8/16/2007

Vacuna contra a Esclerose Múltiple

Vexo un chío de tximbalee que me fai sorrir (e de paso correxir aos do diario montañés, porque Stephen Hawking ten esclerose, pero non esclerose múltiple, se non esclerose lateral amiotrófica)

Exitosa proba de vacuna contra a esclerose múltiple.

Parece que funciona e ogallá as seguintes probas sigan dando resultados igual de bos porque sei de moita xente que se aledaría de que por fin na esclerose múltiple houbese esperanza.

3 comentários:

TXARI disse...

algho bo hâ de sair de todo isso!

O Breogán de Gáidil disse...

Carallo, estes son o tipo de cousas que fan que mellore o noso mundo. Agora o rollo é saber se, cando se comercialice, o poderá usar todo o mundo e non só os catro privilexiados nacidos en territorio "occidentalizado".
Bicos.

Anónimo disse...

De todas as enfermidades que tiven que roer, entre amigos e familiares, a ELA é o máis terrorífico que coñezo. Un algo que mata o teu corpo con rapidez e deixa o teu cerebro intacto é moi duro de asimilar para o paciente e para os familiares.
Sería unha boa nova que atopasen pronto unha solución para curar ou cando menos para mellorar a calidade de vida destes afectados.