
Comín eu soa, un pouquiño menos gracias ao móbil que ás veces me fai sentir preto da xente que máis aprecio.

Vin monte queimado.

E ao chegar a casa vinme reflexada nun texto ao que lle quitaría un E do nome, mudaría o apelido, de boa gana diría con coñecemento de causa que me gusta Estocolmo, eliminaría a pornografía e ao mellor as vodas das cousas que me disgustan, diría que a sexualidade non se pode definir e que nos últimos cinco anos non lle levo dando voltas a Descartes, pero que si levo facendo a mesma cousa.

Teño que ler Herba Moura e, querido diario, a sorte do amor é sentilo.
12 comentários:
E que tal Vilagarcía, segue estando tan lonxe?... (que pouco me gusta o coche)
Por certo, a sorte do amor é que pase de longo e nin te toque, nin te mire, nin te pida a hora sequera. :P
Fuches a Vilagarcía? Pois a un rego de auga estivemos.
RemolcaMadriña & Vilagarcía (RM con albariño). Mezcla perfecta.
+ casualidades ( Si "the suicide song" de RM era parte de la BSO del film " El suicida" de Maragota Produccións, Niño y Pistola fueron los autores de la BSO de la siguiente y ultima peli de los maragotos " las 2 vidas de Ernesto Pena")
¿ Casualidades o es el mundo realmente tan pequeño ?
PD.Me asusta pensar quienes seran los de Colectivo Oruga.
Aledome de que esteas millor de saude. Agora non che cae o tellado enriba que non paras na casa.
Non paras eres todo actividade e enerxía.
Moitos beijos linda.
;)
curioso a ultima vez que fun pr ala tomeille algo na parra e do lume lembro o cheiro e os hidroaviois voando porriba nosa.(á casa do noso anfitrion queimouselle a leira).
Para min Vilagarcía é sinónimo de verán, tamén, ou de Festival do Norte. Non está mal, boas lembranzas todas. Hai tempo que non falamos. Menudas semanas máis tolas de traballo e de todo-o-demais.
Olá!
Moucho: Vilagarcía sigue estando a non sei cantos euros lonxe, que é o que máis me fastidia. Sobre o do amor discrepo...pero visto o último post de elianinha, igual non discrepo tanto :D
a pirámide: eso se avisa hombre!
A Madriña: eu tentarei seguir facendo os meus deberes de superfan e facerme con esas dúas sublimes películas de incribles bandas sonoras. Colectivo Oruga tamén son de pola zona e a mar de majos os rapaces.
acedre querido, se cae o teito da casa creo que hai un seguro para cubrilo e en caso de facelo, mellor que non me caia, tes razón. Igual un día aparezo preto da túa casa, en tal caso xa avisarei, e ao mellor non é tan improbable como poida parecer.
marinha :) creo que tan activa e tan enerxética coma ti. Bicos!
ak: a min recomendoume o señor do Restaurante Pequeño Bar (ou iso é o que poñía por fora) La parra e outro de tapas que está ao lado para comer, que eu ía perdida. O peor o do lume sen dúbida, a unha amiga miña que ten casa en Valga espertárona os veciños e xa a ves en pixama a apagar lume. Moi triste.
Zerovacas: eu de Vilagarcía teño recordos con meus pais, tamén todos bos. Ains, e si, non falamos hai tempo, que esto é un sen vivir e un sen parar, e o que me queda este ano. Pero sempre se fai tempo para conversar, a que si?
Bicos para todos/as!
Vilagarcia, a pequena cidade mais erótica da Galiza! ;)
É certo que era o do SEDA, ves? nunca me acordan as cousas a tempo.
Ou estou moi equivocado, ou o libro hache gustar :)
Perdín unha conferencia da autora en Barcelona por despiste, mais quen foi díxome que lle insuflou moitas ganas de lelo.
A sorte do amor é sentilo e que sexa recíproco, ou? O outro é amor sufrido. Son máis partidario do amor gozado (se se pode).
Dicía un home "-A mi me gusta jugar al póker y perder", e contestáballe outro "-Y ganar no?", e retrucaba o primeiro: "-Ganar debe ser la hostia"
A clasficación excluínte da sexualidade está superada, concordo.
Bicos!
Pois co que dis aínda me dan máis ganas de lelo, xabre :) E concordo, máis sorte é o amor gozado.
Sobre o do póker, pásame a min coas apostas: cada vez que aposto algo sei que vou perder e aínda así gústame, gañar tamén debe ser a hostia.
Bicos e a ver esa fractura como se vai portando!
Enviar um comentário