6/14/2007

Xoguemos un cabrón

Cando lin un anaquiño de Herba Moura na de Xabre sentinme bastante identificada e decidín lelo.



O conto é que, gracias xa non á herba moura se non á ortiga morta, acabo de gañar un libro.



E como a cousa vai de plantas e de libros, recomendo a lectura de Ortigas, de Xía Arias que é a onde pertencen as seguintes letras:

"Cando vou en coche miro para fóra e véxome correndo ao par,
á mesma velocidade, poñéndome carantoñas.
Teño por norma non pisar o chan.
Vou por riba dos quitamedos,
salto ao sinal,
cambio para o muro,
volta ao quitamedos e outro sinal.
Son eu e non son eu: ás veces, son un debuxo animado.

Cando na estrada teño medo agárrome a todo.
Laura non se move, mírame de esguello e como que ri.
Pensas que se perde algo?"


O seguinte vai adicado

"Ensínasme a deda grande do pé montada no índice. Teño que entender que non? Xoguemos un tute a tres. Iso é un cabrón. Xoguemos un cabrón."

Rematarei escollendo Herbario? Algunha recomenda? Ten que ser de Rinoceronte.

9 comentários:

An disse...

Gosto do texto, como gosto do tute cabron, cantas horas perdidas diante das carta no pasado, e que esquecido teño xa ese xogo, parece que os mouros entraran nos meus miolos, e por envexa arrincasen a suas reglas..20 en bastos...
Un bico :)

besbe disse...

di que si an, e mira que ao tute sempre facía renuncios sen querer e as amigas sempre mo botaban en cara :D

Creo que cantei victoria antes de tempo e igual non gañei o libro, sempre poderei retar a un tute cabrón a ver se teño sorte e así remato gañándoo.

Bicos an :)

Mario disse...

De Rinoceronte recoméndoche Anxos do Universo, que foi do que máis gostei até agora, e se xa o liches Paasilinna e Houellebecq tamén son boas segundas opcións (moi moi distintas, claro). Herbario non che me chistou moito, tanto consello, tanto consello...

besbe disse...

gracias Mario, o de Paasilinna está comezado e Houellebecq lido e relido. Así desbotarei Herbario e terei entón a Anxos do Universo como boa opción.

Elianinha disse...

Ah, e o meu comentario??? Nada, insisto: eu quedaría co de Márai, moi recomendable (escribino hai 3 horas, pero desapareceu)

Nuca disse...

eu sempre chamei estrugas a esas plantiñas que pican, pero ortigas está ben (urtica dioica)

David disse...

Estiven mirando o catálogo e o único que coñezo é o Decamerón de Bocaccio, así que moito non che podo recomendar... :D Desfruta da lectura!

rosa enriquez disse...

Eu pasei tardes xogando ao Tute na cantina de San Martiño do Bolo.Se pasara así tanto tempo facendo un curso de informática básica...
Ti non o sabes pero para entrar en Elos e escribir un post teño que pasar sempre polo teu blog. Non é que me moleste, ao contrario sempre é un gustaso lerte, pero é que ... Non teño remedio Besbe. Non o teño. Un saúdo dunha muller desinformatizada.(valdeorosa-rosa)

R.R. disse...

¡¡Unha soidade demasiado ruidosa!!