2/25/2006

En conmemoración tardía


Veño de ler esto e como o 21 foi o Día da Lingua Materna ei vai outro caso do que pasa cando non tes moi claro por que falas outra lingua que non é a túa.

Nai: "A ver, ¿quién fue el que mojó el trapo?"
Fillo: "Ay, yo no lo mollé"

Hai que usar a lingua, para o que sexa, pero como é debido.

5 comentários:

O Breogán de Gáidil disse...

En fin, nese caso é terrible, pero tiven a sorte de impartir clase na zona do Barbanza e escoitar ó nenos e as nenas dicindo nun galego totalmente anti-normativo "Profe, xa acabín os exercicios".

Se xa é fermoso escoitar a un rapaz/a falando galego, o é aínda máis cando usa as variación dialectais da zona. É cando te dás conta de que a lingua está viva de verdade.

acedre disse...

O caso mais gracioso que me contaron desa zona e o dun profesor que lle pregunta a un rapaz por que chega tarde a clase e o rapaz dille: Parin polo caminho...

Nemeth disse...

En Manzaneda meten os pais no forno (normativo, pans)... meu tío dí millois. En troques, a miña nai que é de pouco km, xa di millós...

por certo, besbellinha... a ver se en vez de 'quien mojó el trapo' era 'quien mejó el trapo'... que xa o teño ouvido (unha prima galegofalante no primeiro ano de escola... tal era o barullo que tiña a coitada)

apertas

acedre disse...

Por terras de Viana dician que ian as feiras a mercar porcos e que lles saian "bois" (no canto de bons ou bos).

Anónimo disse...

Con respecto as variedades dialectais, haiche casos realmente curiosos. Tamén se dan casos de “illas”, e dicir, zoas que, están dentro dunha área dialectal, pero, non embargante, alí fálase segundo o xeito doutra zoa. Por exemplo, en Redondela, na parroquia de Trasmañó, falan igualiño, igualiño, que en Cangas do Morazo. “O sego colleu o caso do leite coa man”. E é ben curioso, porque no resto de Redondela, nas restantes parroquias, non hai nin faisca de seseo.