2/07/2006

Nunca me deixo de sorprender

Hoxe marchei moito máis tarde do de costume para o traballo. A min gústame mirar os telexornais pola mañá e esas mesas de debates que fan despois das novas. Hoxe estiven mirando a TVG, e xa estaban coa entrevista esta que fan e pillei case o final de todo. E a quen estaban entrevistando era a Carlos Figueiras. Mamaíña como mudan as cousas.

Eu non é que estea moi de acordo co tema este da lusofonía, non sei por onde deberían ir os tiros a verdade, pero tampouco me parece mal de todo. Eu o único libro que lin en portugués foi o "Ensaio sobre a cegueira" do Saramago (encantoume a todo isto).

A min o que non me gustan son estes neofalantes que se cren máis ca ti porque falan un galego superpuro, porque son superguais, porque son os auténticos, porque son alternativos e mil cousas máis podería dicir...Ás veces parécenme unha farsa, outra secta máis. Non en tódolos casos e eso, é unha opinión moi persoal. Simplemente que non me chamen paleta por non pensar calcadiño a eles.

Sobre a entrevista ao mozo este, sobraba o de "Obrigado, dise así ¿non?" do Carlos Fernández Amado....eso che tiña que dicir eu a ti "Grazas, dise así ¿non?" e a pregunta simplemente persoal e por curiosidade da Marga Pazos "¿Cal foi a túa lingua materna?". Pff, outras cousas non mudan non.

3 comentários:

Fer disse...

Eis!
Eu som neofalante e orgulhoso que estou!
Som filho de emigrantes e achei no galego a lingoa nai que nom sentia no castelam. Dacordo que há alguns neo que fam um proseletismo parvo, pero isso nom quita muitos somos humildes e sempre respectamos aos que tenhem o galego coma lingoa nai.

besbe disse...

Eieieieieieieiei! Que no, que no...que eu non quería xeralizar nin nada diso, que por unha parte admiro á xente neofalante e todo o que fai, xa que moitos axudan a que o galego saia ben parado. So me sacan do sitio aqueles que pensan que o que defenden eles e o único que é correcto, hai moitas variables que inflúen no discorrer da historia (do idioma, do país...do que sexa) e precisamente por iso a min rebéntame abondo cando me miran así de reollo por meter unhas gheadas e uns castelanismos que non deberían estar onde os poño eu, a ver se non vou poder falar como me sae...

Nada en contra ¿eh? Só son sentementos internos que aquí se fan algo públicos.

Un bico. Ou dous se fan falla.

Fer disse...

:)
O mesmo digo.
Coma toda lingoa pode-se fazer umha crítica académica a tal ou qual fenómeno, como os castelanismos, pero marcas fonéticas como a gheada nom som criticaveis!

Um bico a ti também... ;)