Pois non chegamos a ver a Deluxe nin Sak nin eu, e acompañados de SugarKane vimos aos Happy Mondays que traían un maraqueiro que non deixou de saltar dun lado para outro no escenario e que comezou a facer o que facía o Raticulín coas mans (ou o símbolo do feminismo, ese trianguliño coas dúas mans) cando cantaron Hallelujah.
Happy Mondays-Halleluja
O momento Raticulín, despistoume de todo.
Despois doutro eterno descanso e ir "á farola ao lado dos cochitos" puiden poñerlle cara a Bran, outro asistente ao concerto que agardaba a Siniestro Total e ver de novo ao señor Harvey e aos rapaces de Quant, Siniestro repasou todos os seus éxitos e despois de referencias a temas futboleiros e das moitas ganas de falar que tiña o Julián apareceu o Reixa coa súa matanza do porco.
O mellor de todo, o himno ruso do final cando os vigueses saíron en fila a saúdar e, para o meu descoloque total, alí ergueron os brazos en alto e de novo o dichoso trianguliño...alguén mo pode explicar?? Será cousa de extraterrestres? Porque tamén avistamos OVNIS esa noite.
En fin, que me gustan as conversas post-concertos, que da gusto escoitar a estes homes e que o venres iremos dar unha volta aos grandes almacéns da fnac.
sé que soy una alimaña...
10 comentários:
pero tengo corazón... é como sigue a canción :) no dos extraterrestres non che podo axudar ;)
Polo fnac andou o marcus.
pero tú eres peor que yo...opaco :)
os extraterrestres non sei eu se serían tales.
acedre, está ben o avance de marcus eu, para variar, vou co populacho que non me convidan a inauguracións :D
¿a que hora ides o venres á FNAC?
Igual era cuestión de apuntarse... :-)
bueno, cando falo de "imos" falo de min mailas miñas circunstancias :D que non quedei con ninguén para ir.
o do triangulinho xa o faciam os siniestro fai muito tempo, nom sei a orixe, pero no seu disco en directo "ante todo mucha calma" sae umha foto, na contraportada penso, coas mans raticulianas.
Pois eu fun onte e vin cousas interesantes. Hai bastantes discos de oferta, mais non sei se a oferta acaba esta semana porque é a apertura... De todas formas irei un dia destes mercar algunha que outra cousa xD
q envexa eu nom puidem ir. conformeime con ver unhas fotos.
ando leadisimo co chollo e as frikalladas varias nas q andamos metidos.....
esta finde volvemos a pinchar sera o sabado no pub guru....
haber cando nos vemos q xa fai tempo
mentres mandoche un saudo e umha aperta.,,,beijos
E que non para vostede!, da xenio vela, si señora.
Eu tamén me pregunto a que ven o do triangulo... tanto sobar nos simbolos non é bo, rematan por coller boliñas coma os xerseis...
Parece que no Fnac estaba a crem da crem.Os lacoruñeses levanse todo: o Fnac, Ikea...a nos como dician os Siniestro "menos mal que nos queda Portugal"
Enviar um comentário