9/10/2010

Aprendendo non se sabe ben que

Unha das cousas que máis me chamou a atención do Nocilla Lab de Agustín Fernández Mallo foi un párrafo que, creo, rondará moito tempo na miña cachola (páxina 92, señoras e señores):

" Lo que une a las parejas no es el afecto mutuo que se den, ni los planes construidos a medias llevados a buen término, ni compartir una misma vivienda elegida y decorada a medias, ni parir hijos, ni nada de eso que sale en las novelas y películas. Lo que une a las parejas es el sentido del humor. Dos personas, por diferentes que sean, si tienen el mismo sentido del humor sobreviven como pareja."

Pensar.

6 comentários:

An disse...

Pois no meu caso non se da, agardo que non sexa un mal agoiro...Saúdos bicos e apertas

A pirámide disse...

Nós disentimos, afortunadamente. A nós o que nos une realmente é a entidade pagadora.

Non nos deixes nunca Besbe, querida.

estíbaliz... disse...

En certa maneira, éche boa verdade. Malia todo, malia rir o mesmiño e na mesma frecuencia de onda, as parellas por lei natural tenden a separarse.

Como as galaxias, as ondas concéntricas no estanque e tal.

FERNANDO SANCHO disse...

Hola!
¿Qué une as parellas? cada unha é un mundo. Dende logo que o sentido do humor e importante, pero penso que o día a día, compartir cousas, superar momentos, o ser amigos ademáis de parella...é o que fai que esta dure no tempo.
Grazas

Roi Buligan disse...

non sei que dicir pero direi o que sei, a min diverteme cousas dunha rapaza que non as di para facer reir pero encántame certo xeito que me fai sorrir.

Pilar Pato disse...

Ciertamente tener un proyecto de futuro y llevarlo a termino, une; en plan cooperativa o sociedad limitada.Yo adoro a mi pareja porque me hacer reir, despues de 20 años juntos. Un besazo.