9/16/2007

Unha noite na ópera



O venres fomos á ópera a ver Don Pasquale de Gaetano Donizzeti, unha ópera bufa. Nunca fora antes e resultou ser unha experiencia do máis agradable que non me importaría repetir. O Palacio da Ópera estaba practicamente cheo e, na miña ignorancia, pensaba que ía estar copado de xente estirada, mais non foi así, loxicamente. Entre as persoas que ían vestidas como se fosen a unha festa, había unha boa morea do tipo "arreglado pero informal", xente máis maior, xente máis xove e para a miña sorpresa, nenos de arredor de 8 anos.

E comezou a Orquesta Xove da Sinfónica de Galicia, baixo a batuta de Marcello Panni, a dar o La e aí comezamos a disfrutar da ópera. A interpretación das personaxes foi xenial, destacando a un Don Pasquale (Alfonso Antoniozzi, barítono) moi gracioso e considerado como "o mellor barítono bufo italiano" según Il Corriere della sera e a unha pizpireta Norina (Patrizia Ciofi, soprano) que non deixaba de saltar, corretear e moverse polo escenario mentres un chorro de voz impresionante saía do seu corpo. Gustoume moito tamén a personaxe de Doutor Malatesta (Fabio María Capitanucci, barítono) e por suposto Ernesto (Celso Albelo, tenor), tremenda voz que ten este home. Polo que puiden saber é un tenor lírico, como era Alfredo Krauss, e ten unha voz clara, aguda...preciosa, en definitiva. A destacar tamén, a actuación de Pablo Carballido (tenor) no papel de notario que actualmente é profesor na Escola Municipal de Música da Coruña e que no seu día realizou a estrea, en recital, do aria de Pedro da ópera Inés e Bianca, de Marcial de Adalid, nunha gala a beneficio dos damnificados polo Prestige. Sen entender de voces, disfrutei moito dos cuartetos que se marcaron os cantantes e, moi especialmente, de Ernesto e Norina cantando xuntos. Tamén o coro foi espectacular, 40 persoas cantando ao unísono cunha posta en escea moi divertida.



En total durou 3 horas, con descanso incluído, que non se fixeron pesadas en absoluto. Gustoume moito e quedei admirada do tremento traballo que supón facer un espectáculo coma este e a cantidade de xente involucrada, a Orquesta (magnífica), os cantantes, o vestiario, a escenografía, iluminación etc



Entre asistentes ilustres destacar a Brais, cantante de Loretta Martin, e a González-Garcés, todo feliz pululando e saudando no descanso.

Sinopse de Don Pasquale

González-Garcés no seu esplendor

11 comentários:

Ra disse...

Bendita ópera.
Un abrazo Besbe!

Zerovacas disse...

brais e gonzález-garcés... Menuda parella

Elianinha disse...

Eu tamén fun á ópera por primeira vez o ano pasado, contra a miña vontade, en Praga. Pensei que ía aburrirme mooooooito, pero en cambio, vin encantada. Aínda así, comparto o teu matiz de "non me importaría repetir" e non afirmo un "estou desexando repetir". Que conste que a que vin eu era A Traviatta en Italiano e subtitulada en checo, pero pillei o argumento do Amatto Alfredo...

Mario disse...

Hai que recuperar a ópera para as clases populares e arrincala das maos das señoras con visón. Eu tamén fun por primeira vez o ano pasado (Don Carlo, que ten até interpretación antimperialista) e estou desexando repetir.

An disse...

a primeira vez que fun a opera, pensei o mesmiño ca ti, e de certo tocoume xusto detras duns estirados, pero, non todos eran dese xeito, a ultima a que fun podia ver unha morea de xente de todos as clases e condicións...Se tes oportunidade de ver a frauta maxica...non duvides ir.
Bicos

Unknown disse...

Teño ganas de ir a unha opera. Non me cuadrou nunca.

Brais, asistente ilustre? Mimá, que nivel.

uN bico

TXARI disse...

sempre tivem ganhas de ir e se cadra os mesmos prexuicios que tinhas ti antes de ir...heime de animar!!

torredebabel disse...

convídovos a facer un paseo polo ballet. Sexan os clásicos ou algo máis contemporáneo. É tamén fabuloso!!!

Jan disse...

Que ben sona Besbe!!! Daban ganas de estar aí; eu aínda no fun nunca a ver unha ópera, mais nunca é tarde, imaxino!

Marinha de Allegue disse...

A Ópera!!! fantástica!!!.

Unha aperta senhorita.
;)

A rapaza do arco disse...

é unha mágoa deixar de disfrutar de cousas así pola imaxe chunga que se nos transmite delas, eu concordo con Mario.
Tamén parece que os concertos de música clásica son un peñazo e o caso é que cando vas o tempo pasa voando. Pero claro, todo iso tiven que aprendelo xa de grandiña e vencendo a idea que tiña antes :)