11/25/2009

O coitelo do Matachín

De todos é xa sabido que o 25 de novembro denúnciase toda clase de violencia contra as mulleres. A miña aportación desta vez é un microrrelato titulado O coitelo do Matachín que vén de gañar o VII Certame de Microrrelatos da Lonxa Literaria de Moaña, que me parece que andan a estrear nova páxina.

Foi unha gran sorpresa e alegría saber a nova e dende aquí quería agradecer o apoio dos amigos á hora de animarme a facer aquelo que quero, á Lonxa Literaria polo traballo que fan, ao xurado do certame e tamén compartir a miña ilusión con todos vos.

11/19/2009

Meme do libro galego e portugués

An manda un meme, o do libro galego e portugués, comezado por Manuel. Sortearase un libro entre todos os que comenten nesta entrada o día 30 de novembro. Manuel apuntaba que sería ben que o libro escollido para sortear fose dalgún autor ou autora da zona.

Vivo na Coruña e foi aquí, da man de María, onde coñecín a Diego Ameixeiras. Así que, como o rapaz me caeu ben, decidín que o libro que vou sortear será Dime algo sucio.

Suponse que debería pasar o meme a outras persoas, pero como a blogomorgue anda moi morrida, os zombis que anden por aí e lean isto, se lles apetece unirse a este meme, que se unan, e se non a comentar neste post, mortos vivintes, que se sortea un libro!!