
Elos é un blogue colectivo ao que se pode unir quen queira mandando un correo a silvinho.galiza(arroba)gmail.com. As normas para escribir nel son ben sinxelas:
1. Coller a última frase que se puxo no último post publicado.
2. No caso de que dúas persoas contesten á vez, a contestación debe ser unha mezcla das dúas frases.
3. Aconséllase un/dous posts por semana e persoa (ás veces eu farei máis pra dirixir os temas cara un lado ou outro).
4. Non insultar nin faltar ao respeto a ninguén.
Xa hai moita xente participando. A día de hoxe eu recomendaríavos ir seguindo (e uníndovos) unha historia que surxiu así daquela maneira e que a min, agora mesmo, tenme intrigada porque non sei o xeito no que rematará.
1. Obsesion de Rosa Enríquez
2. Re-start de Elianinha
3. Gústame o azul clariño (mea culpa)
4. Que mo digan a min de Rifo I de Zeuquirne
5. Marabillosa urxencia de Ghanito
6. De película (mea culpa)
Esto dos blogues colectivos e colaborativos está moi ben, e non hai máis que ver o + dylan, o Contasoños e as Historias eléctricas. Anda que non temos cousas que contar e sen cobrar polos dereitos de autor.
7 comentários:
Qué chulada de cadena y de historieta, Besbe...éso sí, tu toque es el mejor!
Que díver! :) I'll stay tuned!
Ola rapaza¡ Aquí valdeorosa óesme? Pareceume xenial esto do blog colectivo. Unha aperta(non deixes de visitarmos. Asor e eu recibirémoste encantadas) Bicaço
iso está ben praos que escribides con xeito, ao resto quédanos admirar o que nos deixades...
apertas
ra, moitas gracias pero podías animarte ti a escribir algo que seguro que nos ías a deixar a todos pampos :)
prosciutto, estou que non como de ver como lle vai a vida a Manola XD
valdeorosa, eres xenial :)
nemeth, escribeeee que eu polo menos non teño xeito ningún e como din por aí: no nos mires, únete!
¡¡+dylan é so do mestre delaHighway61!! ¡¡Ollo ó dato!!
mea culpa!!
Enviar um comentário