2/18/2006

A Viagra tamén vale para algo máis


Resulta que existe unha enfermidade chamada fibrose quística e entre os seus síntomas, os máis significtivos son os respiratorios. De tódalas cousas que ocorren nos pulmóns, unha é o estreitamento das pequenas arterias pulmonares e a menor calibre máis resistencia ao paso do sangue que ven do corazón (ventrículo dereito) que leva tamén a unha insuficiencia cardíaca co conseguinte aumento do tamaño do músculo do corazón. A ver, o corazón ten que bombear máis forte para que entre o sangue necesario.

Nunha erección, o que pasa é isto: estimulación sexual, relaxación e dilatación das arterias do pito en cuestión e aumento do fluxo sanguíneo a esa zona. Moito sangue entrando e pouco saíndo e bunda, bunda, treme-bunda.

Acción do sildenafil (Viagra, trademark): inhibe unha enzima. Esa enzima, a fosfodiesterasa-5 o que fai é bloquear o músculo liso das arterias o que impide a súa relaxación. Eso é o que teñen en común as pirolas mailos pulmóns.

É incrible que un grupiño de átomos unidos así tan panchos poidan influír tanto no conxunto que forman todos eles.

Dicir tamén que a Viagra non é milagreira, fai falla moito máis que a súa acción en solitario e tampouco é imprescindible. Coma todo.

5 comentários:

Fer disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Fer disse...

Tenhem mais cousas em comum: Há quem perde o bafo quando o coraçom está noutras labores...

besbe disse...

Canta razón, canta razón e na cabeza agólpanse moitas cousas así de súpeto. Buf, buf non son horas de poñerse a cavilar :)

Ghanito disse...

Bo, agora, cando faga falta xa temos desculpa na farmacia:
"esta fibrose quística non me deixa tranquilo..."

besbe disse...

E falando do tema, o que me contaron o outro día.

Nun despacho de avogados que se cruzan na porta dous velliños de 75 anos ou así ¿non? E pregúntalle un ao outro despois dunha breve conversa:

"-¿E que tal a Viagra?"
-Na casa ben, pero fóraaa....non vexas."