Estes días non fixen nada máis que sonar o nariz, toser coma unha bronquítica e durmir, durmir e durmir. Nos momentos en que espertaba algo febril e a pesar de que poida sonar raro, gustábame a sensación de estar enferma (sabendo que non era cousa grave) porque me sentía recollida en min mesma. Na enfermidade notas coma nunca o teu corpo, sínteste protexida polos demais, desenvolves unha capacidade de agradecemento infinita e a cabeza non deixa de rebulir porque xa non se ten que ocupar da rutina pautada de cada día e so desexa que o corpo se poña ben para poder facer todo aquelo que se lle ocurre.
Vin por aí un libro, de Philip Sandblom: "Enfermedad y creación: Como influye la enfermedad en la literatura, la pintura y la música." onde fala de enfermidades, malformacións conxénitas, consumo de drogas, desequilibrios mentais e no que investiga a autores como Sylvia Plath, Munch, Klee, Chopin, Hölderlin, Chéjov etc por citar uns poucos. O libro tamén está ilustrado con pinturas e debuxos de Picasso, Goya, Van Gogh... en definitiva, que Sandblom argumenta que ás veces e en certas circunstancias a enfermidade pode convertirse en fonte de inspiración e a dor, en arte.

E dixen eu, que é a creatividade? como chegamos a ser creativos? A creatividade ven sendo crear algo da nada. Como chegamos a iso non o sei pero algo que inflúe no creativos que podemos chegar a ser é o pensamento diverxente, un pensamento que non está necesariamente baixo un control consciente nin se rixe polas leis da lóxica, anque nel predominen as conexións lóxicas. É un pensamento rico en metáforas, atemporal, simbólico e que funciona máis no ámbito da fantasía que na realidade concreta (según Antonijevic e Mena, 1989) Ese é o pensamento creativo e vendo o traballo e as ideas de moita xente que anda neste blogomillo, unha non pode facer máis que abraiarse e desfrutar desas creacións. Eu tamén quero ser creativa, e como hai autores que pensan que esa habilidade se pode traballar, comezamos hoxe a poñernos as pilas e a esquecernos da enfermidade como soporte artístico que xa vamos curando. E hai que saír, claro!
13 comentários:
Hai semana e media pasei unha noite inacabable con febre bastante alta. O curioso é que a mañá seguinte, medio sedado, despertei con sonámbulos pensamentos, pero nos que o cerebro - no medio da néboa da enfermidade - tiña o xogo de non pensar coa letra "o", sen dúbida o subconsciente aproveitou que eu gozo moito con eses xogos verbais e as veces teimo neles. Aproveitei para facer un post - bastante naif - co asunto. A febre provoca esa situación que non é vixilia nen sono. Benvida á saúde.
Moitas gracias pola benvida e saiuche moi ben ese xogo porque de feito non é un post pequeno do que falas. Incrible se non fose certo. Saúdos e saúde a ti tamén.
euforia.
(Del gr. εὐφορία, fuerza para llevar o soportar).
1. f. Capacidad para soportar el dolor y las adversidades.
2. f. Sensación de bienestar, resultado de una perfecta salud o de la administración de medicamentos o drogas.
3. f. Estado de ánimo propenso al optimismo.
nocturno, na.
(Del lat. nocturnus).
1. adj. Perteneciente o relativo a la noche.
2. adj. Que se hace durante la noche.
3. adj. Bot. Dicho de una planta: Que solo de noche tiene abiertas sus flores.
4. adj. Zool. Dicho de un animal: Que de día está oculto y busca el alimento durante la noche.
5. adj. p. us. Que anda siempre solo, melancólico y triste.
6. m. Cada una de las tres partes del oficio de maitines, compuesta de antífonas, salmos y lecciones.
7. m. Mús. Pieza de música vocal o instrumental, de melodía dulce, propia para recordar los sentimientos apacibles de una noche tranquila.
8. m. Mús. Serenata en que se cantan o tocan composiciones de carácter sentimental.
Vaia!, agora vas traballar a creatividade?... miñamadriña!, pasa diso, que é un marrón, hai que ser destructivo, que está mellor.
Xa recuperada logo dese contratempo sanitario?, alégrome, necesito en forma aos meus colaboradores para conquistar o mundo.
Neurosis y Genialidad.
Ed. Taurus
Curioso libro.
Pregunta. ¿ Hay que estar colgado para ser un genio ? , me gusta más lo de " Cuando un genio surge sobre la faz de la tierra, lo conocerás al instante porque todos los necios se conjuraran contra él " O algo asi.
PD. Nos congratulamos d su rápida mejoría.
E falar de enfermidade e criatividade leva-me sempre a pensar nalguns dos meus músicos preferidos ;-)
Nunha ocasión intentei ser creativo pero castigoume miña nai ... e dende aquela non reincidín.
A coidarse que estas choivas primaverais son moi traidoras.
Supoño que todos os estados lindeiros con outras experiencias que non sexan as que nos atan a esta realidade, xa sexan cousas que pasan fóra e nos afectan de maneira impactante, coma procesos anormais que se desenvolven en nós mesm@s, tanto psíquicos coma físicos, prodúcen resultados incribeis.
O bo de que saia tanta arte (aínda que non sempre) da loucura ou a enfermidade pode verse como unha parte positiva do asunto. Pero se temos que renunciar a certa tranquilidade para ser artistas non sei se compensará :) O ideal sería poder disfrutar deses estados de vez en cando, sen corren demasiados riscos.
Ademais das movidas extrañas que che pasan pola cabeza cando enfermas outra cousa que me "gusta" e esa que dis ti de abandonarte e poder pasar das obrigas cotiás sen sentimento de culpa :)
O de encamar-se é o que tem: demasiado tempo para pensar hehe Melhora-te-me!
arume dos piñeiros, estiven pensando moito e fun incapaz de escoller unha soa definición...quédome con todas que sempre vai haber momentos para darlle ese significado a esas dúas bonitas palabras, gracias :)
moucho muahahaha conquistaremos o mundo e para eso fai falla un plan!
a madriña, my dears, gracias pola recomenda e estou segura de que hai necios que confabulan contra vos, que si que sodes uns xenios!
Sugar :) algo así supoñía :D
Randeeiro moi mal por parte de súa nai, e as choivas...a molladura do domingo matoume, pero que ben o pasei.
Toda a razón levas, arqueira, que tiven dous días sen obrigas laborais e falta que me fixeron, saúdos dende a normalidade :)
prosciutto moitas gracias, xa estou case case ben de todo :)
da nada nunca se crea, polo menos agora xa non, non se pode, sempre hai algunha referencia, só se pode maxinar partindo da realidade que coñecemos, ainda que sexa de xeito enfermo...
Grazas por terme en conta fermosisima
Tes razón ictios, pero ás veces tamén pasa que fas o mesmo que fixeron outros, tes a mesma idea ca outros e é un momento glorioso ata que decatas que xa case está todo inventado.
Penso que do que se trata é de renovar as formas e innovar e dar outros puntos de vista anque te inspires nalgo xa existente.
An, e non te ía ter! E o que xa dixen, seguro que hai por aí un lote de talentos a descubrir dos que non temos coñecemento.
Bicos!
Enviar um comentário