3/20/2007

Aviso

Isto é o que che pode pasar se andas a mocear coa rapaza doutro.



Aparte diso, penso que ninguén é propiedade de ninguén a menos que queira selo (o amor é entregarse ao outro, xa sabedes). E mañá éche o Día Mundial da Poesía...

17 comentários:

Fer disse...

Ouch!

besbe disse...

aínda lle está a doer

Prosciutto Mourente disse...

Deus, metêrom-lhe duas agulhas de calcetar? Meu pobre...

Zerovacas disse...

uiuiui, que sádica te puxeches hoxe

Anónimo disse...

Non sei qué ten cravado. De feito, nin sequera son quen de enxergar con claridade ónde o ten cravado. O único que teño claro é tamén o "uiuiui".

É sabido que o amor doe, pero non hai que tomalo tan a peito.

Anónimo disse...

Avisa ó teu irmán que se vai andar levantándolle a moza ós veciños que leve algúns amigos, fortes e non moi lonxe.

Eu tamén partín a clavícula, pero daquela ainda non tiña idade para mocear. De feito nin para falar.

A pirámide disse...

Besbellinha, fainos o favor de dicir o que é que ten o home este nesa clavícula.
O mellor, non o digas e si a House dáselle por ler o teu blog (que non o vexo eu descabellado) xa el verá si hai posibilidades de facer un capítulo ou dous.

Mario disse...

mmm... pois eu creo que o da entrega ten os seus límites e que nen a relación máis intensa pode asumir conceptos como pertenza (de feito opino que máis ben ao contrario, aquilo de se queres a alguén déixao libre e se volve... e se non volve pois nada). De todos xeitos si que hai xente que no seu xeito de tratar os demais parece que estea pedindo a berros unhas hostias, pero non ten porque ser o mozo ou o irmao, pode ser mesmo un amigo, ou mesmo unha amiga.
PD: eu tamén quería xogar á billarda!!!

Ra disse...

Guau...

besbe disse...

Rompeu a clavícula seica por andar moceando, o que ten aí metido sonche dous cravos.

Prosciutto Mourente: xa podía estar calcetando en vez de andar levantándolle a moza a ninguén, anque claro, el non sabía que era moza de ninguén.

Zerovacas: non vou facer declaracións :P

Larvós: doe, doe e este tomouno tan a peito que o que rompeu foi a clavícula esquerda, aí pretiño do corazón.

Ghanito: tamén debías ser ben traste ti, non? xa apuntabas maneiras de ananiño ou como é a cousa?

A Pirámide: House, House non sei eu se poñería ao brother nas mans del, igual lle acaba amputando o brazo ou vai ti a saber :D

Mario: contigo quería falar dalgunhas cousas e sobre a billarda, fichado xa pro equipo :)

Ra: guau e uiuiuiui e non poder abrir as tapas dos botes, e xogar ás cartas cunha man, e non poder agusto libros na cama, e baixa laboral, e replanteamento da vida e o mellor de todo, está o rapaz dun manso que non vexas. Meu pobre.

E non me rompades nada.

moucho branco disse...

Estas cousas dan medo, porque hai quen considera tontear coa súa moza que lle pidas a hora... a partir de agora só vou pedir a hora a señores maiores con mostacho e calvos.

besbe disse...

Pois creo que foi unha cousa semellante, ten razón Mario que hai xente que pide a berros unhas hostias e remataas dando.

Anónimo disse...

Ei, va que quedan ben as radiografías nos blogues? :D
Moito máis espectacular que unha falanxe fracturada, está clarísimo.
Unha aperta (sen apertar moito) para quen teña que recuperarse de tal estropicio.

Anónimo disse...

:O

besbe disse...

Quedan xenial Xabre o malo son as fracturas, recupérate da túa que che ha chegar abondo.

Ao que se ten que recuperar do estropicio mellor doulle bicos e algúns mimos, que o rapaz ben o merece e a ver se para outra escapa de empuxóns e moitas gracias :)

Harvey...xa ves que dura é a vida.

Anónimo disse...

onde nos leva a violencia, a quedares a gusto reventando xente...
total se a tua parella quere marchar con outro marcha.

besbe disse...

E fai ben marchando que por algo será. Ao final doulle a razón a mario "se queres a alguén déixao libre e se volve... e se non volve pois nada"