En Capítulo 0 sempre atopo cousas moi interesantes e hoxe quedo con Confianza (ao mellor o menos interesante de todo o blogue), da que copio esta frase e esencia do post:
"-No traballo, comezo a fiarme dunha persoa -aseguroume- cando lle escoito dicir: “Non sei”. Pero realmente confío nela a partir da primeira vez que me di: “Trabuqueime”."
Eu aplicaríao non so ao traballo se non ao resto dos ámbitos da vida.
8 comentários:
E eu, e eu, porque anque eu non me trabuque xamais non deixo de recoñecer o valor que ten que os que si o fan o recoñezan, ou?.
Fum ver a Capitulo 0 e si que está interessante, si :)
A min pásame como a Moucho Branco. En todo caso, e non é por joder, xusto xusto no traballo, que che toque con alguén que "ui, non sei" e "ui, trabuqueime" tampouco é que me entusiasme.
obrigada pola publi ;)
Eu tamén o aplicaría a todo. Ao igual que aquel dito (que non sei onde lin)de "pregunta unha vez e tomarante por parvo, non preguntes e seralo toda a vida".
E a base de erros se aprende :)
Apertas!
vexo que a infalibilidade a comparto tamén con dous visitantes deste lugar
Eu comezo a confiar plenamente cando vexo que realmente fai por non volver a trabucarse unha e outra vez no mesmo, pódese dicir que son case como Santo Tomás.
moito infalible hai por aquí :D, pois eu trabúcome, que pasa? eso si, tamén estou dacordo coa doutora seymour, anque din que o home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra. E tamén quedo co que di beluka.
E home, de la highway, no traballo é un pouco peor, pero aí mellor que digan que non saben a non ter que ir despois a correxir ou botar bronca.
Helena, que tal foi?
Enviar um comentário