Os meus momentos previos á festa paseinos traballando, co cal paso ampliamente de comentar a divertida xornada laboral ata altas horas da noite que me da que non procede. O que si procedía, unha vez ceada e lista para baixar, era chamar e localizar a xente. Ghanito, Modesto, aluguer, ictios e ascárida estaban ceando a típica comida galega que chamaremos kebab e Gustavo Harvey, Sak e os rapaces do Colectivo Oruga estaban na pizzería Roma preto do lugar do evento.

E cando cheguei ao 14 xa estaba Breogán pinchando e todos felicitando a os rapaces do proxecto-ds polo deseño dos flyers e das camisetas de e-music, a mar de chulas. E así en menos de nada o local foise ateigando de xente: os habitantes do kebab chegaron acompañados de Calidonia (vámonos de viaxe, rapaz!), chegaron tamén maria de mallou máis Lucía Aldao que andaban de celebración, Vincent Jalo e compañía, lourixe e amigos, maceirax, xente de arredemo, xente de Radio Fusión, os amigos ferroláns de Gustavo Harvey, xente que non coñecía de nada e coñecidos doutras noites coruñesas que si acudiron á chamada e foron recibidos con moita alegría.

Tocaron e sonaron xenial os rapaces de Colectivo Oruga ao tempo que se facían as proxeccións, despois Breogán seguiu pinchando, Vincent Jalo (máis majo) repartiu as chapas da sono-tone, ascárida e ghanito fixeron de fográfos oficiais coas cámaras de Modesto e de maria e foi todo un bailar, falar e non parar todos xuntos e revoltos dun lado para outro.

Ao final uns tiraron cara o Soho, outros cara o Patachim, outros cara o Puticlú, que ten uns baños vermellos e divinos a máis non poder, sendo o punto de encontro a altas horas da noite o Playa a onde chegamos poucos e por episodios, que cada un anda ao seu ritmo. Eu fun dos primeiros episodios en chegar e despois de botar un anaco perdida en compañía na pista do Playa sen localizar ao resto da xente (véxase maria, Lucía, Sak e Gustavo Harvey)e cantando eso de "Let´s make love and listen to death from above", ao final o grupo reuniuse para seguir baila que te baila. Pecháronnos o Playa, ante o cal Sak dixo a verdade da noite, que nos estaban a botar de tódolos garitos e decidimos ir a pechar outro local mítico, Soweto, que señores e señoras ten relación con Joaquín Sabina e esa canción mítica de "nos dieron las mil". E a partir de aí uns marcharon e o resto fomos a Casa Mallou a botar unhas risas.
Onte foi a ocasión que máis utilicei o móbil en toda a miña vida, se non fixen mil chamadas non fixen ningunha: ao Gustavo Harvey, a Ghanito, a mariside, a Gustavo Harvey outra vez, aos Colectivo Oruga, a Modesto, a Sak, a Sak outra vez porque non os atopaba na pista...e Calidonia quedou sen chamar porque non lle sabía o número.
É dicir, pasei toda a noite perdida entre unha morea de amigos, compañeiros e xente coñecida e fíxoseme todo tan, tan, tan corto que andaba FRUSTRADIRMA(como me acaban de dicir que confirman as fotos). Hoxe cando espertei (eu quero ser rica e non traballar) so tiña moi bos recordos da noite e unha alegría inmensa no corpo ao decatarme da boa xente que sodes e de que noites así ten que haber máis. E á xente do 14, eso, que nos vemos!

Ah, por certo: non botastes de menos a SugarKane?? Pois eso, que me dou saúdos para todos (e foron dados) por non poder asistir. Pobriño, pensaredes. De pobriño nada, que estaba disfrutando das noites de centroeuropa e por esta perdoámosche a ausencia, pero que non se volva repetir!
Estou desexando ver as fotos, porque as que quitei co móbil foron da decoración do Puticlú. Ale, ata outra.