1/24/2007
Kiwi-melón-kiwi-melón
E alegremente denosto a coca cola light (que pena que a creatividade ao final vaia a parar as mans dos ricos) pero levanto a miña man no kiwi-melón, son a primeira en facer as miñas propias versións.
Ao final, "la vida es como te la tomás".
1/23/2007
Megaloves

1/20/2007
María Pagés, "Canciones, antes de una guerra"
O flamenco é unha guitarra, é unha caixón, é unha voz que ás veces te rompe por dentro, é un home con porte que viste un traxe, un chaleque e nunca unha corbata porque é libre e, sobre todo, son as sombras das luces na silueta dunha MULLER, unha muller con maiúsculas á que non deixas de mirar. O pelo moreno -tanto ten recollido coma solto- os brazos infinitos, o corpo que se forma dentro dun vestido que ás veces deixa ver as pernas que rematan nuns zapatos de tacón sublimes.
Este venres fun ver "Canciones, antes de una guerra" da Compañía María Pagés e, dende o comezo ata a fin, a hora e media que durou, máis ou menos, de baile e música e danza non nos deixou de abraiar a todos os que estabamos alí. Eu non sei nin o que era que agardaba, nin a arroutada que me dou para ir (igual a descuberta de Bambino ou algo semellante, gracias a quen mo descubriu -CSI total- e a quen mo lembrou, véxase Snob), pero foi un non quitar os ollos do escenario. É incrible a forza que transmiten os taconeos, que mesmo ás veces estás á expectativa de que os fagan soar, as palmas, o son dunhas simples cordas de guitarra e o ritmo que imprimen os caixóns e máis incrible aínda é como o corpo se pode chegar a expresar.

O espectáculo está baseado en "Canciones para después de una guerra" de Basilio Martín Patino, censurado polo réxime franquista. A min gustoume moito, e así como detalle bonito: o sorriso dun bailaor que non deixou de amosalo en todo o tempo. Así da gusto :) Si, é o primeiro pola esquerda da foto de arriba, ou Emilio Herrera ou José Barrios ou José Antonio Jurado ou Alberto Ruiz. Eu penso que se chama Emilio, pero é unha suposición.
Con todo, dicir que non foi o flamenco que todos pensamos e para mostra un botón, que vos deixo o programa:
Boquerones del Alba - Angelillo
Blues Dingue - Henri Salvador
Tatuaje - Concha Piquer e cantada nesta ocasión por Ana Ramón
Guitarra Dímelo Tú - Atahualpa Yupanqui
Soleá de la Cueva - letra de Miguel Hernández
Publicidad - onde nos anunciaban o Cola-Cao e Polvos
Percusión luces - Atahualpa Yupanqui
Taranto para Mujeres - que é unha canción popular e que veu precedida dun "Vamos a acordarnos de Santa Cruz"...e a partir de aí non deixei de pensar de Sevilla e de cando quixen unha casiña pequena branca encalada en Almería (xa llo comentei a Kiko)
Soñar - letra de Antonio Machado
Nanas de la Cebolla - letra de Miguel Hernández e cantada por Serrat
Alegría - letra de Antonio Machado e popular, que cantaba José A. Carrillo, igual que Guitarra Dímelo Tú
When the saints marching in - Louis Armstrong
Imagine - John Lennon, cantada por Susana Ruiz (gospel mil)
Todo isto reinventando e adaptando o flamenco a estas músicas, que nunca é todo o que parece (gracias a deus ou a quen sexa).Despois de todo isto aplaudimos un montón (e non foron as palmas do comezo, que os coruñeses son dun exquisito que non sabedes vos ben, que como se retrasaban un pouco- e eso que aínda non chegara toda a xente- comezaron a darlle as mans a ver se comezaban...total, por un cuarto de hora de retraso, pareceume mal o das palmas, o do retraso tanto me tivo, que na taquilla aínda estaban dando entradas) e agasalláronnos cun Tengo una vaca lechera...encantoume, a pena máis pena, foi que tiven que ir soa. Ao meu lado estaba outra rapaza noutra tesitura similar, pero tanto tivo, que xa vos deixo a "Nanas de la Cebolla" aí arriba para compartilo con vos, que te soy muy así.
Ao saír atopei a un compañeiro de traballo, comentamos as impresións e de paso coñecinlle a moza. Toda unha experiencia señores, un día destes merco un traxe de gitana. Tolón, tolón!!
Para rematar palabras de María Pagés deste espectáculo adicado a Manuel Vázquez Montalbán ("La canción popular es el cauce más apto para representar la historia sentimental de un pueblo")
"...En particular, dedico La nana de la cebolla a mi hijo Pancho y a todos los adolescentes que empiezan a alejarse del maravilloso mundo de la infancia, ya en la frontera de la comprometida jurisdicción de los adultos, para que nunca olviden que la fantasía, los sueños, la sonrisa y la tolerancia son las herramientas más apropiadas en ese taller donde los adultos tenemos que trabajar para la construcción del equilibrio social más justo para todos."
Ao final, vai ser o que dicía o arume dos piñeiros citando a Biedma, " que la vida iba en serio".
Non.
1/19/2007
Arrepentirme podería ser algún tipo de arte
Ains, igual son algo artista.
2.000 razóns para esquecerme de todo
Chegamos á idade madura cando habendo para escoller dúas tentacións, escollemos a que nos permite chegar á casa máis cedo. D.B.
Á miña nai, a meu irmán que a día de hoxe escangallou 3 ou 4 coches (xa non sei) e a meu pai que nos atura e aturamos e a quen quero crer que lle debo a afección de ler. As/os demais xa sabedes, se compartimos unha noite xuntos, xa sodes da familia.
Dorian-A cualquier otra parte
1/17/2007
e-music, o programa que todos deberían escoitar

