Todos temos a necesidade de que alguén nos faga caso
3/20/2007
Aviso
Isto é o que che pode pasar se andas a mocear coa rapaza doutro.
Aparte diso, penso que ninguén é propiedade de ninguén a menos que queira selo (o amor é entregarse ao outro, xa sabedes). E mañá éche o Día Mundial da Poesía...
Besbellinha, fainos o favor de dicir o que é que ten o home este nesa clavícula. O mellor, non o digas e si a House dáselle por ler o teu blog (que non o vexo eu descabellado) xa el verá si hai posibilidades de facer un capítulo ou dous.
mmm... pois eu creo que o da entrega ten os seus límites e que nen a relación máis intensa pode asumir conceptos como pertenza (de feito opino que máis ben ao contrario, aquilo de se queres a alguén déixao libre e se volve... e se non volve pois nada). De todos xeitos si que hai xente que no seu xeito de tratar os demais parece que estea pedindo a berros unhas hostias, pero non ten porque ser o mozo ou o irmao, pode ser mesmo un amigo, ou mesmo unha amiga. PD: eu tamén quería xogar á billarda!!!
Rompeu a clavícula seica por andar moceando, o que ten aí metido sonche dous cravos.
Prosciutto Mourente: xa podía estar calcetando en vez de andar levantándolle a moza a ninguén, anque claro, el non sabía que era moza de ninguén.
Zerovacas: non vou facer declaracións :P
Larvós: doe, doe e este tomouno tan a peito que o que rompeu foi a clavícula esquerda, aí pretiño do corazón.
Ghanito: tamén debías ser ben traste ti, non? xa apuntabas maneiras de ananiño ou como é a cousa?
A Pirámide: House, House non sei eu se poñería ao brother nas mans del, igual lle acaba amputando o brazo ou vai ti a saber :D
Mario: contigo quería falar dalgunhas cousas e sobre a billarda, fichado xa pro equipo :)
Ra: guau e uiuiuiui e non poder abrir as tapas dos botes, e xogar ás cartas cunha man, e non poder agusto libros na cama, e baixa laboral, e replanteamento da vida e o mellor de todo, está o rapaz dun manso que non vexas. Meu pobre.
Estas cousas dan medo, porque hai quen considera tontear coa súa moza que lle pidas a hora... a partir de agora só vou pedir a hora a señores maiores con mostacho e calvos.
Ei, va que quedan ben as radiografías nos blogues? :D Moito máis espectacular que unha falanxe fracturada, está clarísimo. Unha aperta (sen apertar moito) para quen teña que recuperarse de tal estropicio.
Quedan xenial Xabre o malo son as fracturas, recupérate da túa que che ha chegar abondo.
Ao que se ten que recuperar do estropicio mellor doulle bicos e algúns mimos, que o rapaz ben o merece e a ver se para outra escapa de empuxóns e moitas gracias :)
17 comentários:
Ouch!
aínda lle está a doer
Deus, metêrom-lhe duas agulhas de calcetar? Meu pobre...
uiuiui, que sádica te puxeches hoxe
Non sei qué ten cravado. De feito, nin sequera son quen de enxergar con claridade ónde o ten cravado. O único que teño claro é tamén o "uiuiui".
É sabido que o amor doe, pero non hai que tomalo tan a peito.
Avisa ó teu irmán que se vai andar levantándolle a moza ós veciños que leve algúns amigos, fortes e non moi lonxe.
Eu tamén partín a clavícula, pero daquela ainda non tiña idade para mocear. De feito nin para falar.
Besbellinha, fainos o favor de dicir o que é que ten o home este nesa clavícula.
O mellor, non o digas e si a House dáselle por ler o teu blog (que non o vexo eu descabellado) xa el verá si hai posibilidades de facer un capítulo ou dous.
mmm... pois eu creo que o da entrega ten os seus límites e que nen a relación máis intensa pode asumir conceptos como pertenza (de feito opino que máis ben ao contrario, aquilo de se queres a alguén déixao libre e se volve... e se non volve pois nada). De todos xeitos si que hai xente que no seu xeito de tratar os demais parece que estea pedindo a berros unhas hostias, pero non ten porque ser o mozo ou o irmao, pode ser mesmo un amigo, ou mesmo unha amiga.
PD: eu tamén quería xogar á billarda!!!
Guau...
Rompeu a clavícula seica por andar moceando, o que ten aí metido sonche dous cravos.
Prosciutto Mourente: xa podía estar calcetando en vez de andar levantándolle a moza a ninguén, anque claro, el non sabía que era moza de ninguén.
Zerovacas: non vou facer declaracións :P
Larvós: doe, doe e este tomouno tan a peito que o que rompeu foi a clavícula esquerda, aí pretiño do corazón.
Ghanito: tamén debías ser ben traste ti, non? xa apuntabas maneiras de ananiño ou como é a cousa?
A Pirámide: House, House non sei eu se poñería ao brother nas mans del, igual lle acaba amputando o brazo ou vai ti a saber :D
Mario: contigo quería falar dalgunhas cousas e sobre a billarda, fichado xa pro equipo :)
Ra: guau e uiuiuiui e non poder abrir as tapas dos botes, e xogar ás cartas cunha man, e non poder agusto libros na cama, e baixa laboral, e replanteamento da vida e o mellor de todo, está o rapaz dun manso que non vexas. Meu pobre.
E non me rompades nada.
Estas cousas dan medo, porque hai quen considera tontear coa súa moza que lle pidas a hora... a partir de agora só vou pedir a hora a señores maiores con mostacho e calvos.
Pois creo que foi unha cousa semellante, ten razón Mario que hai xente que pide a berros unhas hostias e remataas dando.
Ei, va que quedan ben as radiografías nos blogues? :D
Moito máis espectacular que unha falanxe fracturada, está clarísimo.
Unha aperta (sen apertar moito) para quen teña que recuperarse de tal estropicio.
:O
Quedan xenial Xabre o malo son as fracturas, recupérate da túa que che ha chegar abondo.
Ao que se ten que recuperar do estropicio mellor doulle bicos e algúns mimos, que o rapaz ben o merece e a ver se para outra escapa de empuxóns e moitas gracias :)
Harvey...xa ves que dura é a vida.
onde nos leva a violencia, a quedares a gusto reventando xente...
total se a tua parella quere marchar con outro marcha.
E fai ben marchando que por algo será. Ao final doulle a razón a mario "se queres a alguén déixao libre e se volve... e se non volve pois nada"
Enviar um comentário