1/28/2007

The Homens: a miña primeira vez e outras historias

E a miña primeira vez foi en compañía de dous gafapastas do máis agradables na Mardi Gras. Eu fun a esperar a Gustavo Harvey á estación de tren que ía facer un non-stop de concertos despois do mércores en Ferrol e o xoves en Compostela, e como non hai dous sen tres...A Coruña foi a súa seguinte parada técnica.


Mentres tardabamos en chegar á Travesía da Torre por culpa de andar á procura dun guante que o Gustavo perdera e andar medios tolleitos por culpa do frío, ghanito estaba escoitando a Os Gin Tonics que nolo resumiu perfectamente cando aterramos na ateigadiña Mardi Gras: son un grupo de Ordes (pero a min non sei que me da que son de Oroso: bonito lugar e mellor xente), cantan en inglés, falan galego e fan as brincadeiras en castelán. Dito esto procedemos a escoitar a The Homens: moi ben, moi ben, moi ben. Alí estivemos coreando púdrete, uh, uh, uh, hei confesa que te poño, ven bailar, es a miña toxic girl (mentres ghanito e Gustavo Harvey me deixaban moi claro o que eran "ganas de roer") e o Long Time entre outros. Non nos enteramos do chiste pq tamén lle demos á lingua de carai.

E como tamén tiñamos reservadas entradas para o concerto de The Bongolian no Playa e aínda estabamos a tempo fomos nun taxi cara alí. O taxista, venezolano de orixe canario, caeume ben, estívonos falando no traxecto das bandeiras do Orzán que seica o outro día había un fulano subido no mastro dunha delas para quitala, ante o cal preguntamos: "e cal das dúas quería quitar?" e no medio das risas dixo o taxista que a marela e vermella esa. Procedeu a falar das patrias e cando nos deixou no Playa díxolles aos rapaces que coidasen de min. Dicir dixeron que si, anque coidar coidaron máis da estatua esta ca de min.


The Bongolian xeniais, a min non me digades por que fixéronme lembrar a Scooby Doo, a Harvey a Austin Powers e a ghanito non sei, que estaba todo emocionado bailando. Portáronse os Bongolian na Coruña e nos disfrutamos un montón con eles, así que cando remataron procedemos a continuar co disfrute, previo paso polo caixeiro. Despois ghanito tivo que retirar, moi ao noso pesar, e para afogar penas dirixímonos ao Milk, onde eu me lembrei dunha cea de verán na que falamos do sitio e os dous nos acordamos da última vez que estiveramos alí, o día do partido da selección galega.



E como somos xente sociable, fixemos amistade cun rapaz de Xinzo de Limia e acompañantes, que nos falou do tema das pantallas e do antroido entre outras moitas cousas e que voltamos a atopar no Playa onde seguimos confraternizando. Despois diso, non sei a que hora xa, procedemos a retirarnos, que o pobre do Gustavo Harvey despois da festa dos días anteriores estaba algo canso e a min pareceume boa idea eso de ir durmila entre as mantas. E ata aí, señores, outra noite a lembrar e o que non veu foi porque non quixo. Bicos!

3 comentários:

Anónimo disse...

Que fria era a Cleopatra.... mira que o intentei toda a noite e nada, sempre fazendo-se a louca!!

Outra vez será... adorei esta music-marathon que me marquei mas hoje tenho que botar reflex nos pés!!

Keep on dancing!!
Obrigado polas vossas atençons...

Anónimo disse...

Botaronme drogha no Cola.Cao que non lembro cando se fixeron esas dúas fotos.
E o concerto de The Bongolian... estiven alí, abofé. Porén non lembro moito da música.
Foi unha noite estupenda.

besbe disse...

Vaia par, vaia par...quero volver sair con vos, con Cleopatra e con Cola-cao!! Muases!