
"Por que se andan pelexando as rapazas?. Por que vai ser? Non ves que esta lle comeu un criollo que era da outra?. Puta, trae aquí, que é meu!!. Bufff, menos mal que estamos a falar de chourizos namais. Cando hai fame..."
Non chegou o sangue ao río e fomos dereitiñas ao bochinche...así enfocaba tan mal a cámara, que nos iamos en perfectas condicións. E por alí andivemos ao son das dúas orquestas que había: Panorama e París de Noia e aquí hai un momento da noite, un de tantos.
Fixemos amigas, fixemos amigos, saltamos moito, intercambiamos direccións de correos no medio do campo da festa e non sei como, rematei coa bufanda de plástico esta.
SOY UNA TAZA, UNA TETERA, UNA CUCHARA Y UN CUCHARÓN!
UN PLATO HONDO HONDO, UN PLATO LLANO LLANO, UN CUCHILLO Y UN TENEDOR!
5 comentários:
Panorama
No cimo do monte eu vi
Um bizarro panorama
Uma "rapaza" igual a ti
Com a taça apagando a chama
De Pitiño
Para "Cando non hai..."
para o ano haberá que ir! Churrasco e a Paris de Noia, que máis se pode pedir!
Por certo, que chulada de camiseta.
Pero que festón tan tremendo e que envexa me dás! Como absoluto verbeneiro que son, declaro a miña intención de ir a Cutián para o ano que vén. E veña merengue, merengue...
preciosa camiseta a do land rover, moi `própria para isas çelebraçióms...
Di que si txari e a Cutián hai que ir, eu xa me aficionei e mira que non son nada verbeneira.
Pés de naufragha encantada pola visita :)
Enviar um comentário