An manda un meme, o do libro galego e portugués, comezado por Manuel. Sortearase un libro entre todos os que comenten nesta entrada o día 30 de novembro. Manuel apuntaba que sería ben que o libro escollido para sortear fose dalgún autor ou autora da zona.
Vivo na Coruña e foi aquí, da man de María, onde coñecín a Diego Ameixeiras. Así que, como o rapaz me caeu ben, decidín que o libro que vou sortear será Dime algo sucio.
Suponse que debería pasar o meme a outras persoas, pero como a blogomorgue anda moi morrida, os zombis que anden por aí e lean isto, se lles apetece unirse a este meme, que se unan, e se non a comentar neste post, mortos vivintes, que se sortea un libro!!
Vivo na Coruña e foi aquí, da man de María, onde coñecín a Diego Ameixeiras. Así que, como o rapaz me caeu ben, decidín que o libro que vou sortear será Dime algo sucio.
Suponse que debería pasar o meme a outras persoas, pero como a blogomorgue anda moi morrida, os zombis que anden por aí e lean isto, se lles apetece unirse a este meme, que se unan, e se non a comentar neste post, mortos vivintes, que se sortea un libro!!
23 comentários:
Pois quero número para ese sorteo !.
Pois, por pedir, eu quero outro.
Eu tamén tomo nota. Apúntome.
Un saúdo besbe.
Eu acabei de lelo onte... asi que non me anotes! Pero parabens pola inicativa
Diego e moi bo rapaz, si señor, eu coñecino en Santiago, apuntome, apuntome. Un bicazo
Pois veño por un númeriño para ese libro con ese títuloo tan suxerente.
Voltarei por estes lares.
Xa tes número para o sorteo do meu libro.
Un bico
Eu non quero participar, que teño MOITO por ler na casa e de seguro outros o van apreciar máis... pero parabéns pola iniciativa, besbe (e predecesores)!
Non lin nada de Diego Ameixeiras así que esta pode ser unha boa ocasión.
Dame número, pois!
así me gusta señores e señora, que se anime o cotarro!! Que me lo quitan de las manos, que me lo quitan de las manos!
xa que o pós así, sin condicións, eu tamén quero número para axudar a quitarcho das mans. e se me toca espero aprender a decirlle algo sucio á miña desexada enigma, que tan toliño me trae
pois veña Arela, a ver se hai sorte e sorprendes a Enigma cun regaliño :)
En fin, terei que esperar ata o 30 para mercalo.
Chego a tempo?
Bicos!
eu tamén quero! :P
Noraboa, que modesta me eres...no vas decir nada eiqui ???
Ben, o contaremos nos proximamente
A Madriña bless you Besbe
Quén dá a ves? Apúntome :)
Parabéns polo premio recibido.
premio...uoooo, pois parabens Besbe
A Madriña, apicultor, An bicos por mil! Avisados quedades que tamén entrades no sorteo, que está a cousa que ferve e vai quedando menos para o 30.
Eu tamén pido número e de paso lembro que en C'mmons baby! teño en marcha tamén un concursiño con premios!
Que maneira máis intelixente de sumar comentarios ó blog. Por suposto, é de agradecer a xenerosidade da oferta. Non abundan nestes días esta entrega de páxinas entre tanta crise e tanta choiva que estraga os libros do BookCrossing. Eu non sei se chegarei a tempo pero xa que estou aquí, súmome á campaña. Gosto do estilo de Ameixeiras aínda que aquel detective que andaba pola Auria non me caía simpático.
estamos todos e todas?? ata as doce isto non pecha, así que agardo e mañá o resultado do sorteo :)
Agora xa si que estamos todos :) Casualidades da vida que o Google Reader mandoume para aquí a 25 minutiños de rematar o concurso... Apúntame!! :)
Enviar um comentário