E para rematar todo isto:
Punto un: se nalgún baño, aseo, WC ou como lle queirades chamar, vedes pegatinas de e-music, é que algún de nós estivo alí. Co cal, a escoitar e-music.
Punto dous: a comisión de festas do e-music está comezando a traballar nunha. Agardamos convocatoria.
Punto tres: Supercablekis (onde se meteron?) que saíron reseñados na mondosonoro en papel dentro dos grupos galegos a destacar do 2006. Co cal, a berrear todos o Axe Effect:
Supercablekis-Axe Effect
You are always waiting
Waiting something you
can't do
Where did you go
I really try to say it
I'll be waiting for you
I don't know where I go
Where I go to see you
Where i go to find you out
It's very hard to see you
Very hard to find you
Where did you go
It's very hard to beat you
Where did you go
It's very hard to fuck you
Uh yeah!
1/14/2007
Ño! Cabaret!

Pois fomos ao final ao The Dog´s Bollocks ou os "Collóns do can", como dixo Pepa, a ver o grandioso espectáculo de Davide Salvado (canta razón oko), Pepa Yañez e Nacho Muñoz. Non tiña nin idea do que me ía atopar no Cabaret d´aquí e resultou ser toda unha experiencia.
Chegamos aos Collóns do can e fastidiounos algo que as poucas mesas que había estivesen reservadas, co cal dispuxémonos a pedir algo na barra e estando alí tiven un anaco longo para escoitar a X.S. , a unha rapaza que ten un aire a Paula Carballeira e a outro mozo que non sei quen era (téñome que poñer ao día co famoseo galego) falar de A Roda, ese sitio mítico en Malpica, de Bravú e máis cousas das que xa non me enterei.
E despois dese momento "anda, dame unhas pintas" e de cutre-lercheo apareceron Nacho no piano e Pepa e Davide que comezaron cuns leves problemas cos micrófonos que continuarían toda a noite pero que, gracias á súa espontaneidade e bo humor, aínda nos fixeron rir máis.
Fixeron unha perfecta deconstrucción do folclore galego, salamantino, andaluz e mesmo o occitano. Neste último, sacáronme(nos) ao escenario (todo por dicir que na Coruña non había Alameda se non Xardíns) a bailar con Pepa, cun alumno de Davide e cunha rapaza que se chamaba Mónica un baile occitano: que ben o pasamos e ata nos chamaron riquiños ^^!
O sitio estaba cheo e, como dixeron eles, ben daba para encher o Fórum Metropolitano aquí na Coruña, non deixaron de facer referencias aos pijos coruñeses, a descubrirnos o rueiro coruñés da man de Marcial de Adalid...xeniais, tan xeniais que nos fixeron cantar con eles, quecer as mans de tantos aplausos que lles demos, admirar o corpo de Davide en todo o seu esplendor e mesmo o de Pepa, que tamén tivo momentos "cárnicos", e sen que lle pareza mal a ninguén, teño que dicir que o de Sue Ellen igual vai ser cousa de familia (anque os demais tampouco nos quedamos atrás).
En definitiva, un espectáculo a recomendar e non sabedes canto me rin.
1/11/2007
Namorados ata as porcas

