8/25/2006

Isto non é un problema


Esta noite tiven insomnio. Este mes, bruxismo e non estou facendo nada por evitalo: cafeína, alcol, tabaco, voltar a morder as unllas... Pásame de día e cando me decato, xa estou apretando os dentes. Vai ser que as vacacións me estresan(vouno dubidar)

polo de pronto hoxe lisco de viaxe e si, ao final vai ser eso, porque non sei xa que uso darlle.

8/22/2006

Cutián 2006 (resaca mil)

Cutián seica queda en Cesuras e non sei como fixemos para chegar onte alí, pero chegamos. Atopámosnos con racións (das boas) de churrasco, viño, pan, xeado, dúas servilletas, unha toalliña destas alimoadas para as mans e dous escarbadentes ao módico prezo de 8 euros. Tamén vimos por alá aos bombeiros de Abegondo, concello que ten un escudo digno de ver, que estaban atentos á parrilla e dando conta do churrasco.




"Por que se andan pelexando as rapazas?. Por que vai ser? Non ves que esta lle comeu un criollo que era da outra?. Puta, trae aquí, que é meu!!. Bufff, menos mal que estamos a falar de chourizos namais. Cando hai fame..."


Non chegou o sangue ao río e fomos dereitiñas ao bochinche...así enfocaba tan mal a cámara, que nos iamos en perfectas condicións. E por alí andivemos ao son das dúas orquestas que había: Panorama e París de Noia e aquí hai un momento da noite, un de tantos.

Fixemos amigas, fixemos amigos, saltamos moito, intercambiamos direccións de correos no medio do campo da festa e non sei como, rematei coa bufanda de plástico esta.

SOY UNA TAZA, UNA TETERA, UNA CUCHARA Y UN CUCHARÓN!
UN PLATO HONDO HONDO, UN PLATO LLANO LLANO, UN CUCHILLO Y UN TENEDOR!


8/08/2006

Praias accesibles en Galicia

Aquíe aquí.

Noxo

Hai dous anos tiven unha compañeira que era de Valencia de Alcántara (hoxe coñecido por ser lugar de orixe de Soraya, a do "Poyeya"). Contoume que no 2003, cando houbera tanto incendio por Portugal e en zonas que lles quedaban preto, chamaran a Junta de Extremadura para dar conta do feito, pero como o lume aínda non traspasara fronteiras, non lles entraba nas competencias. Cando pasou a territorio de competencia foi tarde, o vento e a pouca previsión fixeron que ardera moito monte por alí, moitas familias que dependían do alcornoque (sobreiro...pra falar como é debido) viron como a súa fonte de vida se queimaba.

Daquela, esta rapaza contábame como por aquelas terras comparaban o desastre ao do "Prestige" en Galicia. Lembraba entón un incendio: a devesa que tiñamos ao lado da casa queimábase. Era e é o único recordo que teño de lume en primeira persoa, case non lembro nada de cando era pequena pero diso non me esquecín.

A min non me gustan os eucaliptos, a min non me gusta o feísmo da terra, igual tampouco estou contenta co goberno (nunca o estamos, cousa máis ou menos normal), pero non por iso ando a prender lume de noite.

Dádesme noxo, asqueádesme, mándovos ao inferno e ogallá exista e vos queimedes nel, merdentos.

8/02/2006

O post malnacido

Este post vai por todas as cousas que unha anotaría a man nun diario, para voltar a lelas tempo despois e ver as mamarrachadas que pensaba daquela.

Non son así, so que ás veces desvanézome na putrefacción do tóxico...

Si que volvemos



Aos feitos me remito e, de novo, paseino de pinga. Terei que voltar outra vez máis a Vigo adrede para ver a xente que quero ver, o cal non me disgustará en absoluto. E en caso de quedar en Castrelos creo que xa sei chegar: esquerda, esquerda, dereita...ou non? Gracias aos dous conductores que me levaron (cada un de súa vez) e a compañía que acompañou.

E xa que de todo se aprende, hoxe mercarei isto.


O que o queira ver que o clique, que xa me está rompendo a cabeza.


She refused to be bored chiefly because she wasn’t boring.

8/01/2006

12 horas en Compostela


Gracias a todas/os por un día tan cheo de tantas cousas agradables, que da gusto o "majos" que fomos todos. Agardo que non teñamos que dicir algún día o de "amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale". Ou si, que significaría que podemos dicirnos as cousas sen andar rosmando por detrás, eso sería unha bonita comunidade.



Porque o blogaliza, o blogomillo, somos todos.


E porque levo moi bo recordo de todo o mundo. Dalgunha xente levo máis imaxes que conversas, doutra, conversas e ganas de repetir compaña. De novo, gracias.


Por aquí hai máis crónicas da xantanza e camiñatas postcafé.


E volvendo ao presente, hoxe é o meu primeiro día de vacacións despois de dous anos e choveu, encántame. Mañá, como dixo algunha que outra vez Pemán, pode que chova ou pode que non e quedaremos igual que estabamos.

Apuntamentos sen xeito ningún que non veñen ao caso e que debían estar no post anterior:

"-É que eu son moi cortada e claro, non era quen de dicirlle que...

-Cortada ti??? A min dame a risa, cortada onde ho?- breve silencio.

-Aquí abaixo! Cortada aquí abaixo, ti non??"

by la panda de la pachocha