9/29/2009

Nocilla

Nocilla Dream realmente é iso, un bote de Nocilla con leite, cacao, avelás e azucre. É unha mestura de posts con ligazóns, con citas, con contos e cun fío conductor: un álamo que me enfeitizou.

En efecto, técnicamente su nombre es US50. Está en el Estado de Nevada, y es la carretera más solitaria de Norteamérica. Une las localidades de Carson City y Ely atravesando un desierto semimontañoso. Una carretera en la que, hay que insistir, no hay nada. Exactamente nada. 418 km con 2 burdeles en cada extremo. Conceptualmente hablando, en todo el trayecto sólo una cosa recuerda vagamente a la presencia humana: los cientos de pares de zapatos que cuelgan de las ramas del único álamo que allí crece, el único que encontró agua.

Enfeitizoume ese álamo, a historia que Agustín Fernández Mallo lle regala e o feito de que me faga lembrar Espectro e Big Fish.

O mellor de todo é que a árbore existe.


9/21/2009

Físicas poéticas II





A poesía verdadeira estaba do outro lado da rúa: unha parra no medio da cidade.

Físicas poéticas I


A poesía, fisicamente, tampouco se crea nin se destrúe, so se transforma. Aínda está por ver se acada o equilibrio.

Harold & Blúm



J. S. de Montfort & Ángela du Pré, chorrazos de auga fría recitando a Luís Pimentel.



9/10/2009

Somos punkis

Dixo hai uns días unha amiga que Inditex decidiu esta tempada que as adolescentes serían rockeiras/punkis.

Tati Mancebo
está propoñéndonos que esta tempada sexamos Culturpunkis.

A min paréceme unha moi boa idea, eu tamén quero Culturgal 2009.

9/04/2009

O mes de remexer

Este para min é un mes de remexer: remexer nas fotos, remexer nos recordos, remexer nos días de vacacións, remexer nos festivos que quedan por diante, remexer entre os números do almanaque, remexer ideas na cabeza.

Hoxe tocou remexer agosto e despois de moito buscar botei de menos o Artenativa. Tiven que recurrir ao consabido baúl dos recordos e atopei a Projecto Mourente e a The Homens (sen raias, por espontáneos) tamén remexidos.

Festivalga (porque Valga era unha festa)


Xa sei, hai festivais a fartar, pero neste pasábase tan ben...

9/02/2009

Cine e lecturas desacougantes

Desacóugame.
A el inquietouno o Ensaio sobre a Cegueira de Saramago.
Entón póñome a pensar en libros que me desacougasen, que me revolvesen as tripas anque so fose un pouquichiño e fago unha lista pequena na que se admiten suxerencias:

1.Ensaio sobre a cegueira-José Saramago
2.El señor de las moscas-William Golding
3.Pedro Páramo-Juan Rulfo
4.Crimen y castigo-Fiódor Dostoievski
5.A sangre fría-Truman Capote
6.El tambor de hojalata-Günter Grass
7.La identidad-Milan Kundera
8.Diario:una novela-Chuck Palahniuk
9.Cuentos Completos-Julio Cortázar
10.Putas asesinas-Roberto Bolaño
11.La larga marcha-Stephen King (cando escribía baixo o pseudónimo de Richard Bachman)
12.La carretera- Cormac McCarthy


Despois doume conta de que as seis primeiras novelas xa teñen as súas correspondentes películas adaptadas.

Ensaio sobre a cegueira



El señor de las moscas



Pedro Páramo


Crimen y castigo


A sangre fría


El tambor de hojalata


Kundera e Palahniuk teñen outras novelas que tamén foron convertidas en filmes.

La insoportable levedad del ser


El club de la lucha



Tamén hai un montón películas baseadas en contos de Cortázar, que semella ir competindo con Stephen King en canto a fonte de inspiración á hora de adaptar guións, de feito vin que hai unha curta que se basea en La noche boca arriba(Final del juego) de Julio Cortázar e no segundo volume da saga La torre oscura de Stephen King.

Blow Up (baseado no relato de Cortázar Las babas del diablo)


Perseguido (baseado en El fugitivo, tamén escrita baixo o pseudónimo de Richard Bachman e con Schwarzenegger de protagonista)


Seica Frank Darabont para o 2010 terá lista a versión para cine de La larga marcha e a Bolaño adaptaranlle Los detectives salvajes, seica.

E agora, de tanto rebuscar, remato atopando a Viggo Mortensen en La carretera