Visto no twitter de Pablo.
Case que non utilizo o twitter para nada, infrautilízoo.
Ao mesmo tempo admírome das súas posibilidades. Hai quen nestes intres está lendo Rayuela de Cortázar a través de http://twitter.com/rayuela ou seguindo a Romeo e Xulieta. Mesmo xa hai quen escribiu novelas neste formato e no 2008 houbo un concurso de relatos de ciencia ficción: http://twitter.com/scifitwit.
Xa todo está inventado e reformulado, así que so queda probar.
1 comentário:
eu, sen embargo decántome máis polo twitter que por outra cousa...
a súa facilidade de uso e as múltiples aplicacións coas que está conectado fan del unha poderosa arma comunicativa
anímese a pasarse un chisquiño máis por alí, a súa presenza sempre é interesante ;)
Enviar um comentário