3/03/2007

Outra noite máis

"Hola, somos Triángulo de Amor Bizarro y ya sabéis donde os podéis meter el dedo"

E menos mal que racharon coa lista de invitados e puidemos entrar ao concerto o Sak máis eu, porque se esgotaran as entradas. Alí reunímonos con estes dous elementos que estaban chorando cual plañideras a nosa ausencia e con Zerovacas e compañía, tivemos ocasión de asistir a un desmaio e desexamos que alguén se decatase de que existe algo que se chama aire acondicionado e que todo local debería ter, sobre todo en días nos que está ata arriba, porque se non a xente cae fulminada.


Supoño que alguén fará a crónica do concerto para Sono-Tone e mentres agardamos por ela, deixo aquí a miña valoración da noite.

O concerto: ben. As reivindicacións dos baños: ben. Zerovacas marchando: mal. SugarKane e Isa de TAB: ben. Gustavo Harvey metanonseique con pintopintogolgorito: ben. Sak marchando: mal. O 14: requeteben. O ron que se confunde con guisque: mal. O Telefunken case baleiro: mal. O Desquite nas mesmas condicións: pode valer. O Playa e toda a tropa: moi ben. Momento Melalcoholic: moi mal. Hamburguesas no Delicias: ben. Momento "que tristes son las despedidas pero xa é de día": ben. Traballar os sábados: fatal.



Volvín para casa con cousas que non son miñas pero xa terei ocasión de devolvelas outra noite destas. E hoxe estou que non poido co corpo (estades no meu pensamento, moucho branco e taranganho vermelho) e voume poñer en modo sofá gardando nas retinas A Princesa Prometida e coa cabeza posta na lúa eclipsada no seu saber facer.


A ensoñarse de novo (como desexes).

4 comentários:

Anónimo disse...

Montaron un polígono bizarro, todos xuntos.
¿Houbo amor, tamén?

besbe disse...

Ti o que queres é montar unha telenovela e esto non da para tanto :D, amor sempre hai que nos queremos todos moito.

moucho branco disse...

pois non pasou nada, porque por riba o tangaranho tampouco baixou ao final. Para outro día, amuermados! :P

besbe disse...

eu estaba morta, non ves? de amuermada nada :P