6/27/2007

Oroso es "solo" un estado de ánimo

"Solo" un estado de ánimo. Non o puxen en dúbida en ningún momento. E nun comezo ía ser cousa de tres que se converteron en catro (para ser 5 de 5), e ao remate acabamos sendo seis. A praza do Concello de Oroso nunca tivo tan bos inquilinos nas terrazas, nin sorpresas tan gratas e, moito menos, rapaces tan guapos. O sol acompañou en tan bonito encontro iluminando as ideas e os contos que surxían sen parar nunha conversa que nos descubría os monumentos do concello e que continuou nun coche cotroso coa facción menos tensa do grupo.

Creo que nunca me sentín máis agusto na miña vida namais coñecer a alguén, nótase no trato, nótase nas miradas e nótase nos risos. E como non, fun colmada de agasallos e xa teño a miña serigrafía nº 13 no meu poder que, anque mete medo, xa ten un lugar reservado nunha das paredes da miña casa.



Remolca Madriña son especiais, e se non cadramos antes, o 28 de xullo en Vigo será un gran día para celebrar en concerto o "Born 31th de Xullo" e para volver a vernos, desta vez sen presas e sen perder máis cousas. Menos mal que Cinderella sempre terá a súa fada Madriña.



Nenos: Campei!!!

Punto importante: eu non vou a Colombia, os voy a hacer trabajar duro. Resumo da reunión: homérica si, pero o de kafkiano tamén se deixou oír.

B.S.O. Remolca Madriña- Al uso principal. Un 10.

8 comentários:

Anónimo disse...

Campei !! Polo Oroso´s Meeting, e campei polos estados de ánimo ( sexan como sexan). A Madriña non debera asustar porque recordade, non ten medo quen nada ten que temer.
PD. Recomendacións para Besbe. Cariñosamente.."Angelóptico" en Vigo..¿rapaces? ¿guapos?. ou estas segura que estiveches cos auténticos RM ?, estes cabróns foron capaces de enviarche uns sosías :)

besbe disse...

Angelóptico, e tan capaces serían e serán. Nada teño que temer e reafírmome, rapaces ghuapirmos! E ale, ale a facer de Oroso un sitio mellor :) Con mucho amor!

Anónimo disse...

Cinderella sempre terá a súa fada Madriña, pero neste caso o perdido perdido queda, como penitencia pola falta de cuidado e atención sobre tan fermoso agasallo. Remedio: a visita a vitrina fará que posible o reencontro.

Anónimo disse...

Uno de los grandes misterios del universo A Madriña acaba de resolverse: la virtual Besbe resulta ser una pedazo mujer de carne y hueso.
P.D.: Non eran sosías, allí estabamos la flor y nata (marchita y cortada) de los accionistas.
Salud y buen rollito.
a

besbe disse...

peich, ten seguro que me hei pasar por aí, que non hai mal que por ben non veña :)(véxase un segundo encontro)

dal, tamén se me resolveu un dos meus grandes misterios e nada de marchitos e cortados, que eu ben vos vin. Facilón :D, bicos!

Anónimo disse...

Semos a "endivia" da elite musical viguesa,..RM o primeiro grupo da cidade olívica con "personal training" !!!... por certo Besbe, voume lesionado da moneca esquerda, o xoves dinme de máis no histórico ensaio previo ós 15 días de reflexión...tutto por Daly,..pero tranquis ragazzos/as que o 28 de Xullo estaremos on the stage!!!
Que a Madriña bless you all!!!

besbe disse...

arggghh no se os puede dejar solos!!! Amputación e cortar polo sano como nos 15 días de reflexión non esteas xa coa man ben, con estas ameazas seguro que sanas e se non, haberá que facer de "personal training", que vos quero en forma caramba!

Benditos ustedes.

Anónimo disse...

oroso, ciudad de vacaciones (tiembla marina d0r)

besbe RM girl ("del teide al ...")
forever

15 días de re - flexión ???



salud.-