Desacóugame.
A el inquietouno o Ensaio sobre a Cegueira de Saramago.
Entón póñome a pensar en libros que me desacougasen, que me revolvesen as tripas anque so fose un pouquichiño e fago unha lista pequena na que se admiten suxerencias:
1.Ensaio sobre a cegueira-José Saramago
2.El señor de las moscas-William Golding
3.Pedro Páramo-Juan Rulfo
4.Crimen y castigo-Fiódor Dostoievski
5.A sangre fría-Truman Capote
6.El tambor de hojalata-Günter Grass
7.La identidad-Milan Kundera
8.Diario:una novela-Chuck Palahniuk
9.Cuentos Completos-Julio Cortázar
10.Putas asesinas-Roberto Bolaño
11.La larga marcha-Stephen King (cando escribía baixo o pseudónimo de Richard Bachman)
12.La carretera- Cormac McCarthy
Despois doume conta de que as seis primeiras novelas xa teñen as súas correspondentes películas adaptadas.
Ensaio sobre a cegueira
El señor de las moscas
Pedro Páramo
Crimen y castigo
A sangre fría
El tambor de hojalata
Kundera e Palahniuk teñen outras novelas que tamén foron convertidas en filmes.
La insoportable levedad del ser
El club de la lucha
Tamén hai un montón películas baseadas en contos de Cortázar, que semella ir competindo con Stephen King en canto a fonte de inspiración á hora de adaptar guións, de feito vin que hai unha curta que se basea en La noche boca arriba(Final del juego) de Julio Cortázar e no segundo volume da saga La torre oscura de Stephen King.
Blow Up (baseado no relato de Cortázar Las babas del diablo)
Perseguido (baseado en El fugitivo, tamén escrita baixo o pseudónimo de Richard Bachman e con Schwarzenegger de protagonista)
Seica Frank Darabont para o 2010 terá lista a versión para cine de La larga marcha e a Bolaño adaptaranlle Los detectives salvajes, seica.
E agora, de tanto rebuscar, remato atopando a Viggo Mortensen en La carretera

2 comentários:
E fago uso de Eduardo Galeano, por exemplo.
Hi Besbe, non sin tempo...ois ti chulísimo el new look iste ( moito mellor que o último cambio)..tudo bem..? pois mellor asim.
PD. Leí este verán o libro de McCorman " A carreteira", e gustoume moito,...pero teño medo da película e agora que vin o trailer que publicaches..ainda máis, je...
Nada mais, Bicos e coma sempre Greettings dende o sul
PD. antes de final de ano haberá evento RM !!! xa che avisaremos pero visítanos de cando en vez..bye
E
Enviar um comentário