5/03/2010

As cousas pequenas


A herba. O verde da herba. O cheiro da herba. Pisar a herba. Sentarse nela. Deitarse no verde. O que imaxinas cando a ves. Se nos poñermos, a herba seca tamén. A herba. Hai algo especial nela.

Mirar máis as cousas pequenas. Ser feliz.


4/08/2010

Razóns para volver


1. Decir "Si, quero" a un 17 de abril en Vigo
2. Poñerlle nome a uns números descoñecidos a través dunha mensaxe de texto coma esta:
"Pista de identidade 1: Deixamos sen rematar o que sería a maior obra da literatura galega"
3. Lembrar

12/01/2009

Dime algo sucio vai para...

O prometido é débeda, así que aí vai o sorteo do libro:



Parabéns!!

E lembrade, C´mmons Baby! tamén anda repartindo agasallos!

11/25/2009

O coitelo do Matachín

De todos é xa sabido que o 25 de novembro denúnciase toda clase de violencia contra as mulleres. A miña aportación desta vez é un microrrelato titulado O coitelo do Matachín que vén de gañar o VII Certame de Microrrelatos da Lonxa Literaria de Moaña, que me parece que andan a estrear nova páxina.

Foi unha gran sorpresa e alegría saber a nova e dende aquí quería agradecer o apoio dos amigos á hora de animarme a facer aquelo que quero, á Lonxa Literaria polo traballo que fan, ao xurado do certame e tamén compartir a miña ilusión con todos vos.

11/19/2009

Meme do libro galego e portugués

An manda un meme, o do libro galego e portugués, comezado por Manuel. Sortearase un libro entre todos os que comenten nesta entrada o día 30 de novembro. Manuel apuntaba que sería ben que o libro escollido para sortear fose dalgún autor ou autora da zona.

Vivo na Coruña e foi aquí, da man de María, onde coñecín a Diego Ameixeiras. Así que, como o rapaz me caeu ben, decidín que o libro que vou sortear será Dime algo sucio.

Suponse que debería pasar o meme a outras persoas, pero como a blogomorgue anda moi morrida, os zombis que anden por aí e lean isto, se lles apetece unirse a este meme, que se unan, e se non a comentar neste post, mortos vivintes, que se sortea un libro!!

10/24/2009

Mozas espidas lendo

Michel L´amour e outras mozas espidas, libros coma O retrato de Dorian Gray, Lolita, poemas de Neruda e Sylvia Plath, cancións de Leonard Cohen ou o último de Nick Cave: A morte de Bunny Munro, aforo de 50 persoas e ás veces música en directo. Todo iso é o show Naked Girls Reading.

Se iso non é unha campaña de animación á lectura, a min que me maten.

Quero mozas espidas lendo. Ou mozos espidos lendo.



Por moito que Jaureguízar insista na súa última actuación, Todo o que sempre quixo saber sobre a literatura e ninguén lle contou, que discrepa da prosa "sonora" de Caneiro, non me disgustaría escoitar a un mozo limpo de roupa, sentado e lendo ao Xosé Carlos "Quita a roupa aos poucos, anda, deixa, vou quitarche eu a blusa, o pantalón, déixame a min, cariño, non vou tratarte coma un oso de peluche, non, esta vez non, permite que os meus dentes rompan a seda negra que cobre a túa pube..." ou, eu que sei, mozas a recitar a María do Cebreiro ou Berta Dávila mentres tomas un café.

Non sería ningunha tolería posto que xa nos teatros temos visto a máis dun e dunha espidos ou case (e lémbrome de Davide Salvado) e non sei como resultou Palabras Contadas Long Play con Camilo Franco e Magín Blanco nas Crechas, pero xa é outra maneira de achegar a literatura á xente.

E ti que lerías espido?
E que che gustaría que che lesen?

Eu vou agardar por Ameixeiras e o seu Dime algo sucio que é un bo título para quedar sen roupa.



9/29/2009

Nocilla

Nocilla Dream realmente é iso, un bote de Nocilla con leite, cacao, avelás e azucre. É unha mestura de posts con ligazóns, con citas, con contos e cun fío conductor: un álamo que me enfeitizou.

En efecto, técnicamente su nombre es US50. Está en el Estado de Nevada, y es la carretera más solitaria de Norteamérica. Une las localidades de Carson City y Ely atravesando un desierto semimontañoso. Una carretera en la que, hay que insistir, no hay nada. Exactamente nada. 418 km con 2 burdeles en cada extremo. Conceptualmente hablando, en todo el trayecto sólo una cosa recuerda vagamente a la presencia humana: los cientos de pares de zapatos que cuelgan de las ramas del único álamo que allí crece, el único que encontró agua.

Enfeitizoume ese álamo, a historia que Agustín Fernández Mallo lle regala e o feito de que me faga lembrar Espectro e Big Fish.

O mellor de todo é que a árbore existe.


9/21/2009

Físicas poéticas II





A poesía verdadeira estaba do outro lado da rúa: unha parra no medio da cidade.

Físicas poéticas I


A poesía, fisicamente, tampouco se crea nin se destrúe, so se transforma. Aínda está por ver se acada o equilibrio.

Harold & Blúm



J. S. de Montfort & Ángela du Pré, chorrazos de auga fría recitando a Luís Pimentel.



9/10/2009

Somos punkis

Dixo hai uns días unha amiga que Inditex decidiu esta tempada que as adolescentes serían rockeiras/punkis.

Tati Mancebo
está propoñéndonos que esta tempada sexamos Culturpunkis.

A min paréceme unha moi boa idea, eu tamén quero Culturgal 2009.