Hai dous anos tiven unha compañeira que era de Valencia de Alcántara (hoxe coñecido por ser lugar de orixe de Soraya, a do "Poyeya"). Contoume que no 2003, cando houbera tanto incendio por Portugal e en zonas que lles quedaban preto, chamaran a Junta de Extremadura para dar conta do feito, pero como o lume aínda non traspasara fronteiras, non lles entraba nas competencias. Cando pasou a territorio de competencia foi tarde, o vento e a pouca previsión fixeron que ardera moito monte por alí, moitas familias que dependían do alcornoque (sobreiro...pra falar como é debido) viron como a súa fonte de vida se queimaba.
Daquela, esta rapaza contábame como por aquelas terras comparaban o desastre ao do "Prestige" en Galicia. Lembraba entón un incendio: a devesa que tiñamos ao lado da casa queimábase. Era e é o único recordo que teño de lume en primeira persoa, case non lembro nada de cando era pequena pero diso non me esquecín.
A min non me gustan os eucaliptos, a min non me gusta o feísmo da terra, igual tampouco estou contenta co goberno (nunca o estamos, cousa máis ou menos normal), pero non por iso ando a prender lume de noite.
Dádesme noxo, asqueádesme, mándovos ao inferno e ogallá exista e vos queimedes nel, merdentos.
13 comentários:
É tristísimo ver arder calquera cousa (menos unha churrascada e a fogueira de San Xoán) pero tamén é que estes montes que temos pídeno a berros.
Un saúdo.
Os salvaxes que queiman a terra,nada de cadea, a prantar as árbores o resto da sua vida, que na Lama están moi cómodos. non lles falta de nada.
Estou en Castela pero estou conectada aos incendios que asolagan ao meu tabeirós-terra de montes. Ate aquí tamén chega o fume e dame ganas de berrar...
Cóstame moito imaxinar que haxa tanta xente que por accidente ou inciativa pèrsoal quiemen os bosques... que hai de verdade detrás de todo isto??.
Un saúdo.
Só un 5% dos incendiarios son collidos e deles só outro 5% cumpren penas de prisión. En España só hai diagnosticados en total 100 pirómanos. Os terreos queimados que non se poden recualificar para a construción son só os forestais, e as urbanizacións non se fan no medio do monte. Terra Mítica construíuse sobre as cinzas catro anos despois.
E hai un interese mediático (ao lado de grandes poboacións, con Vigo sepultado baixo o fume e as cinxas; de par da autoestrada, cortada entre Santiago e Padrón) e político claro nestes incendios.
DEIXAR O RATO E COLLER O SACHO..!
Se queredes pasade o enlace...!
NUNCA MAIS INCENDIOS EN GALICIA...!
falaba eu cun meu amigo, brigada dende fai anos, e contábame que moitos dos incendios eran provocados por xente que solicitara posto de traballo no verán como brigadista e foran rexeitados. Intúo que algunha conexión ten que haber entre este dato obxectivo e o feito de que este ano entrase xente nova nas brigadas (o certo é que os mesmos de sempre chupaban do bote ano tras ano, as prazas estaban asignadas de antemán co anterior goberno). Este ano, máis ca nunca, hai moito descontento con ganas de vinganza, e sobre todo se son dos que se crían donos das prazas, dos que viron como o novo goberno remataba co caciqueo nese eido... velaí está o Núñez Feixoo sacando a colación o das probas de galego; por tras dese requisito e desas queixais quizais haxa moito máis que, agardo, co tempo se descubra.
Voluntários contra o lume
Como participar?
http://213.60.252.134/ga/upload/not/13-d-Comoparticipar.pdf
Agora SOS
Das cinzas e do lume
Renasce a esperança
Por amor ou ciúme
Mas nunca por vingança
De Pitiño
Para Algum lugar na Galiza
Thank you!
[url=http://kxvjvpnk.com/inyd/rbtc.html]My homepage[/url] | [url=http://fcmwodym.com/wxet/dsvk.html]Cool site[/url]
Good design!
My homepage | Please visit
Great work!
http://kxvjvpnk.com/inyd/rbtc.html | http://msjqcadv.com/dlaa/efqf.html
Great work!
http://kxvjvpnk.com/inyd/rbtc.html | http://msjqcadv.com/dlaa/efqf.html
Enviar um comentário