Non volo dixen pero eu xa me disfracei o sábado pasado.
Estábame lembrando eu como corriamos os entroidos cando era pequena, iamos os rapaces da parroquia (curiosa división territorial) vestidos todos con trapos da avoa e coa cara tapada, cun cestiño para os pesos, as ourellas e as filloas e cáseque todos coa súa pandeireta de rigor. E arreando, casa por casa a petar na porta, a pedir que nos desen algo e sempre nos pedían o mesmo: que lle botásemos un baile.
Pedazo de artistas...os da pandeireta a darlle forte, os outros a botar unhas muiñeiras bailadas malamente e cos brazos ben arriba e chiscando os dedos e o do cestiño, meu pobre, mirando como caían as filloas e as ourellas (en cada casa son de súa maneira)
Agora van miña nai e as amigas a correlo entroido. Non estaría mal volver a facelo. Aos velliños íalles facer ilusión e todo e á xente no fondo gústalle, anque os despertes cando están moneando despois de comer.
Tamén é tempo de antroidadas, e xa vexo que fai 25 anos tamén eran dados ao tema.
¡E veeeeeeeeeeeeña, ide remexer no faiado que seguro que hai algún trapo!
2 comentários:
Quen me dera correr o entroido !. Neste pais suponho que estara proibido e podo levar un tiro por merodear casas alleas.
Fixechesme lembrar cando corria o entroido con amigos da parroquia. Eu empecei tarde que antes vivia en Vigo e estaba proibido. Ainda agarrei algunha peneca co vinho que nos daban polas casas. Que lembranzas !.
Por aí o máis parecido será o Halloween ¿non? E tamén que picardía o de darlle viño aos pequenos...¡dende logo! Polo menos sería do pipote, digo eu.
Enviar um comentário