Estes dous mozos, Natalia e Mariano, fugáronse o día de Reis. Seica á familia dela non lle gustaba que saíse con el e que comezara a descoidar os estudos, o resultado foi que decidiron escapar da casa "porque están enamorados hasta las tuercas". Din que os viron na estación de tren da Coruña, que poderían estar en Compostela e mesmo hai quen sostén que xa andan en Portugal.
Nova en El País, El Correo Gallego e La Voz de Galicia. Se os vedes, avisade as autoridades, non vaia ser que lles pase algo.
Seica cando te namoras a esas idades (16, 17 anos) segundo o psicólogo Julio Prol "so se ve á persoa á que se quere, non se atende a razóns, e pode chegar a mudar a maneira de ser completamente. O amor nesta idade é moi influínte."
Miña nai sempre me dicía que a vida non era coma nas películas cando me via así media ensoñada. Eu antes enfadábame e agora penso que a vida é sempre moito mellor que as películas e, anos despois desa frase, sigo facendo burradas por amor, por cariño, por gusto, por diversión...Nunca cheguei a fugarme de sitio ningún, como moito unha noite enteira ata o día seguinte, unha fin de semana, cinco días por aí...cousas así, onde ninguén sabía onde estaba máis que a persoa coa que compartía eses momentos.
O amor é bonito cando te empapas da outra persoa (e non me sexan revirados co de empaparse) porque deso vai, de aportar, de dar, de coller o mellor de cada un, de rir e de vivir con eses subidóns de emocións e de hormonas, de que cada día sexa unha festa, de vivir na eterna adolescencia onde non hai problemas ou polo menos non os andas buscando, pero non nesa adolescencia de traumas, críticas, complexos e tendencias suicidas...non, refírome a adolescencia de amigos, de lercheo, de festa continua, de irresponsabilidade, de alegría e de benestar, que mentres non morra ninguén, nada é un problema.
E cando remata todo iso, rematou, pero que ben o pasamos, non? Que bonito é estar namorado ata as porcas!
Gracias ao fedello as "tuercas" son a partir de agora "porcas":
1/06/2007
Regalos que aínda non teño
O libro é "Digital Diaries", de Natacha Merrit, unha rapaza que comezou a sacar fotos da súa intimidade e da dos seus amigos coa cámara dixital. Eric Kroll, fotografo fetichista, atopouna polas fotos que colgaba na rede.
Os de Taschen din que, vendo estas fotos, un pode reflexionar sobre a intimidade, a publicidade e o narcisismo nestes tempos da idade dixital, mesmo chegar a algún tipo de autoexploración coa axuda da cámara. A Merritt di que ela atopou un xeito de masturbarse a súa maneira no novo milenio.
De momento no flickr non teño fotos desas e mañá agasallareille a alguén "Tres segundos de memoria" de Diego Ameixeiras ... pero quero ter Digital Diaries e unha cámara dixital na man xa!!
Ah, deixáronme carbón, pero como non teño cámara non poido demostralo.