Estaba lendo
este post de Juan Freire no seu blogue
Nómada no que comeza falando das redes hiperlocais e remata ligando o blogue do
barrio dos Rosales aquí na Coruña e curiosamente hoxe tamén fun dar ao blogue doutro barrio, o
dos Mallos.
Este tipo de iniciativas están moi ben, son un medio máis de por en contacto á xente co que acontece no seu lugar de residencia alonxado xa das novas dos xornais e tamén un medio máis para o debate e como non, para a denuncia.
Todo isto lévame a pensar no que están denominando
xornalismo 3.0 e na nova páxina
mandati.wordpress.com creada a iniciativa de
Zerovacas. A rede non deixa de ser un espacio onde todos temos voz e podemos ser escoitados. Xa non haberá ninguén que nos faga calar o que pensamos, poñer trabas para denunciar as deficiencias que atopamos arredor, evitar que critiquemos o que está mal feito, que louvemos o que nos parece un bo traballo e que manifestemos as nosas opinións sobre calquera tema que nos interese.
Din que o que non está en internet non existe, agora con estes proxectos a realidade será cada vez máis real porque é a xente a que se move, a que insta aos gobernantes a abrir os ollos e darse conta de para que serve o cargo que ocupan e que están ao servicio daqueles que os escolleron, co cal deberían facer ben o seu traballo igual que os demais o facemos.
Ogallá que toda Galiza contase con conexión a internet, porque a proximidade das eleccións e surxemento destas redes hiperlocais igual poderían facer espabilar aos políticos e facer que se deran conta de que o seu traballo é avaliado polos veciños e que tivesen máis en conta as suxerencias que lles dan e a problemática de cada sitio en concreto, para non rematar dicindo esa bonita frase que é "yo no sabía nada, me enteré por la prensa".
Creo que a partir de agora non van ter excusa.

E aquí as páxinas dos barrios da Coruña. A min, persoalmente, gústame máis o formato blogue dos Rosales, dos Mallos e de Matogrande. Conta con foros o Mesoiro e Someso e son moito menos participativas a do Ventorrillo e a do Ensanche.
Barrio dos RosalesBarrio dos MallosBarrio de MatograndeBarrio do VentorrilloBarrio do EnsancheBarrio de MesoiroBarrio de SomesoEu o máis parecido que tiña sobre
Oroso era o blogue de Miguel Edreira Castro:
Por Sigüeiro pasa lixeiro! e
un post de Manuel Gago sobre os castros e con denuncia incluida, que non me extraña, que o do patrimonio da pena. Polo de agora conformareime co
Metropolitano a falta dalgo máis xornal 3.0.
Curioseando por aí atopo
Oroso nas contas de
A Madriña Asociados Ltd., blogue que seguro que hei visitar máis a miúdo e tamén á súa
Accionista nº 69. Por certo, onde poido escoitar a Remolca Madriña?? Mentres tanto vou ver que tal o
Doctor Harapos.