Todos temos a necesidade de que alguén nos faga caso
2/03/2006
Xestas
Dúas preguntas nada máis: 1.¿Cal é o equivalente a "xestas" en español? 2. ¿Alguén sabe cal sería o motivo para facer estes nós nas xestas? (Situadas no camiño cara a fervenciña do río Toxa, estaban todas así)
Xa seguia o teu blog desde hai unhas semanas pero hoxe si que teño unha boa razón para contar.
Hai uns días alguén algo máis maior ca min dixo que o dos nós nas xestas era un costume das parellas que ían amarse ás agochadas.
Créalo ou non eu vin cos meus propios ollos iso mesmo no concello de Trazo preto dunha capela abandonada, que por certo ten sona porque nela facíase (faise?) unha romaría popular todos os anos (non é moi popular pero a xente segue indo) a coller auga, que disque ten propiedades curativas ou milagreiras.
Non sei. A min estas cóusames tráenme ao pensamento aquilo do cervo nas cantigas medievais, a roupa a lavar, a muiñada... Outro símbolo máis da nosa cultura.
Que opinas?
PD. Eu tampouco sei como se chaman as xestas en castelán! Pero en português é giesta e penso que teño visto que en latín era genesta.
As xestas chamanse retama en castelan. Xesta ven do latin genesta. Eu sabia dun costume que era facer un no coa man esquerda a todalas xestas que topabas de caminho para pedir home para casar. Espero aclararche algo as tuas dubidas. Un saudo.
Busquei pola rede adiante e topei unha ligazon onde di que as mozas casadeiras fun un no cun dedo nas xestas para casar dali a un ano. Aqui che deixo a ligazon
7 comentários:
Ola Besbelhinha
Xa seguia o teu blog desde hai unhas semanas pero hoxe si que teño unha boa razón para contar.
Hai uns días alguén algo máis maior ca min dixo que o dos nós nas xestas era un costume das parellas que ían amarse ás agochadas.
Créalo ou non eu vin cos meus propios ollos iso mesmo no concello de Trazo preto dunha capela abandonada, que por certo ten sona porque nela facíase (faise?) unha romaría popular todos os anos (non é moi popular pero a xente segue indo) a coller auga, que disque ten propiedades curativas ou milagreiras.
Non sei. A min estas cóusames tráenme ao pensamento aquilo do cervo nas cantigas medievais, a roupa a lavar, a muiñada... Outro símbolo máis da nosa cultura.
Que opinas?
PD. Eu tampouco sei como se chaman as xestas en castelán! Pero en português é giesta e penso que teño visto que en latín era genesta.
As xestas chamanse retama en castelan. Xesta ven do latin genesta.
Eu sabia dun costume que era facer un no coa man esquerda a todalas xestas que topabas de caminho para pedir home para casar.
Espero aclararche algo as tuas dubidas.
Un saudo.
Busquei pola rede adiante e topei unha ligazon onde di que as mozas casadeiras fun un no cun dedo nas xestas para casar dali a un ano. Aqui che deixo a ligazon
http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=475
Moitas gracias aos dous, encantoume saber que os nós si tiñan un significado, !e que significado¡
De nada, guapa. A servir.
A min gústame que se manteñan certos ritos, que son parte da nsoa cultura como di calidonia, pero parece que todo se está perdendo, que todo se esvae.
Isto reflexáo moi ben acedre no seu post "Día da Candeloria(nos EEUU día da marmota)" e parafraseando:"Pero agora somos mui listos."
Pérdese todo, os colares de castañas dos cales xa non me lembro, dos magostos, dos maios, de rosear a casa o día de San Xoán...eu que sei, mil cousas.
Globalización e non escoitar aos maiores, que son moi maniáticos e que parvicies teñen.
É verdade, pero como eu sabía era que, se dás feito o nó cunha man soa, sáeche ben e casas. Se non, outra vez será...
Enviar um comentário