Nunca imos sos a (case) ningún lado, estámonos parecendo aos mormóns (na poligamia tamén?). Mentres uns desertores ían en tropel á LaCoru, outros iamos ao concerto homenaxe aos voluntarios que traballaron arreo na extinción dos lumes deste verán. Aos teloneiros (se é que os houbo ao final, que non o sei) e aos The Pinkertones non chegamos, porque eso de facer os concertos tan cedo en días laborables é un pecado, sobre todo cando non vives nesa cidade (igual era tema de mudar tamén os fusos horarios dentro de Galicia).
Despois non decepcionaron para nada Asian Dub Foundation, que tiñan moi claro para que era o concerto e onde estaban, Santiago foi a palabra que máis se lles escoitou. Tremendo directo, nada máis que dicir, so... jump, jump, jump!!!. E logo tamén vimos a Lamatumbá, que como equipo local tiña máis aficionados no lugar. Por moito que digan: "non me gustan", "non son moi deles" e todo iso, para armar festa a min paréceme boa opción, moi boa, a verdade.
O Multiusos Fontes do Sar como que me gustou abondo, a única pega, por poñer algunha, o tema das escaleiras, polo demais moi ben o sitio. Por outra banda, moita xente, moita maruxa, moito de beber...buen rollito en xeral e "dous postes da luz" (ver imaxe superior), ben denominados así por ifrit, que anque non bailaron moito, recoñeceron que ADF están moi ben e que que sorpresa escoitar un carnavalito da man dun grupo galego que falaba de cumbia e verbena. Como nin conta me daba do que era un carnavalito, o youtube sempre nos ilustra: mostras enxebres de Umawaka e Tomás Lipán, que en Arxentina tamén hai floklore.
Como agasallo trouxemos de balde para a casa estas camisolas tan verdes patrocinadas por Vicepresidencia da Igualdade e Benestar (Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade), que a Xunta tamén sabe armar festa, vamos.
E para mostra un botón, conste que o directo está moitísimo mellor.
Dhol Rinse-Asian Dub Foundation
1 comentário:
Non hai nada como andar de festa e concertos... e máis se che regalan tops deses.
Enviar um comentário