3/11/2007

De azuis, de lagoas, de cormoráns e doutras historias

Pois como hoxe o ceo andaba así de azul celestial, quixemos ir ás lagoas de Cospeito a facer avistamentos de aves, pero non demos coas lagoas que nos perdemos por aí. E antes das lagoas e falando de azuis e avistamentos, lembro a furgoneta azul cerúleo de Expediente X, non sei se vos tamén, pero é algo que se me quedou grabado.
Ao final resulta que o azul cerúleo ou celeste ou cian, obtense de mesturar estanato de cobalto e magnesio. Qué de colores e non hai máis que mirar aquí.

Ao que ía, que ao final demos cunhas lagoas en Rábade e o que vimos foron garzas reais e cormoráns.

A min sorprendeume o dos cormoráns, pero polo visto é unha ave que é habitual aquí en Galicia, polo que vin nestes tres sitios, e de feito os de aquí veñen de Gran Bretaña e son unha especie protexida.

Estes da foto de arriba habitan na ría do Burgo e a fotografía forma parte dunha serie que amosa a cópula entre eles, xa se sabe que a primavera...

Todo iso lembroume a un xeito de pescar que teñen en China con estes animais, atanos polo pescozo e cando os cormoráns se mergullan a pescar os peixes non lle poden pasar pola gorxa embaixo e quedan os pescadores co botín. Aproveitando os recursos naturais, vamos.

E así foi o día de hoxe, que me veu moi ben para airearme. Para outra vez a ver se damos coas lagoas de Cospeito e se non, tanto ten, que ben que me gusta conducir e perderme por aí.

Detalle musical do día: "música para o coche" facíame pensar en Brian Wilson , hai pouco algúen me fixo pensar en Mastretta
.

Sem comentários: