Snob, Megalove neurótico e aficionado aos comics, Alberto García Ariza (turuto) ilustrador e amigo do noso ghanito e os responsables de Alita news respostan hoxe a outra quenda de preguntas:
Antes de falar de cómics , temos que falar das historietas e dos tebeos, que era o que liades de pequenos?
Snob: Eu era superfan de Asterix, cando aínda non sabía nin escribir trababa as cubertas da miña colección para marcalos como meus. Tamén dos clásicos do comic humorístico español: Superlopez, Mortadelo y Filemón, o Anacleto de Vázquez... Devoraba volumes de Super Humor, canta revista caese nas miñas mans, saldos retapados, reliquias dos 70 e 80 rescatadas dalgún desván. De cando en vez atopaba un Cimoc ou El Jueves, inzado de tetazas e referencias crípticas para a miña mente prepúber, que me provocaban extrañas e adictivas sensacións. E xa nunca me puiden quitar o vicio do corpo.
Alberto García: Yo creo que menos escritos de ensayo, leía de todo. Aunque lo que más me gustaba eran los tebeos, sin duda.
Alita news: Copito, Esther, Batman, Thor, Astérix, Tintín, Lucky Luke, Mortadelo, Zipi yZape.
Cómic ou banda deseñada, que nome escolledes?
Snob: Comic, banda deseñada é un palabro supergallego e francófilo, dúas das peores cousas que se pode ser neste mundo.
AG: Si me das a escoger, prefiero llamarles comics o tebeos. Lo de banda deseñada, además de no gustarme nada, me parece un mal remedio a evitar llamarlos con una palabra inglesa. Banda deseñada viene del francés bande dessinee que significa tira dibujada, y dibujar en gallego es debuxar, no deseñar, que se refiere al diseño. Con lo que me parece una diferenciación un tanto forzada.
AN: Nos gusta más cómic, pero banda deseñada está bien. Nos gustan "historieta"y "tebeos". Y fumetti, y bande desinée, da lo mismo.
O comic está plagado de personaxes (Mafalda, Lara Croft, Spiderman, Superlopez, Esther, Gardfield, Naruto, Lobezno) de todos e todas cantos hai cales son os vosos favoritos?
Snob: Mafalda? Lara Croft??? Spider Jerusalem is the name, bitch!
AG: Cuando era un chaval sí que me fijaba mucho en los personajes, pero a medida que se va madurando te fijas más en los autores, y es difícil no ver al autor en el personaje. No sé, supongo que me podría quedar con Calvin.
AN: Esta es difícil. Algunos nombres que surgen: Alfred Pennyworth. Garfield.Phoncible Bone. Barbarella. Mazinger Z. Hopey y Maggie. Elektra. Carlitos. Hellboy. Y por supuesto ¡Alita!
Un debuxante que vos guste especialmente.
Snob: Éme imposible escoller só un, cando son moreas os nomes que me veñen á cabeza, e por riba pareceríame moi inxusto non poñer ao mesmo nivel a figura do guionista.
AG: Muchos. Me encanta desde Steve Rude(Nexus) a Jose Luis Munuera (Navis), pasando por Franquín (Spirou), Jeff Smith (Bone) Jaime Hernández (Locas) Cyril Pedrosa (Shaolin Musaka que solo me gusta a mí) ... creo que me pasé.
AN: Lo que hace ahora Maitena.
Unha novela gráfica imprescindible.
Snob: Palabra cool cun significado moi vago... Supoño que aquí cabe Predicador, de Garth Ennis e Steve Dillon.
AG: Bone (Jeff Smith)
AN: Vuelan los trastos... Veamos: La tragedia de P. No... V de Vendetta. O... Batman: Return of the Dark Knight. O El cometa de Cartago. La linea de fuego. De varios volúmenes: Adolf. Akira. Calvin y Hobbes.
Moitas historietas foron adaptadas ao cine, a mellor e a peor adaptación que lembredes.
Snob: Sin City paréceme mellor película que comic. E como a peor, sen remexer na lama das adaptacións oitenteiras de baixo presuposto, escollería Constantine. Porque se hai algo que define ao protagonista do comic é a súa britanicidade, e se hai algo menos británico que os dentes limpos, ese é Keanu Reeves.
AG: Es difícil elegir la peor, últimamente se hacen muchos méritos: Elektra o Daredevil son buenos ejemplos.
De la mejor quizás me quede con la peli de Superman de 1978 o el coloquialmente conocido Batman de la Gallega.
AN: No la peor, pero sí un chasco tremendo, V de Vendetta. Alguna vocecita ahogada decía La liga de los extraordinarios caballeros, pero la hemos hecho callar. La mejor adaptación, American Splendor. Aunque alguna vocecita ahogada dice"Sin City", que tiene su gracia.
Da banda deseñada en Galicia a quen e que obras destacariades?
Snob: Impresiones de la Isla, de Portela e Iglesias, é algo bastante bonito de ver.
