Mostrar mensagens com a etiqueta flora e fauna. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta flora e fauna. Mostrar todas as mensagens

8/24/2009

Coleccións

Unha vez rematado O museo da inocencia decátome de que eu tamén teño coleccións, nunca chegarán a ser tan grandes coma a que Pamuk relata, pero están formadas por obxectos que gardo coma se fosen auténticos tesouros (son auténticos tesouros) e que etiqueto na miña memoria cos recordos que emanan: a historia dunha bufanda, a dun post-it, a dun libro, a dunha cinta, a dun CD, a dunha caixa de bombóns, a historia desas postais, a de todas esas fotos, a dunha chapa...

Penso no Museo da inocencia e en Istambul. Os gatos de Istambul, sen telos visto, lémbranme aos gatos que viven entre a Dársena da Marina e o Dique de abrigo na Coruña. A xente déixalle potas con macarróns e cousas así. Outros danlle de comer ás pombas.

O caso é que Pamuk non fala dos gatos en todo o libro, así que eu non falarei das ratas que vimos preto das Esclavas.



8/18/2009

Os documentais da 2

Adícome a ler, a pasear, a ir ver as Perseidas, a ver pelis e series, a ir a algún concerto, a algunha festa, a ir á praia cando todo o mundo se vai e a facer documentais para a hora da sesta.

Caranguexo Ermitaño

10/10/2008

Impactada

Isto é un geoduck, unha especie de ameixa enorme que pode vivir 146 anos tan tranquilamente. Alá pola China, Corea e Xapón cómenos tan panchos e tan anchos, ríome eu dos que lle teñen noxo aos percebes.



Vía Dark Roasted Blend.



10/31/2007

Máis setas


e de paso unha visual á casa de W. Sobchack neste outono seteiro:

Outono II
Searching cogumelos


10/25/2007

Tempada de setas


seta, por besbe.

Se alguén me di o nome de todas, moi agradecida, porque hai algunhas ás que non llo sei.

2/11/2006

Ameneiros, salgueiros e bidueiros.


E pensar que cando ía ao muíño coa miña avoa tiña moi claro que árbore era cal. Ultimamente cada vez que vía un ameneiro, un salgueiro ou un bidueiro, pensaba que sería un ameneiro, un salgueiro ou un bidueiro, pero facíame un lío patatero porque a cabeciña non quería lembrar cal era cal.

Encántanme as árbores. Teño un especial recordo do carballo que tiñamos diante da casa, toda unha institución. Chorei cando caeu e aínda é hoxe o día que penso na miña casa e na fotografía mental que me fago está el aí.

E seguindo co tema, a fotiño en cuestión é da miña man e de dous madroños despistados que se deixaron caer por alí. Seica os osos se comían moitas follas dos arbusto este, andaban medio mal (a min dixéronme penecos), porque o madroño ten taninos. Deixaremos o tema para entendidos en viños e botánica.

2/03/2006

Xestas


Dúas preguntas nada máis:
1.¿Cal é o equivalente a "xestas" en español?
2. ¿Alguén sabe cal sería o motivo para facer estes nós nas xestas? (Situadas no camiño cara a fervenciña do río Toxa, estaban todas así)