10/12/2006

Mulleres


Estou lendo "Mulleres" de Charles Bukowski e reproduzo unhas liñas do libro, unha conversa, para min, cargada de razón e traducida libremente ao galego:

"- Non quero foderte, Dee Dee -dixen eu-, ás veces pórtome mal coas mulleres.
- Díxenche que te quero.
- Non o fagas. Non me queiras.
- De acordo -dixo ela- non te quero, case te quero. Está ben así?
- É bastante mellor que o outro."

E a Dee Dee esta, estame caendo ben:

" Dee Dee sabía unhas cantas cousas sobre a vida. Dee Dee sabía que o que lle pasaba a un pasáballe á maioría de nos. As nosas vidas non eran tan diferentes, anque gostasemos de pensar o contrario"

E fóra dramatismos que vai con toda a inocencia.

6 comentários:

Torreira disse...

Querer case a alguén...que responsabilidade!

Silvio Falcón disse...

¿Como case-se-quere?

Parabéns polo blog.

Saúdos

Asimè Triko disse...

A ver se me dis unhas cousas: en que editorial saiu? en galego, castelán...? gracias e un saúdo.

Anónimo disse...

Case-querer...
¿E non será estar case-seguro de querer?

Case da igual

besbe disse...

Case-querer...ás veces é mellor non admitir as cousas e case lle vou dar a razón a ghanito :) e para min é menos responsabilidade torreira.

Gracias silvio falcón e, sr nohara, estouno lendo en castelán na editorial Anagrama.

Bicos, bicos!

paideleo disse...

Prefiro a historia de pesca de chocos e polbos.