AG: Hay muchos y muy buenos autores gallegos, Miguel Robledo, David Rubín, Victor Rivas, Kiko da Silva, Jacobo y Norberto Fernández, y obviamente Miguelanxo Prado.
De obras recomiento sin dudar "Trazo de Tiza" de Prado, y "Vilaberzas" de Robledo.
AN: Hay que barrer para casa. Manel Cráneo, Miguelanxo Prado, Alberto Vázquez,David Rubín, Kike Benlloch, Jano...
Unha recomenda para nenos pequenos.
Snob: Groo El Errante, ou calquera outra obra de Sergio Aragonés é unha delicia para todas as idades. Pero calquera neno o vai pasar moito mellor cun vello comic de Lobo, co Wanted de Mark Millar ou con alguna porcarida de Manara. A ver se imos pensar que son moi diferentes a nós.
AG: "Vilaberzas" y "Bone"
AN: Titeuf, es graciosísimo.
Unha para os máis grandes.
Snob: Calquera obriña de manga gafapasta de Jiro Taniguchi faraos sentir aínda máis grandes de espíritu.
AG: "Bone", "Calvin y Hobbes", "Peter Pan" de Loisel
AN: La abeja reina... ¡Qué calores!
Arredor do cómic surxe un mercado incrible, as adaptacións ao cine e toda clase de obxectos promocionais relacionados. Que boneco/a, ou obxecto, relacionado co comic é o que máis vos gusta?
Snob: Que teña a man por aquí... a figuriña de Superman: Red Son, o bobblehead de Alfred E. Neuman, unha Arale de Norimaki supercurriña, a bonequiña da Morte de Sandman que non saco da caixa porque lle cae o pelo...
AG: Nunca he comprado nada de ese tipo de merchandising. Bueno, ahora que lo pienso tengo un par de tazas de Star Wars que uso de lapiceros.
AN: Los bolsitos de Emily Strange.
E seguindo co relacionado co cómic, que opinades sobre o furry fandon e o cosplay?
Snob: Por máis que lle dou voltas non atopo a relación entre ler comics e bater puñetas pensando en animais antropomórficos. O cosplay ven sendo coma o tunning dos friquis, non só nin especialmente dos que len comics. Y es de enfermos.
AG: No sé lo que es.
AN: ¡Que el mundo no puede estar sin ellos, por supuesto! ¿Qué es esto? ¿Una preguntra trampa?
E sobre o manga opinades…
Snob: Un estilo, ou un mundo de estilos, máis. Unha boa parte da miña dieta comiqueira. Unha afición que ocupa moito espazo. Por desgracia, un ghetto para moitos dos seus críticos e moitos dos seus fans. Case sempre, o equivalente comiqueiro da comida basura. E que ben sabe.
AG: Hay algunas obras muy buenas, pero soy incapaz de leerlos porque están al revés.
AN: Otra pregunta trampa, ¿no? El manga es lo mejor que le ha pasado al cómic en las últimas décadas: Toriyama, Tezuka, Otomo...
Catro cómics que regalariades este nadal para despois pedir prestados?
Snob: Facer iso é de pobres.
AG: Los frikis acabaríamos comprandolos. Si nos gusta algun comic, tenemos que tenerlo. De lo que se deduce que los comics que regalamos, si no los tenemos es que no nos gustan lo suficiente. De hecho estas navidades voy a regalar el libro "La física de los superheroes", y supongo que lo pediré prestado.
AN: Por ejemplo estos cuatro: Louis Riel, Saigón/Hanoi, 20th Century Boys y Las luces del Amalou.
E para os que queiran ir a revolver, unha librería de referencia na vosa cidade.
Snob: A Gata Tola en Santiago de Compostela.
AG: Sin dudarlo, apunten: BD. Banda Deseñada, r/ Cataluña, 27 Vigo, 36.206 Tlf. 986 129571. Y no me dan comisión.
AN: Alita Comics en la Ronda de Nelle o Alita Comics en la calle del Orzán,tanto monta, monta tanto.
Moitas gracias polo voso tempo, e se hai algo máis que dicir…a escribir.
Alberto García (turutu): Nada más. Muchas gracias a tí por acordarte de mí, y Feliz Navidad a todos y todas.
Alita News: Que ninguna lectura puede superar a los mejores cómics del mundo. Saludos cordiales.
7 comentários:
Moitas gracias aos tres e un listado de máis librerías especializadas: aquí
A Turuto xa lle coñecía os gustos (e moitas cousas mais, que xa son anos) pero sorprendéronme as miñas similitudes con Snob. Mais das que agardaba.
Que risos com Snob XD XD XD
eimmm, perdinme un chisco...boto outra ollada :)
Míreme ese correo electrónico e contésteme algo, ho.
Saúde e Bo Nadal!
Xa mirei :P e an...eu botei un lote delas, que estes homes saben moito.
Eu son súper-fan de Snob!
Enviar um comentário