Hai formas de suicidio realmente atractivas:
rascar o pulso, abotoar o derradeiro botón da camisa
ou fumar un paquete enteiro de tabaco,
actitudes vitais que exerzo no absurdo.
Outros seica deciden masturbarse mentres se privan de osíxeno...e morren. O sábado pasado fun a Mera, cubriuse de néboa, de moita néboa. De estar o día claro ao outro lado vese A Coruña, vese a Torre, vense espellos que a fan bonita.
Oín as buguinas dos barcos, máxicas, invisibles, longas, a tronzar a néboa. Souben despois o que dicían. Quixera eu tamén que coñeceses, coma os barcos, a maneira de poder atoparte na néboa, de avisar da túa presenza, de que escoitases a buguina que che resposta e saber que non es o único que non ve nestes intres o camiño. Que te deixes acompañar.
Rearmarte.
7 comentários:
Fermoso...Entre a bretema agochanse os salaios perdidos e sen agarimo. saúdos e bicos
:) http://retouchresource.com/?p=21
e será el? de todos xeitos, case era mellor non sabelo.
:) rearmarse!
Lindo, Besbe.
Algúns vivimos na néboa...
Rober, ultimamente non me está a gustar nada a néboa, nada. Hai que saír dela.
Hai si, mais ás veces non se atopa a maneira e perdemonos nela...
Tentarei aprender dos barcos ;)
Enviar um comentário