
A escolla do día 25 de novembro foi para conmemorar o violento asasinato no 1960 das irmás Patria, Minerva e María Teresa Mirabal, "Las Mariposas"(a ligazón ten musiquiña), activistas políticas da República Dominicana e símbolos visibles da resistencia contra a dictadura de Trujillo.
O concello da Coruña colabora cunha iniciativa da Obra Social da Fundación "la Caixa" (que ten un(s) empregado(s) la mar de simpático(s) ) acollendo nos xardíns de Méndez Núñez unha carpa que estará ata o 10 de decembro. O obxectivo é a prevención e a sensibilización social fronte aos malos tratos abarcando a violencia de xénero, a doméstica e a violencia nas aulas.
Dan informacion tamén sobre como recoñecer casos de maltrato, como asesorarse e a onde acudir en caso de querer denunciar. De axuda, así a primeiras pode ser o teléfono de Informacion á Muller (24 horas) 900 400 273 que é gratuíto.
Casos de violencia no fogar case todos coñecemos, o máis próximo que coñezo é á inversa: unha muller que maltrataba físicamente ao home. A cousa durou anos, os veciños sempre contaban como ás veces oían no medio da noite que el collía o coche e marchaba para a casa de seus pais, de vela a ela zouparlle algunha que outra vez...a cousa rematou en separación. A pesar de que era sabido sempre quedaba todo en comentarios soltos sobre o caso e en que non hai que meterse nas cousas dos demais, a verdade é que é un tema moi delicado. Tamén delicado son os casos de maltrato a anciáns e enfermos crónicos e a situación de dependencia destes colectivos facilita que a súa problemática non saia sempre á luz.
Sobre o da violencia nas aulas e cara os compañeiros, está claro que é algo que a día de hoxe está moi presente. A rapaza que nos trouxo ao traballo toda esta información contábanos que nun colexio que visitara, ao comentar este punto, unha nena de catro anos preguntáralle que que pasaba cando a violencia era cara o mestre. Pregunta tan inocente dixo que lle dera que pensar e que non entendía aínda as causas desas conductas entre a xente máis nova.
Por último facer unha referencia aos casos de violencia sexual dentro da parella, que unha cousa son certas prácticas sexuais consentidas e outra cousa son violacións, tocamentos non consentidos, vexacións, coaccións, inducción á prostitución etc. Ninguén pode obrigar a ninguén a facer algo en contra da súa vontade e moito menos neste ámbito.
Macroenquisa sobre a violencia contra as mulleres en Galicia. Informe de resultados. Maio 2006.(.pdf)
Datos de violencia contra as mulleres na Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2006 (que pasa en Pontevedra?)
Denuncias por malos tratos por Comunidades Autónomas do 2002 ao 2006 en España producidos pola parella ou ex-parella(MTAS)
3 comentários:
Ola outra vez, que fun ata a carpa instalada nos xardíns e case saio chorando dela.
O máis bonito foi que en todo o paseo fun acompañada doutra rapaza porquen entraramos ao mesmo tempo, e na recta final onde andabamos aguantando as bágoas chega un neno pequeno berrando: "Mamá, mamá!" e detrás un home. Eran o seu fillo e o seu home, foi un bo final para rematar a visita.
Os de la Caixa xeniais, exposicións en castelán e galego, moi boa información, e despois danche unha camisola co lema "Violencia: Tolerancia cero".
Sei que alguén dirá que está moi ben eso da sensibilización pero o que importan son os feitos, pois iso, a comezar por nós mesmos.
grazas por estes materiais que deixas e compartes. O día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres ten que ser todos os días. Ben sei que é un lugar comun decir iso, pero tamén ben sei que fai moitísima falta.
Impresionante! En todos os sentidos!
Grazas pola información, formación e sensibilidade ao lembrar tamén aos outros colectivos desfavorecidos, como os vellos e os enfermos crónicos.
Unha forte apreta
Enviar um comentário