6/04/2009

Viñan para salvarnos

Acontece, en todas as circunstancias, que viñan para salvarnos
con palabras de alento,
maleándonos brandas.
Despois vendéronnos e aplastáronnos
igual que os dinosaurios fixeron cos homes.

Viñan para salvarnos, a salvarnos da imposición dun idioma que esmorece, a salvarnos de Xurxo Souto, a salvarnos das Vacas Tolas e Caixas Negras, a salvarnos de libros, de teatro, de todo o que poida facernos pensar en Galicia, de todo o que nos distingue, de todo o que se fai aquí. Viñan para salvarnos despois das enanas vermellas.

Infórmannos
as lesmas, os dinosaurios, os que viñan a salvarnos,
que outro mundo non interesa

Pero éche o mesmo, isto foi o que se escolleu, porque seica estabamos fatal.

Arrólome mirando este teatro con papeis de mansas ovellas
e no fondo, matarilerilerón, dirasme “os cans pastores sempre foron tan bonitos...”

Actualizando: vía R.R. descubro Galician Rights Watch




1 comentário:

W. Sobchak disse...

o jodido é que hai moita xente que pensaba que si que tinhan que ser salvados e non lles parece escandaloso todo o que está a pasar... país, país...