11/21/2006

Máis concursos de fotografía


Acabo de ver outros dous concursos de fotografía:

O primeiro convócao o concello de A Coruña, Coruña en foto 06, e o prazo remata este 25 de novembro, en troques ofrécennos unha viaxe a Londres.
Pode ser unha boa oportunidade para retratar unha cidade que, a verdade, ten sitios moi bonitos: as praias, o paseo marítimo coas súas farolas de miles de euros, a sempre presente Torre de Hércules, o monte de San Pedro aínda sen ascensor e protagonista dunha manifestación contra o desfile militar no 2005, os ascensores do edificio da Fundación Caixa Galicia nos Cantóns, as galerías da avenida da Marina, os xardíns de Méndez Núñez, o parque de Santa Margarida, a zona vella... anque, dende logo, cando oes un "buh, neno!" non é precisamente todo iso o que che ven á cabeza.

Outro non tan bonito é o que convoca Audasa co obxectivo "de destacar fotograficamente os valores da autoestrada Ferrol-Fronteira Portugesa (AP-9) en calquera dos seus aspectos. O tema da fotografía deberá estar, polo tanto, relacionado coa autoestrada AP-9 e o seu entorno."
O premio é interesante e a temática creo que este ano, entre algunha que outra retención, queda marcada polo lume. Ou non?


4 comentários:

Anónimo disse...

¡Mira que son antigos os de Audasa!
"Las fotografías deberán entregarse o enviarse debidamente protegidas a AUDASA, c/ Alfredo Vicenti, 15 - 15004 A Coruña, en sobre cerrado"
¡en papel!
¡vaiche boa!

besbe disse...

Tan antigos coma as súas autopistas e as súas peaxes...portagems?? (agh so me sae handebol)
Como se di en galego o "peaje/toll"??

besbe disse...

Quería mandar aquí co handebol:
http://chuza.org/historia/seleccons-galegas-de-handebol-seram-umha-realidade-no-mes-de-setembro/

Veloso disse...

Eu son deses vigueses que falan ben da Coruña, así que agardo ver esas fotos, e non só as da túa cidade, senón as que fagas en Londres cando gañes o premio. O da autoestrada xa non o vexo tan claro.