Regueifas no 4 caminhos-Alalá
Non vou ser eu a que diga o que é unha regueifa que xa o explican moi ben arriba, e o Gustavo Harvey (rapaz, que me das, que ultimamente so falo de ti) máis eu, que gustamos moito de facer trangalladas xuntos dos xeitos máis inverosímiles, puxémonos a regueifar e esto foi o que saiu:
Estaba a falar con Txiki,
un rapaz como non os hai,
"Escapa del, escapa filla"
sería o que diría calquera nai
A minha nai já me avisa
do perigo das rapaças,
pra colher-lhes o sabor
há que tomar duas taças
Para tomarlle dúas tazas
hai que volver a velas
e o malo das cativas
e que nunca chegas a coñecelas
Quase melhor nom saber
o que pensam essas lerchas,
que te usam pra umha noite
e logo deixam-te na percha
E se te deixan ben colgado
tampouco llo tomes a mal,
porque a ver a que home
non lle gusta unha comida sen sal
A comida sem sal, nena,
nom é para este gourmet
que gosta do bom vinho
e muito mais do bom comer
E a ver que andas comendo,
que ben se che ve na cara,
que o teu é trabar na carne
e darlle pouco a cuchara
Nom lhe dou muito à "cuchara"
pois gosto mais da culher
e ainda mais gosto
de comer boa mulher
A ver se atopas unha desas,
que che faga boa comida
e que entre perol e perol
che dea boa vida
Nom sei se é possível
a boa vida ao meu lado,
mais se me comem com bo jeito
serei homem engraçado
Pois con esas trazas que levas,
a ver a onde a vas buscar,
que muller tan completa
é complicado atopar
Eu nom ando à procura
de mulher que me merece,
me conformo com algumha
que nem rosme nem rece
Renega das santas mulleres
e búscaas de mala vida,
ti o que buscas
seguro que é unha querida
Tal cousa nom e certa
mulher meiga e teimosa,
que o que busca o superxis
é umha companheira animosa!
Pouco durmiría a compañeira
en semellante compaña,
que o que lle gusta a este malandro
é andar de troula e de farra
Mala imagem estou a dar
polas terras da Corunha
pois o que este homem quere
é umha boa carne para esta unha
Mira que comer carne
sempre é pecado en coresma,
e a imaxe que ti das,
paréceseche ben á miña mesma
Eu fartei de comer carne
e nom gosto do pescado
assim que desde agora mesmo
fago-me vegetariano
Come cenouras e come pepinos
pero nunca comas ovos
(non vaias gostar deles)
nin te mestures con isolinos
Som as isolinas pátrias
adoradoras dos pepinos,
mas este anarco-reintegrata
gosta do canibalismo
Xa dicía eu que era un veleta:
agora herba, agora carne,
non hai quen se aclare
con este home mangante
Este home gosta da carne
se pode lame-la antes
seja de porca, de vaca
ou de galega-falante
Pois se gosta da carne,
cónvidoo a unha enchenta,
véñase con toda a fame do mundo
o sábado a Compostela
...y si dios no lo remedia, alí estaremos coma reis que somos, o 6 de xaneiro no concerto da Sala Capitol de The Meteors+The Tumbitas+Los Santos.
Bueno e todo esto aprovéitoo para darlle a noraboa a ese home que é o regueifeiro e a todo o seu traballo na Regueifa e a toda a xente de Sono-Tone que é unha pasada, que están facendo un traballo de medo e que da xenio ver como o equipo funciona e a cantidade de cousas que nos están descubrindo: música galega, música extranxeira, música de hoxe e de sempre, videoclips, reseñas de libros, de cinema, entrevistas, os gustos musicais de persoas da nosa terra, sorteos, humor, foros...que máis se lle pode pedir, que máis se lle pode pedir A Revista Galega de Música??? Pois que dure, que medre e que nos siga embelesando moito tempo con eses sons musicais que nos achega cada semana.
5 comentários:
Isto de facer regueifas
é moito de admirar
hai por aí tanto talento
que entran gañas de beliscar.
Parabéns polas regueifas
da gusto vir a esta casa
entrevista ou toca a flauta
fai de todo esta rapaza
Gracias pola visita e o comentario.
Hai tempo que leo o teu blogue ainda que nunca comentara nada.
Saúde.
Gracias aos dous regueifeiros
por non perder as tradicións,
e ao home das mulleres
siga lendo e comente un montón.
Hahahahaha, vaia dous, rin un pedazo coa regueifa, que fenómenos!!!
Enviar um comentário