9/08/2007

28 (desta vez si)

A min non me gustaba setembro porque había que voltar á escola e, cando era pequena, a mestra mandábanos facer unha redacción sobre como pasaramos o verán. Nunca tiña moito que contar e iso disgustábame.

Este setembro non hai mestra que me pida redacción e 28 chegou só, sen precisar de verán por medio. Se vos digo máis, sabedes tanto coma min.



Xa me contaredes que vos parece esta mestura de texto e fotos á que me refería aquí.

8 comentários:

An disse...

Noraboa polo novo inquilino...eu gustaba de escomenzar de nobo as clases...era o mellor do primeiro trimestre....logo os outros esmorecia co tempo e ia a peor :) un bico e unha aperta :)

A pirámide disse...

Vaia! Pagou a pena agardar ata setembro.
Vouno ler de novo.

O Breogán de Gáidil disse...

"28" encantóume. Tes madeira como para facer unha fogueira... ou un libro.
Bicos!

Anónimo disse...

Odio ler cousas longas na pantalla. Con todo lerei 28 unha segunda vez ou mais.
Agora entendo o silencio destes días e pagou a pena.

Agardo que os praceres da historia foran vividos e a dor só imaxinada.

besbe disse...

An, o inquilino era de prestado que marchou cos donos para o seu novo fogar despois de botar un mes na miña casa. A verdade é que o boto de menos.

A Pirámide, breogán e ghanito...a verdade é que me animades moito. Moitas gracias (e nada de fogueiras que este setembro xa ven moi quente)

Ghanito, en toda esa historia asegúroche que non hai máis ca risos, moi boas experiencias e moito amor. Moito. É moi boa cousa "28".

Anónimo disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
besbe disse...

Agradecida por non dorarme a píldora harvey, e os habitantes de 28 hai moito que me acompañan e non son impedimento para que ninguén me deixe de ver. Saúdos!

Zerovacas disse...

Quería lelo con calma, por iso non che puxen nada até agora. Gustoume. Moito. Xa cho direi persoalmente cando nos vexamos.
É curioso como a través dun texto de 40 páxinas podes coñecer moitas cousas sobre unha persoa, cousas que ignorabas, malia as conversas e os encontros máis ou menos casuais