10/18/2006

Buscando,buscando.

Andaba buscando a ver de que ía o concerto que ía dar un amigo, que me dixo que era en homenaxe a alguén, este xoves no Ágora café(rúa Orzán 27-29, na Coruña, claro) e ao final remato supoñendo que será en homenaxe a Sabina... Acabo de lembrar que é concerto homenaxe a Quique González ,o conto é que me da que non vou poder ir, ou si, eu que sei.

A onde non me disgustaría nada ir sería ao Erasmus Sound Festival 2006, a celebrar o 10 de novembro no Coliseum (tamén da Coruña) anque namais sexa para ir ver a Pony Pony Run Run e a Soardy . A ver se podemos.

Polo demais, aproveito para dar as gracias aos colaboradores da aventura "Buscando gaiteiro desesperadamente" do venres tarde e sábado mañá desta pasada fin de semana: postscriptum, Fátima, Damián, Iago, Rubén, Moncho, Alizinha, Santiago, Guille, Arduina, dorfun, Checha e Noa da Repichoca, Aaron, Dani, Álex, Antón, Dubi, Richi, Pablo, Troitiño, ao gaiteiro anónimo e finalmente the Oscar goes to...Pedro!!!. E perdón polas molestias... procrastinación mala cousa (pero as circunstancias obrigaron)

4 comentários:

Anónimo disse...

Ó final saiu ben a cousa?

besbe disse...

Moi ben, tiñas razón, a Repichoca foi a salvación :). Moitas gracias!

emereci disse...

ei, a quique gonzalez vino eu hai unha semana nun bar de santiago (de chile)... a miña primeira noite de farra chilena e atópome cun concerto dun cantautor español, que cousas ten a vida.

besbe disse...

Será para que te vaias desenmorriñando pouco a pouco :)