
Regaláronme por Reis un libriño que aínda non lin: "Jerusalén" de Selma Lagerlöf, primeira muller á que lle deron o Premio Nobel de Literatura. Foi no 1909. Xa choveu.
Estiven mirando o libro, que para min promete, e resulta que esta muller tamén escribiu "El marabilloso viaje de Nils Holgersson a través de Suecia" feito a encarga para espertar o amor por Suecia nos escolares. Tremenda idea.
A foto en cuestión ven sacada de aquí, xa dirán por onde queda e que tal se come por eses lares.
As conclusións de hoxe son: outro libro para mercar, que envexa os que están fora e que parviña por non coñecer todo o que hai nesta terra.
5 comentários:
Por certo, hai unha nena máis en Suecia:
http://facendomeosueco.blogspot.com/2006/02/xiana-linna.html
Para cando necesites facer un agasallo, é unha boa proposta o libro de Garcia Márquez "Doce cuentos peregrinos". Di cousas como:
"Hay amores cortos y amores largos. Este fue corto"
ou
"El amor es eterno, mientras dura".
http://peneiras.blogspot.com
Un saúdo
Tamén Bryce Echenique: "Te amo para siempre ahora".
Visito por primeira vez o seu blog e descubro que cadramos nos gustos, cando menos, televisivos:
Fraguel Rock, a mellor serie da historia.
Nils Holguersen, que eu vía en debuxos hai mooooito tempo e que me flipaba. Tamén quería voar
Trátame de ti por favor, non me fagas coma o neno do supermercado :"Señora...." madre de dios, e era bastante máis nova, e aínda me lembro hoxe.
Suecia e un pais que me atrae. Nunca estiven por ala pero conhecin xente dala e debe de ser mui bonito e distinto. A muller do finado Carlos Casares e sueca e debe de ser unha boa persoa.
Acedre nin e feo nin e bonito. A traves dos meus ollos e das minhas experiencias pareceme bonito pero e unha opinion mui subxectiva, claro.
Enviar um comentário