8/15/2007

Preguiceira

Tan preguiceira que non se me da por falar de Mario e de L´affiche rouge que moito me gustou e que quero reler porque sempre se me pasa algo por alto e creo que o libro meréceo.

Mario
Brétemas
Zerovacas
Ghanito



Tan preguiceira que non se me da por recomendar as músicas do moucho branco do seu Nin sequera a choiva nin dicir que a Longa noite de pedra me pon a pel de galiña e que Na noite é un dos meus temas favoritos.

O moucho
Arredemo-Nin sequera a choiva



Tan preguiceira que non se me da por contar que me perdín camiño a Valga e fun dar a Rianxo para despois chorar o despiste no hombreiro que máis me presta nin dicir que o pasei xenial con toda a xente que alí estaba.

Sugarkane
Kate
Zerovacas
Moderno de merda
Retropower



Tan pregiceira que non se me da por dicir que hoxe imos á presentacion de As Crónicas de Gáidil nin que lle tiña moitas ganas a este xogo de rol que por fin veremos nas mans.

O Breogán
As Crónicas de Gáidil



Tan preguiceira que sigo facendo que non fago nada anque si o estou facendo, pero por algo estou de vacacións.



Tan preguiceira...

10 comentários:

Anónimo disse...

Se preguiceira foste sempre... e bem que fas :-P

A pirámide disse...

Vaia ho! Outra vez estivemos cerca, Aínda que fose por un despiste.

Ana Bande disse...

Pois se así estás preguiceira non quero pensar cando te poñas a traballar. ¡apertas!

moucho branco disse...

pero se non das a basto!, estes artistas do blogomillo, que nos teñen de aquí para alá nas vacacións... titiriteiros, :P

(me conformo con que só a metade da valoración do CD sexa por pena, e me alegro un mundo de que te gustara... moitísimas gracias!... xa te debo outra consumición, :D)

Anónimo disse...

o que ti queiras

Anónimo disse...

Besbe foi un gran pracer verte alí a todos!!!! Agardo que poidamos vernos outro día con máis calma e tomar unhas cervexas de marcha!!!

Moitos bicos!!!!!

Anónimo disse...

Creo que o top 1 de preguiza téñoo eu. :-D

paideleo disse...

Pois a ver se te despreguizas un pouco.
Vaia repaso polo blogomillo !!!.

Anónimo disse...

O que dí moucho branco de "artistas do blogomillo"...está ben tirado. Tí es unha das maiores "artistas", polo orixinal e ás veces extraño das presentacións, as saídas frecuentes (de día e de noite), esas crónicas orixináis, tanto e tanto concerto...Mentres non chegues a Diva do Blogomillo...
Saúdos, que xa estou "operativo" de volta á capital da iberia (esto último sen matices políticos).

torredebabel disse...

pois teño sorte de que o meu xefe non mergulle polo blogomillo que, senon, pedíanos a todos que foramos perguiceiros coma ti e estabamos listos!!! Concordo co Anxo anterior agas no da Diva do Blogomillo ;-)