
Que che saque alguén unha foto mentres ti pos os índices a altura dos buracos das orellas e colocas a cabeza de xeito que a parte baixa dos teus iris coincida e estea aliñada coa liña imaxinaria que une o borde superior dos teus índices. Boca pecha, cara relaxada... e despois a comparar. O tamaño ideal da foto:18x13 cm ou 20x26 cm.
Canto máis encaixen os nosos rasgos nos trazos das máscaras, máis nos achegamos ao suposto ideal de beleza.
E por bonito, a lotería debería caer no número 1.618, o número Phi ou número áureo, que seica é o que define as proporcións que dan beleza a tódalas cousas.
O que non se mide con isto é a beleza interior, non? Pero esa ben se ve, penso eu.
Ligazóns:
Fibonnacci numbers and the golden section
4 comentários:
Que complicado saber se um é guapo ou não... a mim penso que se me nota a simple vista ;-)
Moi bo!
Algún día conseguirase demostrar cun "método de laboratorio" como se comporta o cerebro ante a proporción áurea.
Mentres tanto, xa sei que pedirlle o meu ciruxán de Corporación Dermoestética xDD
O de abaixo non sei se será ghuapo, pero ten unha cara que mete medo. Lémbrame ao do meu xefe cando os sindicalistas lle comentan que hai que renegociar o convenio...
"Que se mueran los feos" que somos todos guapos abondo, e seguro que o teu xefe tamén ten o seu atractivo larvós (no fondo, no fondo).
Chexire non che sabía do blogue :)e Sugar Kane :P
Bonitirmos todos!
Enviar um comentário