12/01/2009

Dime algo sucio vai para...

O prometido é débeda, así que aí vai o sorteo do libro:



Parabéns!!

E lembrade, C´mmons Baby! tamén anda repartindo agasallos!

11/25/2009

O coitelo do Matachín

De todos é xa sabido que o 25 de novembro denúnciase toda clase de violencia contra as mulleres. A miña aportación desta vez é un microrrelato titulado O coitelo do Matachín que vén de gañar o VII Certame de Microrrelatos da Lonxa Literaria de Moaña, que me parece que andan a estrear nova páxina.

Foi unha gran sorpresa e alegría saber a nova e dende aquí quería agradecer o apoio dos amigos á hora de animarme a facer aquelo que quero, á Lonxa Literaria polo traballo que fan, ao xurado do certame e tamén compartir a miña ilusión con todos vos.